Novas de Barbadás
Barbadás abre a convocatoria de axudas de ata 1.000 euros para quen montase o seu negocio
O Concello destina 20.000 euros a subvencionar a posta en marcha de negocios dados de alta entre abril de 2024 e decembro de 2025, cun prazo de dez días hábiles para solicitalas
Barbadás cortará o tráfico o domingo pola celebración da carreira popular
A circulación quedará interrompida durante parte da mañá do domingo e irase restablecendo de forma progresiva a medida que remate a proba
Barbadás volve revisar o servizo de transporte urbano tras queixas de usuarios por suposta saturación
Unha nova comprobación dos datos de outubro sinala que a ocupación dos autobuses se mantivo, en xeral, por debaixo dos niveis indicados como problemáticos polos usuarios
O PSOE de Barbadás logra o respaldo do pleno ás súas propostas contra a violencia machista e pola educación infantil
O pleno municipal deu luz verde a dúas iniciativas: unha, aprobada por unanimidade, para reforzar os recursos contra a violencia de xénero; outra, co apoio de case todos os grupos, para dignificar o traballo do persoal das escolas infantís de 0 a 3 anos
Barbadás ten aberta a convocatoria de axudas ás súas asociacións veciñais con 16.000 euros para 2026
O Concello destina ata 2.000 euros por entidade para impulsar actividades culturais, sociais, deportivas e formativas organizadas polos colectivos veciñais do municipio
Veciños de Barbadás visitan o Complexo Medioambiental de Sogama para coñecer de preto a reciclaxe
Unha xornada formativa permitiu ao grupo comprobar, mediante unha ruta mixta virtual e presencial, que ocorre co que depositan cada día no caldeiro amarelo e no resto do lixo
Cortes de tráfico e cambios no transporte público en Barbadás polo Rallymix
A celebración da proba obriga a pechar unha estrada á altura das Escorregas e a modificar varias paradas da rede de transporte metropolitano durante tres días
A campaña 'Merca no teu comercio' reparte os seus premios entre a clientela de Barbadás
Vinte tarxetas regalo de 50 euros repartíronse entre os participantes desta localidade ourensá, dentro dunha iniciativa que xa chegou a máis de cincuenta asociacións de comerciantes
BNG e PSdeG cuestionan o regreso de Democracia Ourensana ao goberno de Barbadás e acusan a Valcárcel de someterse "aos intereses de Jácome"
Mónica Valencia e Victoria Morenza critican o novo apoio de DO ao alcalde Xosé Carlos Valcárcel e consideran que o acordo responde a intereses políticos e de continuidade no poder
Javier Rodríguez Rajo será o candidato do PP á alcaldía de Barbadás nas municipais de 2027
O novo presidente da xestora local e anterior vicerreitor do Campus de Ourense sitúa entre as súas prioridades mellorar as infraestruturas, atender as necesidades de maiores e mozos e reactivar o comercio
Avanza na fase final a ampliación do polideportivo municipal de Barbadás coa colocación de muros e cúpula
Os traballos avanzan no novo espazo, situado sobre a antiga cuberta do edificio, que incluirá sala de actividades, sala de musculación e vestiarios
Barbadás retira escombros e mobles abandonados en Chelo tras detectar vertidos ilegais
O Concello lembra que depositar enseres sen avisar previamente conleva sanción económica e explica o procedemento correcto para a recollida de mobles e trastos
O BNG de Barbadás denuncia unha nova crise de goberno e reclama estabilidade para o Concello
A formación nacionalista advirte de que os meses previos ás municipais de 2027 poden deixar paralizado ao Concello e reclama que sexa a cidadanía quen decida o futuro político do municipio
As socialistas de Barbadás piden un plan para conservar as instalacións deportivas
As concelleiras socialistas reclaman máis recursos para o mantemento, a renovación de material deteriorado e a execución das actuacións previstas para 2026
O PSdeG de Barbadás buscará alternativas para garantir a gobernabilidade no municipio
As cinco concelleiras socialistas explorarán co resto de grupos vías para garantir o funcionamento do Concello tras a saída de Democracia Ourensana do executivo
Democracia Ourensana abandona o goberno local de Barbadás a oito meses das eleccións
A formación xustifica a súa decisión na falta de coherencia entre o apoio que presta no Concello e a relación política que se mantén na Deputación de Ourense
Barbadás estrea un mural colectivo dedicado a Clara Campoamor no Parque dos Patos
A iniciativa enmárcase nun programa municipal de apoio a mulleres en situación de vulnerabilidade e contou coa participación de usuarias dun centro ocupacional do municipio
Eventos
A Peroxa e Barbadás protagonizan as primeiras rutas do programa ‘Mergúllate na Comarca de Ourense’ promovido por Adercou
As actividades combinaron sendeirismo, patrimonio, visitas culturais e degustación de produtos locais a través de dous percorridos pola comarca
Barbadás organiza unha xornada gratuíta para descubrir o seu patrimonio natural, cultural e gastronómico
O municipio ourensán convida este domingo a veciños e visitantes a percorrer as súas paraxes naturais, degustar produtos locais e coñecer un museo dedicado a un instrumento tradicional galego
Barbadás pon en marcha un novo obradoiro de emprego dual en aproveitamentos forestais e atención sociosanitaria
A iniciativa formativa ofrecerá dous certificados profesionais de nivel 2 dirixidos a persoas desempregadas que cumpran unha serie de requisitos de acceso
O Programa Luz Pozo Garza en Barbadás pon o foco na discriminación que sofren as mulleres e nenas con discapacidade
O Centro Ocupacional e Residencial As Burgas acolleu un encontro formativo no que participaron usuarias, usuarios e traballadoras do centro
O pleno de Barbadás aproba por unanimidade instar ao goberno local a impulsar o transporte metropolitano
A moción, presentada pola formación nacionalista, reclama acelerar a posta en marcha dun servizo moi demandado pola veciñanza e que leva anos sen concretarse
Barbadás presenta o Plan de Obras 2026 cun investimento de 3,3 millóns de euros
As actuacións previstas buscan mellorar infraestruturas deportivas, viais, zonas verdes e parques infantís en practicamente todo o concello
O PSOE de Barbadás reclama un plan para recuperar os lavadoiros tradicionais do municipio e actuar de inmediato en tres deles
A proposta plantexa intervir con prioridade nos lavadoiros do Regueiro, o Moredo e As Laxes, ademais de poñer en marcha un programa de limpeza e mantemento periódico para todos estes espazos patrimoniais









