Novas de A Merca
A Merca mellora os accesos rurais a Solbeira e Compostela para facilitar o paso de vehículos e peóns
O Concello executou traballos nas pistas que dan servizo ás parcelas e enmárcaos no Plan Camiña Rural, financiado pola Consellería do Medio Rural
As persoas maiores de 60 anos residentes na provincia de Ourense poderán participar nun proxecto transfronteirizo sobre lonxevidade
O proxecto comezará nos concellos de Celanova, Verea, Gomesende, Ramirás, Quintela de Leirado, A Merca, Cartelle e Pontedeva, aínda que está aberto á incorporación doutros concellos ourensáns
A Merca instala unha nova marquesiña na parroquia de Parderrubias
A actuación súmase ás melloras levadas a cabo no municipio nos últimos meses, entre as que destaca o novo alumeado dos canastros
O Concello da Merca mellora a iluminación dos Canastros
A actuación dá continuidade aos traballos de restauración e conservación realizados nos últimos anos na zona
O PSOE da Merca propón crear un centro de día para persoas maiores no antigo centro de saúde do municipio
Lembran que o concello “carece a día de hoxe dunha infraestrutura adecuada para atender as necesidades da veciñanza de maior idade” e sinalan que o edificio do antigo centro de saúde “representa a opción máis rápida, eficiente e económica”
O presidente provincial fai balance dos seus dous anos de mandato
Menor destacou a xestión orzamentaria e aposta polo termalismo, o deporte ou a cooperación cos concellos entidades como algunhas das liñas fundamentais durante os últimos anos, e insistiu no obxectivo de reforzar o plan CooperOU no que queda de mandato
Os socialistas esixen medidas ante a expansión do chancro nos castiñeiros da provincia de Ourense
Alertan de que a situación está provocando “perdas severas” na produción de castaña e nas rendas das familias da montaña do rural
Abre o prazo para solicitar as axudas a entidades sen ánimo de lucro na provincia de Ourense
As subvencións están destinadas a aquelas organizacións que leven a cabo proxectos de carácter social
A sede da CEO acolleu a presentación oficial do 58º Rally de Ourense
A proba chegará este a ano a A Arnoia, Ribadavia, Cenlle e San Amaro, Celanova, Toén, Taboadela, Amoeiro e A Merca
COGAMI e a Mancomunidade Terra de Celanova reforzan a atención ás persoas con discapacidade
Ambos organismos mantiveron unha xuntanza para abordar a situación actual das persoas con discapacidade da comarca
A Deputación destinará 100.0000 euros para a loita contra incendios en doce concellos da provincia
Sandiás, Cenlle, Montederramo, Vilamarín, Lobios, Beariz, Ribadavia, Os Blancos, O Barco de Valdeorras, Laza e as Mancomunidades de Terras de Celanova e Verín son as entidades locais e supramunicipais beneficiarias destas achegas
Eladio Santos destaca a aposta do executivo central coa modernización do Rexistro Civil na provincia de Ourense
O BOE publicou hoxe a entrada efectiva da aplicación informática DICIREG nas oficinas do Rexistro Civil dos partidos xudiciais de Celanova, Ribadavia e Xinzo de Limia
A Xunta destinará preto de 800.000 euros para mellorar a seguridade viaria na OU-540 ao seu paso pola Merca
A actuación comprende un conxunto de intervencións centradas na mellora das interseccións e a reordenación dos accesos da OU-540 na contorna da Manchica que comezarán previsiblemente en 2026
Mobilízanse máis de 600.000 euros para cooperación con concellos da provincia de Ourense
As axudas están destinadas á mellora de infraestruturas, servizos e obras
As axudas ás asociacións de comerciantes da provincia de Ourense poderán solicitarse ata o 24 de abril
A Deputación de Ourense destinará nesta convocatoria un orzamento máximo de 42.000 euros para colaborar coas demandas das asociacións da provincia
Mobilízanse 784.524 en axudas a concellos, entidades deportivas e para o Plan Anual de Publicacións na provincia de Ourense
O goberno provincial sacou adiante tamén as bases reguladoras e convocatoria dun concurso para a selección de autores para a edición dun libro sobre a Vía da Prata
Os concellos ourensáns xa poden solicitar as axudas para accións de promoción de produtos propios
A Deputación destina nesta convocatoria un orzamento máximo de 75.000 euros e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 25 de abril
Arredor de 6.000 veciños do rural ourensán poderán formarse en novas tecnoloxías
A Deputación de Ourense recibirá unha unha axuda 750.000 euros de financiación, a través dos fondos europeos Next Generation, paara levar a cabo esta iniciativa
Os hórreos da Merca protagonizan a nova campaña internacional de Turespaña 2025
Galicia comparte presenza nesta campaña xunto co resto das comunidades da España Verde (Principado de Asturias, Cantabria e Euskadi), Estremadura e Andalucía
Entra en funcionamento a nova Oficina Única Virtual de Atención ao Cidadán da provincia de Ourense
Trátase dunha plataforma integrada que permite á cidadanía dirixirse á Deputación mediante teléfono, correo electrónico, SMS, web, WhatsApp ou redes sociais
Os 92 concellos da provincia de Ourense adaptaranse ao novo sistema de padrón en tempo real do INE
A finalización dos traballos está prevista para o 30 de setembro, e contempla a adaptación de todos os padróns da provincia á nova normativa, aos sistemas do INE e do Catastro
A Merca modifica a periodicidade dos plenos do Concello
Serán o terceiro mércores dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro
O BNG logra o apoio da Deputación de Ourense para pedir á Xunta un mellor servizo de transporte público na comarca de Celanova
A Deputación demandará á Xunta o aumento das frecuencias diarias entre Ourense, Celanova e Bande e adaptación dos horarios ás necesidades dos usuarios
O programa AceleraPyme da Deputación de Ourense impulsa a transformación dixital dunhas 300 pequenas empresas ourensás
A inicativa proporciona asesoramento e información sobre tecnoloxías para a súa transformación dixital e sobre convocatorias de axudas, ademais de facilitar redes de contactos profesionais e ofrecer unha asesoría personalizada




