OurenseXa
Ourense adica o seu '8M, mes a mes' de xuño ás mulleres emprendedoras de xeito inclusivo no rural
A campaña da Deputación “8M, mes a mes”, dalle o protagonismo a Lorena Quintas Rejo, emprendedora con discapacidade no rural que creou a súa propia empresa, Xogo de fíos, en Outeiro de Laxe (Allariz)
Nova xornada de protestas do CEIP Irmáns Villar ante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación
Desde a ANPA consideran inadmisible que os rapaces e rapazas vaian a quedar sen prazas no seu centro de referencia para comezar os estudos de bacharelato e lembran que a situación vén motivada pola falta de previsión da Xunta
Os alumnos do CPI José García García de Ourense participan no proxecto 'Gústame o meu río'
A CHMS conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente cunha actividade onde os máis pequenos aprenderon o funcionamento do Centro de Control de Conca
AGAM esixe unha solución inmediata aos problemas estructurais do Hospital Materno Infantil de Ourense
A Asociación Galega de Matronas denuncia que a situación do CHUO "é insostible" e que "o sistema de saúde está a vulnerar os dereitos das mulleres que dan a luz na capital ourensá"
Os socialistas ourensáns critican a xestión da Escola Municipal Continua
Os Grupo Municipal Socialista denuncia que a Escola Municipal Continua posta en marcha polo executivo de Gonzalo Pérez Jácome "non responde ás necesidades dos ourensáns"
As obras do CAPD de Ourense acumulan oito anos de retrasos
A Xunta prometía no ano 2016 a construcción do centro, que tiña que estar rematado no ano 2022, segundo denuncian os nacionalistas
O Cented xogará a próxima tempada en Rexional Preferente
A plantilla do Cented foi recibida polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo de alcanzar o ascenso a Rexional Preferente
Alcer Ourense conmemora o Día Mundial do Doante de Órganos
A asociación instalará varios postos informátivos durante a xornada deste mércores para rendir homenaxe a todas as persoas doantes e ás súas persoas familiares e concienciar sobre a importancia da doazón de órganos
O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo culmina o seu obradoiro de extracción de seda
O alumnado do CCP Xaquín Lorenzo aprendeu a realizar todos os pasos que conforman este proceso artesanal
Ourense terá un novo pavillón para acoller a actividade dos equipos de ximnasia da cidade
O goberno municipal prevé construír un novo pavillón deportivo especializado que sirva como sede para a práctica da ximnasia na cidade en todas as súas diferentes especialidades
O PSdeG de Ourense denuncia a supresión da atención presencial no despacho de billetes do Teatro Principal
O Grupo Provincial Socialista reclama explicacións urxentes á Deputación de Ourense pola falta de atención ao público no Teatro Principal
A veciñanza da Ponte e o Vinteún reclama melloras nos Centros Saúde
A situación sanitaria na que se atopan ambos barrios motivou a mobilización veciñal, que reclama o aumento do persoal no Centro de Saúde da Ponte e a urxente construción do tan demandado Centro de Saúde no barrio do Vinteún
Celanova conmemora os 45 anos de historia do grupo Lembranza Solpor
A Sala dos Arcos do Concello de Celanova acolle, durante todo o mes de xuño, unha exposición fotográfica que recolle boa parte da historia da banda
Barbadás reclama á Xunta que asuma os gastos de mantemento dos centros públicos
Desde o Concello de Barbadás lembran que os gastos de mantemento dos centros públicos no concello ascenden a 200.000 euros anuais
Ana Pontón defende en Ourense unha PAC adaptada á realidade do sector agrogandeiro
O BNG fai un chamamento á mobilización masiva o vindeiro domingo "para ter unha voz que defenda os intereses de Galicia na UE"
OurenseXa
Luis Menor chama a fortalecer a colaboración entre Ourense e Portugal
Menor reclama a reactivación da Eurocidade para fortalecer a colaboración entre a provincia de Ourense e o norte de Portugal, ofrecendo así novas oportunidades económicas e sociais para unha poboación de 60.000 persoas
As piscinas de Oira abrirán desde este venres ata o 8 de setembro
As piscinas de Oira permanecerán abertas desde este venres, 7 de xuño, ata o 8 de setembro, con entrada libre e gratuita sen necesidade de reserva
Socialistas e populares instan ao alcalde a manter a sede do CIMM de Ourense
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e o Grupo Municipal do PP levarán ao pleno do mes de xuño unha moción conxunta para instar ao goberno municipal a executar de maneira urxente as obras de acondicionamento necesarias no CIMM
O BNG advirte da "grave situación de colapso na que se atopa a sanidade en Ourense”
Os nacionalistas avanzan unha batería de iniciativas parlamentarias ante a alarmante situación de colapso da Área sanitaria de Ourense
O plan de recuperación, transformación e resiliencia deixou máis de 380 millóns de euros na provincia de Ourense
O plan de recuperación, transformación e resiliencia deixou na provincia importantes investimentos en materia de infraestruturas, onde destacan os 230 millóns de euros na mellora da conexión ferroviaria entre Ourense-Monforte-Lugo
A 52º edición do Trofeo Pedro Escudero reuniu en Ourense a máis dun cento de nadadores e nadadoras
O Trofeo Pedro Escudero de natación é o máis antigo e un dos mais importante da comunidade
O PSdeG de Ourense pide a creación dun plan estratéxico para impulsar o desenvolvemento económico da cidade
Os socialistas tamén piden recuperar o Centro de Iniciativas Empresariais (CIE) de Ourense





