Novas de Barbadás
A sétima edición da Cavernícola Race de Barbadás bate récord de inscricións con máis de 500 participantes
A competición, que combina forza, velocidade e resistencia nun entorno natural, forma parte da Liga nacional AOCO, da Liga Norte de España e da Aurum Terrae de Ourense
O ciclo cultural ‘Noites Bárbaras’ porá fin este venres coa actuación da compañía belga OkiDok
Os personaxes Pierrot e Marcel combinarán acrobacia, mimo, humor e danza nunha proposta recoñecida internacionalmente, con premios como o acadado no Clown Festival de Milán e máis de 500 representacións en distintos países
Luis Menor sitúa o Gran Camiño como “o mellor escaparate para amosar ao mundo as potencialidades da nosa provincia”
O presidente provincial destacou tamén a proxección internacional da proba que hoxe percorre 145,7 km entre Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo
O Gran Camiño pasa este venres pola provincia de Ourense cunha etapa entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo
A Etapa Raíña percorrerá ao longo da xornada concellos como Allariz, Celanova, Barbadás, Ourense, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil
Máis dun cento de músicos participarán no XI Festival Solidario de Barbadás
Nesta edición, o festival estará dedicado á asociación Morea, entidade que traballa con persoas con trastorno mental grave e coas súas familias
O BNG de Barbadás pide crear aparcamentos disuasorios na Valenzá e nos núcleos rurais da contorna
Os nacionalistas consideran necesario tomar medidas ante o crecemento urbanístico e o aumento de poboación experimentado no concello nos últimos anos
Barbadás ofrece un curso de operador de carretilla elevadora para persoas desempregadas
A acción formativa desenvolverase entre os días 27 e 30 de abril
A VII edición da Cavernícola Race de Barbadás roza o cartel de aforo completo
A proba celébrase o vindeiro 9 de maio e formará parte da nova Aurum Terrae – Liga OCR
As socialistas de Barbadás piden reforzar a perspectiva de xénero nas políticas de saúde pública
Piden ao Concello instar á Xunta de Galicia a adoptar medidas neste sentido e o reforzo das accións de información e sensibilización e actividades de educación para a saúde dende o Goberno municipal
O Tai-Jitsu Ourense e o Ximnasio Estudio A Valenzá representaron a Ourense nun congreso nacional da Federación Española de Karate
O encontro reuniu preto dun cento de asistentes procedentes de distintos puntos de España
Centros de Ourense, Barbadás e Celanova participan durante este mes no proxecto “Plantando árbores con pinceis”
A iniciativa pasará polo CEIP Curros Enríquez de Ourense, o CEIP O Ruxidoiro da Valenzá, en Barbadás, e o CEIP Curros Enríquez de Celanova
Barbadás ofertará 240 prazas por quincena nos campamentos de verán
O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto até o 10 de abril
Crece a tensión entre Barbadás e Taboadela pola perda do obradoiro de emprego
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, responde ás declaracións do socialista Álvaro Vila e insiste en que a perda do obradoiro foi motivada por un retraso na presentación da Conta Xeral de Taboadela
Álvaro Vila acusa ao alcalde de Barbadás de “neglixencia política e bloqueo administrativo”
Crece a tensión entre ambos mandatarios tras a cancelación do obradoiro de emprego que se desenvolvía de forma conxunta e que afecta tamén ao Concello de Toén
A Comisión do Transporte Metropolitano impulsará un proxecto piloto nos concellos limítrofes de Ourense
O acordo permitirá definir o número de liñas, as paradas, as frecuencias, a afección que tería nas liñas de transporte interurbano, así como os custes asociados
Barbadás celebra o Día do Cómic cun obradoiro na Biblioteca
Será este mércores, 18 de marzo, e estará dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos
400 persoas percorreron as rúas da Valenzá na III Carreira pola Igualdade de Barbadás
A cita deportiva logrou este ano bater o seu récord de participación
A celebración da Carreira pola Igualdade provocará numerosas restricións de tráfico este domingo en Barbadás
O tráfico rodado pecharase a partir das 10:45 en preto dunha decena de rúas, como a Avenida de Celanova ou Paseo dos Amieiros
A III Carreira pola Igualdade de Barbadás reunirá a máis de 300 persoas
Será este domingo polas rúas da Valenzá, cun percorrido inclusivo
Victoria Morenza, elixida secretaria xeral da nova Executiva Local do PSdeG-PSOE de Barbadás
A nova executiva comeza esta etapa coa mirada posta nas eleccións de 2027, marcándose como meta “recuperar a alcaldía de Barbadás e impulsar un proxecto socialista centrado no progreso do municipio”
Barbadás revive as “Noites Bárbaras” cunha aposta pola cultura e o comercio local
A programación combina música, humor e gastronomía nun ciclo aberto á participación cidadá
Barbadás lanza unha campaña para fomentar o comercio local a través da música
As familias que merquen no comercio local poderán asistir de balde ao “Conssertasso na horta” de Brais das Hortas
A Praza Vella da Valenzá pasa a chamarse Praza Alfonso Rodríguez Castelao
Tamén cambia de nome a rúa Milladoiro, que pasa a denominarse rúa Milladoiro das Lamas
O artista Dafer Planet realizará unha exhibición de graffiti en vivo na Casa da Mocidade de Barbadás
A proposta, que permitirá ao público asistir en directo á creación dunha obra urbana, desenvolverase entre este mércores e o sábado




