Novas de A Peroxa
A provincia de Ourense conta con 12 novos tractores para reforzar a prevención de incendios
O novo material destínase a Carballeda de Avia, Allariz, Padrenda, Chandrexa de Queixa, Vilar de Santos, A Pobra de Trives, O Carballiño, Vilardevós, Carballeda de Valdeorras, Verín e Xunqueira de Ambía, ademais da mancomunidade Santa Águeda
A Deputación de Ourense recuperará en outubro a Mostra dos Viños da Ribeira Sacra
A celebración terá lugar a fin de semana do 24 de outubro, coincidindo co final da vendima, como homenaxe ao traballo de viticultores e adegueiros, e a comisión organizadora xa traballa no programa
A Xunta supervisa as obras dunha nova praza na Pousada, no concello da Peroxa
A actuación conta cun investimento de 35.000 euros ao abeiro da orde de axudas correspondente ao ano 2025 destinada á creación e mellora de infraestruturas e equipamentos municipais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O Concello da Peroxa repartirá mañá trampas para velutinas entre a veciñanza
As persoas interesadas deberán levar as trampas de anos anteriores
Aberto o prazo para anotarse no Programa Concilia Semana Santa da Peroxa
As actividades desenvolveranse os dás 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril e están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos
A Peroxa celebra o éxito da xornada organizada pola Asociación de Mulleres O Rial para conmemorar o 8M
Coa representación “Mulleres de aquí e de alí”, a asociación rendeu homenaxe ás mulleres nunha sesión de teatro, humor e convivencia veciñal
A Asociación de Mulleres O Rial presenta “Mulleres de aquí e de alí” na Peroxa
A función será este domingo con motivo do 8M
O CIM Mancomunidade Santa Águeda organizará charlas gratuítas sobre aforro enerxético
A iniciativa levarase a cabo nos catro municipios que integran a mancomunidade: A Peroxa, Amoeiro, Coles e Vilamarín
O Senado insta ao Goberno a acometer unha rehabilitación integral e urxente da N-120 en Lugo
Os senadores do PP de Lugo lograron sacar adiante unha medida para solicitar o arranxo da vía ao seu paso pola provincia de Lugo e o cumprimento do compromiso de executar o terceiro carril entre Os Peares e Ourense
Sumar Galicia reclama actuacións urxentes nas estradas de titularidade estatal ao seu paso pola provincia de Ourense
Denuncian o mal estado de varios tramos das estradas N-120, A-75, A-52, N-541 e N-536 e piden ao Ministerio de Transportes acometer con carácter inmediato os traballos necesarios nestas vías, así como a acelerar as obras da A-76
A provincia de Ourense mantén a alerta polas crecidas dos ríos
Pídese á cidadanía extremar as precaucións especialmente polas incidencias na rede viaria e faise un chamamento a evitar achegarse ás marxes fluviais
31 concellos ourensáns beneficiáronse da última convocatoria do plan de axudas para a mellora das infraestruturas turísticas da Xunta
O programa, destinado a concellos de menos de 10.000 habitantes, deixou preto de 10.000 habitantes en Ourense
A Xunta destina 1,5 millóns á segunda fase de axudas para a conservación paisaxística da Ribeira Sacra
A convocatoria anterior permitiu recoñecer o labor de 794 viticultores a través dun orzamento de algo máis de 1,3 millóns de euros
A Xunta reforza coa Peroxa a colaboración para mellorar o emprego e captar talento vencellado ao rural
O conselleiro José González avanzou unha nova liña de 1,5 millóns de euros para rehabilitar vivendas destinada a persoas contratadas ao abeiro do plan de atracción de talento e puxo o foco na orde Galicia Suma Talento: Rural Activo, con preto de 20 millóns de euros en 2026
A Peroxa abrirá a tempada 2026 da Liga Galega da Moto de Campo cun enduro o 8 de febreiro
A proba, integrada no Trofeo Café Candelas, chega ‘un ano máis’ ao municipio e xa ten abertas as inscricións
A Peroxa acollerá un obradoiro para aprender a realizar un pandeiro a cargo de Xosé Maceda
Será o 11 de xaneiro no Centro Sociocultural de Celaguantes
A ANPA do CEIP Roberto Blanco Torres devolve as participacións da Lotería do Neno por un erro administrativo no número
As participacións vendidas pola asociación quedaron anuladas e o reintegro farase o luns, de 16.00 a 19.00 h, na Casa do Agro
O Local do Consorcio dos Peares acollerá unha festa de Fin de Ano
Haberá música e baile dende as 00:45 horas até a madrugada
O PSOE da Peroxa denuncia a ausencia de médico no centro de saúde dos Peares
Advierten de que o centro queda sen facultativo ata o 7 de xaneiro e piden ao Concello que tome medidas para evitar esta situación
A Peroxa acolle un curso sobre coñecemento básico do ordenador para nenos de 4 a 16 anos
A actividade, titulada ‘Exploradores Dixitais, terá lugar os días 29, 30 e 31 de decembro
A Deputación de Ourense aproba axudas por case 136.000 euros para proxectos municipais
Entre as partidas aprobadas destaca unha axuda de 25.000 euros ao Concello de Esgos para a compra dun solar na Praza Maior e outra de 60.000 euros para realizar melloras no campo de fútbol da Carabina, en Pereiro de Aguiar
A Peroxa organiza este venres unha xornada de xogos populares
Será no Polideportivo a partir das 16:00 horas
A Deputación impulsa a mellora das infraestruturas deportivas da provincia
A institución provincial destina esta semana destina esta semana 42.000 euros a apoiar entidades culturais e deportivas e 610.200 euros á cooperación con concellos
A Deputación de Ourense mobiliza 135.674 euros en axudas para emprego, infraestruturas e cultura
Os benefiarios serán os concellos de Boborás, Taboadela, A Peroxa e Vilar de Barrio




