Expourense acollerá un obradoiro gratuíto para reconectar co benestar a través do movemento e a respiración

Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, organizou unha actividade gratuíta dirixida a quen queira dedicar un momento ao seu benestar persoal. Trátase dunha experiencia práctica titulada 'Solta, respira e libera as costas', concibida como un espazo para traballar o corpo e a mente a través do movemento e a respiración consciente.
A cita terá lugar nas instalacións de Expourense o venres 25 de setembro, en horario de 17.00 a 18.00 horas.
Para participar na sesión recoméndase acudir con roupa cómoda que facilite a mobilidade. O equipo de profesionais encargado de dinamizar o obradoiro porá á disposición dos participantes o material necesario, entre eles esteiras, cintos e bloques, co fin de adaptar a práctica ás necesidades de cada persoa. Así mesmo, quen non dispoña de calcetíns para realizar a actividade poderá recibilos no propio evento.
As persoas interesadas en reservar a súa praza poden facelo escribindo ao correo comercial2@expourense.org. Máis información sobre a feira está dispoñible en www.termatalia.com.