Novas de Ramirás
Os socialistas esixen medidas ante a expansión do chancro nos castiñeiros da provincia de Ourense
Alertan de que a situación está provocando “perdas severas” na produción de castaña e nas rendas das familias da montaña do rural
O Programa Exeria promovido polos concellos de Barbadás, Trives e Ramirás, continúa esta semana con obradoiros de Benestar
Este luns, 7 de xullo, a Escola Vella de Loiro acollerá unha actividade centrada no benestar físico e mental das mulleres
Abre o prazo para solicitar as axudas a entidades sen ánimo de lucro na provincia de Ourense
As subvencións están destinadas a aquelas organizacións que leven a cabo proxectos de carácter social
Barbadás, A Pobra de Trives e Ramirás colaboran nun programa de asesoramento a mulleres en situación de vulnerabilidade
A iniciativa dará comezo este xoves cunha charla feminista na Casa da Cultura de Barbadás.
COGAMI e a Mancomunidade Terra de Celanova reforzan a atención ás persoas con discapacidade
Ambos organismos mantiveron unha xuntanza para abordar a situación actual das persoas con discapacidade da comarca
A Asociación Ourensividad presenta un estudo pioneiro sobre a lonxevidade na provincia
Titulado “Ourense clave para a lonxevidade. O fenómeno dos centenarios”, aborda as claves que contribúen á lonxevidade na rexión a partir dunha serie de entrevistas exhaustivas a centenarios da provincia
A Deputación destinará 100.0000 euros para a loita contra incendios en doce concellos da provincia
Sandiás, Cenlle, Montederramo, Vilamarín, Lobios, Beariz, Ribadavia, Os Blancos, O Barco de Valdeorras, Laza e as Mancomunidades de Terras de Celanova e Verín son as entidades locais e supramunicipais beneficiarias destas achegas
As mancomunidades de Terras de Celanova, Verín, O Carballiño e O Ribeiro verán reforzados os servizos de prevención de incendios
O Consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio de máis dun millón de euros que contempla a entrega de catro máquinas hidrostáticas destinadas á prevención e á extinción de incendios forestais
Eladio Santos destaca a aposta do executivo central coa modernización do Rexistro Civil na provincia de Ourense
O BOE publicou hoxe a entrada efectiva da aplicación informática DICIREG nas oficinas do Rexistro Civil dos partidos xudiciais de Celanova, Ribadavia e Xinzo de Limia
Mobilízanse máis de 600.000 euros para cooperación con concellos da provincia de Ourense
As axudas están destinadas á mellora de infraestruturas, servizos e obras
O SPIF e as mancomunidades de Celanova, O Ribeiro, Verín e o Carballiño reciben nova maquinaria de prevención de incendios
Trátase dun total de seis máquinas hidrostáticas polivalentes que teñen como obxectivo facilitar os traballos de roza e limpeza para prevenir lumes forestais
A Furgoteca regresará esta semana aos concellos de Quintela de Leirado e Ramirás
O luns, 24 de febreiro, percorrerá as parroquias e lugares de Ramirás, e o venres, 27 de febreiro, desprazarase a Quintela de Leirado
Xunta e Deputación anuncian un programa piloto para loitar contra o lume na provincia de Ourense
O plan prevé dotar ás mancomunidades de Verín, O Carballiño, Terras de Celanova e O Ribeiro con 16 brigadas para levar a cabo tanto tarefas de prevención e extinción de incendios
Os 92 concellos da provincia de Ourense adaptaranse ao novo sistema de padrón en tempo real do INE
A finalización dos traballos está prevista para o 30 de setembro, e contempla a adaptación de todos os padróns da provincia á nova normativa, aos sistemas do INE e do Catastro
A Furgoteca atendeu a 10.272 visitantes na provincia de Ourense dende a súa posta en funcionamento
A nova Furgoteca abrangue os concellos de Quintela de Leirado, Lobeira, Muíños, Padrenda, Porqueira, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus e Verea
A Asociación Cultural Rebulir entrega máis de 300 quilos de alimentos ao Banco de Alimentos de Ourense
O Festival Internacional Rebulir destinou os cartos recadados coas entradas para a Gala Central para a adquisición destes produtos
A Furgoteca bota a andar pola provincia de Ourense
Percorrerá os concellos de Lobeira, Muíños, Padrenda, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus e Verea
O Festival Internacional Rebulir entregou os Premios da Cultura Galega 2024
A Gala Central do FIR 2024 acolleu a entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega, que galardoou aTreixadura, Isabel Risco e a Asociación de gaiteiros e gaiteiras galegos
O Festival Internacional Rebulir presenta a súa décimo novena edición dedicada á muller rural
Trátase da edición máis longa e con máis agrupacións participantes
Alexandre Sotelino: “Queremos poñer en valor o rural como un lugar onde tamén se poden organizar eventos”
Alexandre Sotelino Losada, director artístico do Festival Internacional Rebulir 2024, explica como evolucionou esta importante cita coa cultura e a tradición que regresa a Ramirás entre o 19 e o 22 de decembro
A Deputación de Ourense colabora cun total de 46 agrupacións de Protección Civil da provincia
Destináronse preto de 70.000 euros aos grupos de voluntarios de concellos como Pereiro de Aguiar, Cartelle, Manzaneda, Celanova e A Pobra de Trives, entre outros
O XIX Festival Internacional Rebulir regresa a Ramirás
Terá lugar do 19 ao 22 de decembro e contará tamén con actividades nos concellos de Ourense e Celanova
A orde de equipamento para protección civil da Xunta beneficia a preto de 30 concellos ourensáns
No conxunto da provincia de Ourense benefícianse 29 entidades, que recibirán material que representa un investimento superior aos 163.000 euros
A Mancomunidade de Terra de Celanova avanza cara unha xestión máis sostible dos residuos
O ente supramunicipal recibiu esta semana un total de 200 composteiros, con capacidade para 400 litros, por parte de Sogama



