Novas de A Merca
A Merca súmase a 'Rutas que Rexeneran' cunha ruta polos seus miradoiros e degustación de mel o 17 de outubro
A xornada de sendeirismo percorrerá a zona da Canle do Ruca e rematará cunha cata dun dos produtos máis xenuínos da bisbarra
O PSOE da Merca sostén que a Lei de Incompatibilidades se aplica a todo o persoal público, independentemente do seu tipo de contrato
O grupo municipal socialista lembra que a normativa afecta a todo o persoal que percibe retribución da administración pública, sexa cal sexa o seu vínculo laboral, no marco da controversia sobre as adxudicacións de residencias municipais
O Concello da Merca organiza unha excursión para maiores a Mondoñedo, Taramundi e a Praia das Catedrais
A viaxe, dirixida a pensionistas empadroados, terá lugar os días 3 e 4 de outubro e combina natureza, etnografía e patrimonio por Asturias e o norte de Lugo
O curso de rehabilitación de mobles da Merca pon fin tras varios meses de intenso traballo
Os participantes desenvolveron desde maio técnicas de restauración e personalización no antigo centro de saúde, apostando pola reutilización e a sostibilidade
O Concello da Merca abre este luns o prazo de inscrición presencial para unha excursión a Málaga e Granada
Poderán formalizarse nas oficinas municipais ata o 21 de agosto
A Merca prepárase para unha das súas citas máis esperadas do ano coa XV Exaltación do Porco ó Espeto
O evento terá lugar o vindeiro 11 de xullo no Pavillón Municipal e incluirá degustación gastronómica, animación musical e actividades festivas
A Merca inicia o expediente para nomear a Manuel Outumuro Fillo Predilecto do municipio
O recoñecemento busca distinguir a traxectoria profesional e a vinculación do fotógrafo coa localidade
O 59 Rally de Ourense Recalvi contará con preto de 150 quilómetros de tramos cronometrados
O percorrido atravesará os concellos de Taboadela, A Merca, Celanova, Toén, Amoeiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia e Arnoia, ademais da cidade de Ourense
O Concello da Merca súmase ao programa da Xunta para construír vivenda protexida na Manchica
O acordo permitirá mobilizar oito parcelas municipais na rúa Val do Seixo para edificar vivendas unifamiliares, con apoio técnico do IGVS e opción de venda ou alugueiro
O PSdeG-PSOE de A Merca denuncia ao alcalde e a un concelleiro do PP por presuntos delitos de prevaricación, falsidade documental e inxurias
Os socialistas acusan ao goberno local de aprobar uns orzamentos “viciados” tras pecharse a vía administrativa nun procedemento que consideran irregular
A Merca acollerá un curso de rehabilitación de mobles a partir do mes de maio
As persoas participantes aprenderán técnicas básicas de restauración para dar unha segunda vida a pezas antigas
O PSdeG denuncia no Parlamento posibles “vulneracións de dereitos fundamentais e riscos para a seguridade pública” no Concello da Merca
Advirten de “feitos concretos e documentados que, de confirmarse, poderían supoñer unha limitación continuada das funcións de control e fiscalización por parte da oposición”
O PPdeG homenaxea a Miguel Ángel Blanco na Merca
Os populares renderon o xa tradicional homenaxe no Monumento á Liberdade, erixido no Concello da Merca, do que era orixinario o concelleiro do PP asasinado por ETA en 1997
O PSdeG da Merca formaliza unha queixa ante a Valedora do Pobo ante o “colapso institucional” no municipio
O voceiro, Carlos Sousa, denuncia “insultos e ameazas” por parte do equipo de Goberno e anuncia unha “ofensiva legal e institucional para restaurar o orde e a transparencia no municipio”
'La Vuelta Femenina 2026' volverá percorrer a provincia de Ourense
A proba percorrerá o 4 de maio 109 quilómetros en territorio ourensán, entre Lobios e San Cibrao das Viñas, pasando por Muíños, Bande, Verea, Celanova, Cartelle, A Merca e Taboadela
O Comité de Memoria Histórica de Celanova lanza unha campaña para financiar o remate do Memorial da Poza das Ras
O memorial, obra do artista Xoán Torres Cidre, homenaxeará a Julio González, Amadeo López Bello, Silvio Torres e Eloy Romero, asesinados neste lugar en 1936
O PSdeG-PSOE da comarca de Celanova reforza as súas candidaturas de cara a 2027
A executiva provincial mantivo un encontro cos representantes socialistas comarcais para traballar no proxecto e confeccionar “candidaturas máis sólidas e fortes”
Eventos
A Deputación mobiliza preto de 300.000 euros en axudas para concellos e fixa os prezos das Escolas Deportivas de Verán 2026
Entre as axudas aos concellos contémplanse 30.000 euros para o Concello da Merca para melloras da eficiencia enerxética e 19.999 para a pavimentación do acceso a Vendas, en Padrenda
O PSdeG-PSOE da Merca critica a falta dun proxecto de orzamentos para o exercicio 2026
O voceiro, Carlos Sousa, critica a xestión municipal e a cualifica de “absolutista”
Doce concellos ourensáns reciben nova maquinaria para reforzar a prevención de incendios forestais
Os novos tractores con rozadoira foron destinados aos concellos de Sandiás, Cenlle, Montederramo, Vilamarín, Lobios, Beariz, Ribadavia, Os Blancos, O Barco e Laza, así como ás mancomunidades de Celanova e Verín
Noelia Currás toma posesión como nova portavoz municipal do BNG na Merca
A nova concelleira substitúe a Teresa Garrido, representante do BNG desde 2015 e candidata á alcaldía nos comicios de 2019 e 2023, quen presentou a súa renuncia tras máis de dez anos de traballo
A Merca celebra o Entroido de San Pedro da Mezquita os días 8, 15 e 17 de febreiro
Esta tradición, con máis de 250 anos de historia, foi recuperada grazas á Asociación Os Galos, fundada en 2014
A Xunta e Concello da Merca abordan vías de claboración en materia de vivenda e urbanismo
Nun encontro entre a conselleira de Vivenda e o alcalde da Merca, ambas institucións abordaron diferentes actuacións de interese para o municipio
A Merca acollerá unha sesión formativa para aprender a realizar trámites administrativos online
Será o 3 de febreiro de 2026 e haberá que inscribirse previamente








