OurenseXa
A Asociación Xuvenil Amencer organiza actividades para a moidade de Ourense durante toda a Semana Santa
Haberá obradoiros creativos, un torneo de baloncesto e espazos de xogo e estudo
A ourensá Luzía Piñero é recibida no Concello tras proclamarse campioa galega de boxeo neoprofesional
Este éxito, acadado o pasado 14 de marzo en Pontevedra, súmase á súa actual condición de campioa galega na categoría amateur
Eladio Santos salienta o apoio do Goberno á saúde visual infantil con máis de 1.100 beneficiarios do Plan VEO en Ourense
O subdelegado do Goberno achegouse este mércores a Celanova onde animou ás familias da provincia a aproveitar estas axudas, dotadas cun orzamento de 48 millóns de euros
O CEIP de Prácticas estrea unha cuberta totalmente renovada para mellorar a eficiencia enerxética do centro
Os traballos contaron cun investimento de preto de 125.000 euros e mellorarán as condicións deste centro educativo
O Jiu Jitsu Club Marbel regresa do Europeo de Creta con excelentes resultados
O conxunto ourensán regresa cun ouro, dúas pratas, un quinto posto, un sexto, un sétimo e un noveno
GaliciaXa
A Xunta prohíbe as queimas agrícola e forestais desde este mércores
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir de hoxe
GaliciaXa
Produtores de leite convocan mobilizacións en Galicia contra a baixada de prezos do leite
Segundo sinalan, as decisións adoptadas pola industria non responden á realidade do mercado e agravan a incerteza do sector
A Ribeira Sara ourensá terá a súa primeira Feira do Viño
O presidente da Deputación de Ourense mantivo este martes un encontro con representantes institucionais dos municipios que conforman a Ribeira Sacra para comezar a traballar nesta proposta
A MITEU regresa a Ourense cunha vintena de espectáculos de música e danza
A 31ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario arrancará o próximo 23 de abril e contará con grupos procedentes de España, Palestina, Perú e Portugal
Lembranza Solpor representará a Galicia no festival Printemps des Sonneurs de Brest
O festival, considerado unha das citas máis importantes da música tradicional na Bretaña francesa, celebrarase o 11 de abril
A Asociación Xuvenil Amencer organiza un torneo de baloncesto 3x3 aberto a nenos e nenas de toda a cidade
Será durante as vacacións de Semana Santa e as inscricións estarán abertas até o próximo domingo
O PSdeG pide á Xunta “readaptar con urxencia” o transporte por autobús nas comarcas do oriente ourensán
Celebran a recuperación das paradas na Gudiña pero piden “conexións reais” cos novos horarios do AVE para as zonas de Verín, Valdeorras, Viana e Trives
A Deputación continúa reforzando o turismo termal como eixe do proxecto “Ourense Cerca de Ti”
O presidente provincial destaca o termalismo como “eixe estratéxico para posicionar a provincia como destino intelixente, sostible e conectado”
A II Feira “Educa Ourense” regresa á cidade como un punto de encontro para centros formativos, alumnado e familias
A cita, que terá lugar os días 25 e 26 de marzo, ten como obxectivo facilitar información e orientación ao alumnado sobre o seu futuro académico e profesional
A Biblioteca Pública Nós acolle este martes un encontro sobre a realidade de Gaza a cargo de Mohamed Safa
O autor presentará na biblioteca ourensá o seu libro “Gaza, un genocidio televisado”
O Club Ximnasia Pavillón triunfa na primeira fase provincial da Copa Deputación
O conxunto ourensán regresou a casa con un total de 14 medallas
A Deputación encara a recta final do PERTE OU-Intelixente para modernizar a xestión da auga
Actualmente xa se instalaron máis de 58.000 contadores intelixentes, o 87% do total previsto, en 74 municipios
San Cibrao das Viñas inaugura a humanización da Praza na Carballeira
A actuación contou cun investimento de 220.000 euros, financiados a través do Plan Provincial de Cooperación 2025 da Deputación Provincial de Ourense e o Concello
As “Instalacións de xogo” volven este venres para os máis pequenos de Allariz
A proposta, a cargo de Getsemaní Valenzuela, está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 24 meses
A Xunqueira de Ambía acolle esta semana un curso de Autonomía Dixital para adultos
Será este martes, coincidindo coa visita da oficina móbil para expedir certificados dixitais
Paderne de Allariz organiza un obradoiro de robótica para nenos de 5 a 14 anos durante a Semana Santa
A actividade desenvolverase o martes 31 de marzo e é necesario anotarse previamente.
Pablo Graña asume a presidencia do PP en Xunqueira de Espadanedo
O tamén alcalde do municipio asume o cargo coa vista posta en reforzar a cohesión interna, apostando pola unión como base do seu proxecto, e garantido o relevo xeracional dentro do partido
A Sociedade de Pesca de Allariz limpa máis de 400 kg de lixo no Arnoia
Xunto a varios voluntarios, a sociedade realizou unha xornada de limpeza nas marxes deste río, contribuíndo á conservación da contorna




