Novas de A Peroxa
O Concello da Peroxa repartirá mañá trampas para velutinas entre a veciñanza
As persoas interesadas deberán levar as trampas de anos anteriores
A Ribeira Sara ourensá terá a súa primeira Feira do Viño
O presidente da Deputación de Ourense mantivo este martes un encontro con representantes institucionais dos municipios que conforman a Ribeira Sacra para comezar a traballar nesta proposta
O foro da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel suma novas incorporacións
As novas entidades que pasan a formar parte deste foro son unha comunidade de montes, a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Fundación Uxío Novoneyra
Rematan os traballos de mellora paisaxística na contorna do Castelo da Peroxa
As intervencións realizadas consistiron na mellora da paisaxe agraria e na conservación de alados e sebes
A Peroxa celebra o éxito da xornada organizada pola Asociación de Mulleres O Rial para conmemorar o 8M
Coa representación “Mulleres de aquí e de alí”, a asociación rendeu homenaxe ás mulleres nunha sesión de teatro, humor e convivencia veciñal
O Senado insta ao Goberno a acometer unha rehabilitación integral e urxente da N-120 en Lugo
Os senadores do PP de Lugo lograron sacar adiante unha medida para solicitar o arranxo da vía ao seu paso pola provincia de Lugo e o cumprimento do compromiso de executar o terceiro carril entre Os Peares e Ourense
A Peroxa repartirá este martes 1.375 euros en premios no Desfile de Disfraces e Comparsas do Entroido
O desfile partirá ás 17:30 horas da Praza do Concello e percorrerá as rúas da vila
A provincia de Ourense mantén a alerta polas crecidas dos ríos
Pídese á cidadanía extremar as precaucións especialmente polas incidencias na rede viaria e faise un chamamento a evitar achegarse ás marxes fluviais
Comezan as clases de pilates e ximnasia de mantemento na Peroxa
As sesións terán os martes e xoves no baixo do Consorcio dos Peares e no polideportivo da Peroxa
Alerta en varios ríos da provincia de Ourense polo risco de desbordamentos
Ourense, Os Peares, Baños de Molgas e San Cibrao das Viñas son algúns dos municipios en alerta polo risco de inundacións
A Xunta destina 1,5 millóns á segunda fase de axudas para a conservación paisaxística da Ribeira Sacra
A convocatoria anterior permitiu recoñecer o labor de 794 viticultores a través dun orzamento de algo máis de 1,3 millóns de euros
A Peroxa acollerá un obradoiro para aprender a realizar un pandeiro a cargo de Xosé Maceda
Será o 11 de xaneiro no Centro Sociocultural de Celaguantes
A ANPA do CEIP Roberto Blanco Torres devolve as participacións da Lotería do Neno por un erro administrativo no número
As participacións vendidas pola asociación quedaron anuladas e o reintegro farase o luns, de 16.00 a 19.00 h, na Casa do Agro
A Deputación de Ourense suma 87 concellos ao censo provincial de amianto e avanza na planificación da retirada
O programa 2025-2027 xa permitiu analizar preto de 49.000 edificacións e inclúe un visor web con mapa interactivo para avaliar riscos e priorizar actuacións
Peroxaland chega o 4 de xaneiro con xogos e inchables para os máis pequenos
A Peroxa organiza unha xornada chea de diversión e sorpresas que contará ademais coa visita dos Reis Magos
O PP urxe ao Goberno a iniciar o desdobramento de carrís entre Os Peares e Ourense
Critican que o proxecto de mellora desta vía de conexión clave entre Ourense e o sur de Lugo “acumula unha parálise de case 3 anos” e reclaman a rehabilitación integral do pavimento, a mellora da sinalización viaria e do trazado nos tramos lucenses
A Peroxa acolle un curso sobre coñecemento básico do ordenador para nenos de 4 a 16 anos
A actividade, titulada ‘Exploradores Dixitais, terá lugar os días 29, 30 e 31 de decembro
Eventos
OcioenGalicia
Xan Campos con su nuevo disco 'Amorodios' en Cangas
OcioenGalicia
3ª edición del ciclo de monólogos de Ames
OcioenGalicia
Concierto del Coro 3x4 de Binissalem en A Coruña
OcioenGalicia
Concierto de Familia Caamagno en Vigo
OcioenGalicia
Corufest 2026
A Deputación de Ourense aproba axudas por case 136.000 euros para proxectos municipais
Entre as partidas aprobadas destaca unha axuda de 25.000 euros ao Concello de Esgos para a compra dun solar na Praza Maior e outra de 60.000 euros para realizar melloras no campo de fútbol da Carabina, en Pereiro de Aguiar
A Peroxa súmase ao programa da Xunta para construír 7 vivendas protexidas en solo municipal
O plan contempla a posta a disposición de dúas parcelas contiguas situadas no núcleo urbano da Peroxa para a construción de vivendas unifamiliares, principalmente en réxime de pareado
A Deputación de Ourense mobiliza 135.674 euros en axudas para emprego, infraestruturas e cultura
Os benefiarios serán os concellos de Boborás, Taboadela, A Peroxa e Vilar de Barrio
A Deputación de Ourense leva a cabo a renovación de máis de 46.000 contadores de auga na provincia
Na actualidade, xa se traballou en 60 concellos e a previsión é acadar os 74 a final de ano, culminando a instalación dos máis de 65.000 contadores no primeiro trimestre de 2026
Vilarrubín celebra este martes o seu San Martiño
A cita contará cunha sesión vermú, verbena coa orquestra Los Satélites e un Magosto popular
Temes e Celaguantes acollen unha xornada veciñal sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
Ambas parroquias celebrarán este domingo unha xornada que marcará o punto de partida para estreitar a relación entre técnicos e veciños, dando inicio á segunda fase do proceso participativo sobre a candidatura
Manuel Seoane, José Antonio Pérez e José Luis Gavilanes, recoñecidos entre os primeiros alcaldes da democracia
A FEMP rendeu homenaxe aos primeiros alcaldes e alcaldesas da democracia, entre os que se atopan os rexedores de A Peroxa, Quintela de Leirado e Xunqueira de Ambía




