Novas de Barbadás
Barbadás acollerá o 3 de maio unha andaina solidaria a favor de ALCER Ourense
Será o vindeiro domingo 3 de maio e as inscricións permanecerán abertas ata o 29 de abril
Barbadás celebra o éxito do seu XI Festival Solidario que reuniu a máis dun centenar de músicos
Nesta edición, o festival estivo dedicado á asociación Morea, entidade que traballa con persoas con trastorno mental grave e coas súas familias
Convocado o XXIX Certame Literario de Piñor de Narracións Breves
O certame establece tres categorías segundo a idade dos participantes e as propostas poderán presentarse até o venres 29 de maio
Luis Menor sitúa o Gran Camiño como “o mellor escaparate para amosar ao mundo as potencialidades da nosa provincia”
O presidente provincial destacou tamén a proxección internacional da proba que hoxe percorre 145,7 km entre Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo
O Gran Camiño pasa este venres pola provincia de Ourense cunha etapa entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo
A Etapa Raíña percorrerá ao longo da xornada concellos como Allariz, Celanova, Barbadás, Ourense, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil
Barbadás prepara unha nova ordenanza de tráfico enfocada na mellora da circulación e da seguridade dos peóns
Centrarase nas zonas con maior intensidade de tráfico coa mellora do alumeado, e actuacións en materia de pacificación
Barbadás organiza un curso de visual merchandising para mellorar a presentación comercial das tendas
A formación desenvolverase entre o 4 de maio e o 15 de xuño e as inscricións xa están abertas
O PSdeG de Barbadás propón un plan de pacificación do tráfico para mellorar a seguridade viaria
As socialistas defenderán no pleno un plan de mobilidade centrado especialmente na seguridade dos desprazamentos entre os colectivos máis vulnerables e en liña cos obxectivos da Axenda 2030
Barbadás mellora o parque infantil do Campo de Roma coa instalación de velas protectoras
Os traballos contaron cun investimento de preto de 18.000 euros e permitirán usar o parque independientemente das inclemencias meteorolóxicas
As socialistas de Barbadás piden reforzar a perspectiva de xénero nas políticas de saúde pública
Piden ao Concello instar á Xunta de Galicia a adoptar medidas neste sentido e o reforzo das accións de información e sensibilización e actividades de educación para a saúde dende o Goberno municipal
Preto dun cento de mozos de Barbadás participaron nas actividades de conciliación da Semana Santa
O Campus Multideporte, o Campus UD Barbadás e o Barbadás Gamig acadaron un ano máis un gran éxito de participación entre a rapazada do municipio
Brais Das Hortas chega a Barbadás co seu “Conssertasso na horta”
Será este sábado ás 17:30 horas no Museo da Gaita de Fole
Barbadás ofertará 240 prazas por quincena nos campamentos de verán
O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto até o 10 de abril
Crece a tensión entre Barbadás e Taboadela pola perda do obradoiro de emprego
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, responde ás declaracións do socialista Álvaro Vila e insiste en que a perda do obradoiro foi motivada por un retraso na presentación da Conta Xeral de Taboadela
Barbadás acolle o vindeiro sábado un obradoiro de autodefensa dirixido a mulleres
As inscricións poderán realizarse até este xoves, 26 de marzo
O Barbadás Gaming regresa durante a Semana Santa
Durante tres xornadas, entre o 31 de marzo e o 1 de abril, a Casa da Mocidade acollerá diferentes actividades relacionadas cos videoxogos
Barbadás celebra o Día do Cómic cun obradoiro na Biblioteca
Será este mércores, 18 de marzo, e estará dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos
Barbadás organiza un obradoiro de autodefensa dirixido a mulleres
Será o sábado 28 de marzo na Casa da Mocidade
Pablo Meixe abre este venres o ciclo cultural “Noites Bárbaras” de Barbadás
O ciclo continuará o 27 de marzo co concerto do grupo ourensán Sonoro Maxín
Barbadás traballa nas labores de reparación da rede de telecomunicacións
As labores inciadas buscan poñer fin ás incidencias recorrentes detectadas nos últimos meses
A defensa da igualdade centra en Barbadás a conmemoración institucional do 8M
O acto celebrado xunto á Glorieta da Familia puxo o foco na igualdade de oportunidades, no labor do CIM e na necesidade de rematar coa discriminación de xénero
Barbadás revive as “Noites Bárbaras” cunha aposta pola cultura e o comercio local
A programación combina música, humor e gastronomía nun ciclo aberto á participación cidadá
Barbadás conmemora o 8M con actividades culturais, deportivas e educativas
O programa estenderase durante os meses de marzo e abril con obradoiros, charlas, teatro, actos institucionais e a terceira edición da Carreira pola Igualdade
A Praza Vella da Valenzá pasa a chamarse Praza Alfonso Rodríguez Castelao
Tamén cambia de nome a rúa Milladoiro, que pasa a denominarse rúa Milladoiro das Lamas



