Novas de Barbadás
Barbadás conmemora o 8M con actividades culturais, deportivas e educativas
O programa estenderase durante os meses de marzo e abril con obradoiros, charlas, teatro, actos institucionais e a terceira edición da Carreira pola Igualdade
O artista Dafer Planet realizará unha exhibición de graffiti en vivo na Casa da Mocidade de Barbadás
A proposta, que permitirá ao público asistir en directo á creación dunha obra urbana, desenvolverase entre este mércores e o sábado
Barbadás destinará preto de 120.000 euros para impulsar actividades educativas, culturais e deportivas
A medida foi aprobada no pleno cos votos a favor do grupo de goberno, Partido Galego e PSdeG-PSOE, a abstención do BNG e os votos en contra do PP
O alumnado do CEIP O Ruxidoiro participou nun obradoiro sobre reciclaxe
Durante a actividade, promovida polo Concello de Barbadás, a mocidade do centro educativo aprendeu sobre separación de residuos
O BNG de Barbadás reclama medidas fronte aos incendios recorrentes no núcleo do Regueiro
Sinalan que, desde 2020, este núcleo leva sufridos sete grandes incendios provocados
Barbadás celebra este xoves a Noite de Rosalía cun obradoiro de poesía infantil
Está destinado a nenos e nenas de 7 a 12 anos e haberá que anotarse na Biblioteca
Abren as inscricións para o Campamento Multideporte e o Campus UD Barbadás de Semana Santa
O Campamento Multideporte está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos, mentres que o Campus UD está pensado para mozos e mozas de 5 a 15 anos
O Concello de Barbadás reclama melloras na rede eléctrica para reducir os cortes de subministración
Nos últimos días rexistráronse problemas nunha liña de media tensión que afecta a ambos municipios
Abertas as inscricións para a III Carreira pola Igualdade de Barbadás
A proba terá lugar o 15 de marzo
A Festa Infantil de Entroido de Barbadás reuniu a centos de nenos e nenas
Este ano, o evento tivo que trasladarse ao patio do CEIP Filomena Dato debido á previsión de choiva
O alumnado da Escola de Música Municipal de Barbadás ofrecerá un concerto no Liceo de Ourense
Será o vindeiro domingo, 22 de febreiro
Barbadás celebra este xoves a Regueifa de Comadres coa participación do alumnado de 4º de Primaria
Os nenos e nenas do CEIP O Ruxidoiro e do CEIP Filomena Dato participarán nas tradicionais batallas, que este ano terán que celebrarse nos patios dos propios centros educativos por mor da chuvia
A Cavernícola Race de Barbadás supera xa as 200 inscricións na súa sétima edición
A proba, que se celebrará o 9 de maio, forma parte da recén creada Aurum Terrae – Liga OCR Deputación de Ourense
Barbadás organiza un curso de manipulación de alimentos
Será o próximo 27 de febreiro e será necesario inscribirse previamente
A Asociación Comisión de Festas San Bernabé A Valenzá será a encargada de organizar as Festas da Valenzá 2026
A comisión foi elixida entre as tres pospostas recibidas neste novidoso proceso de selección iniciado en xaneiro
Barbadás continúa coa súa campaña para promover a compostaxe entre a cidadanía
O Concello organiza novas entregas de composteiros e sesións formativas
Medio cento de escolares de Barbadás participaron na celebración do Xoves de Compadres
Alumnos de 3º de Primaria dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro participaron nas clásicas regueifas que continuarán o Xoves de Comadres cos nenos e nenas de 4º curso de ambos centros
Barbadás celebra este sábado a cuarta edición das Mascaradas Ancestrais
Este ano a xornada estará dedicada aos Follateiros de Lobios
Barbadás reforzará a seguridade no municipio e aumentará o cadro de persoal policial
Desde o goberno municipal explican que xa traballan na incorporación de dous novos axentes
Barbadás solicita á Xunta que reconsidere a cancelación do obradoiro dual do CET
O obradoiro, liderado por Barbadás e no que tamén participan os concellos de Toén e Taboadela, foi rexeitado a pasada semana tras constatarse que o Concello de Taboadela non presentou en prazo a documentación requirida.




