Novas de A Merca
As obras de acondicionamento do CEIP Joaquina Gallego Jorreto contaron cun orzamento de 91.000 euros
Os traballos consistiron na construción dunha rampla de acceso para discapacitados e no arranxo das filtracións no lucernario da parte central do edificio e a reforma dos aseos da planta baixa do colexio, entre outras actuacións
A Ruta dos Zapateiros regresa a Vilanova dos Infantes
Os asistentes poderán revivir, o vindeiro 19 de outubro, o camiño que realizaban os zapateiros na Idade Media para mercar o coiro
As rúas da Merca acollen a exposición 'Mulleres de outros mundos' de Manuel Outumuro
O fotógrafo, orixinario da Merca, amosa nas rúas da vila as fotografías de quince actrices nacionais e internacionais, entre as que podemos atopar retratos de Monica Belucci, Penélope Cruz, Carmen Maura ou Maribel Verdú
Os socialistas ourensáns esixen a aprobación de axudas para os gandeiros afectados pola EHE
O senador do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, defenderá no Senado unha moción para instar ao Goberno a aprobar unha batería de axudas con vistas a paliar as perdas das explotacións afectadas pola EHE
O PSdeG de Ourense esixe á Deputación axudas para os gandeiros afectados pola EHE
“A Deputación ten que actuar á maior brevidade para dotar de garantías ás moitas familias que dependen da actividade neste ramo”, sostén a deputada socialista Elvira Lama
Mobilízanse preto de 1,3 millóns de euros para a cooperación con concellos e entidades da provincia de Ourense
Na comarca de Ourense, recibirán axudas os concellos de Celanova , Allariz, A Merca e A Peroxa
O programa Senda Pola Saúde Mental de Feafes Galicia atende a 25 persoas no rural ourensán
O seu obxectivo é prestar apoio e acompañamento a persoas con problemas de saúde mental que residen nas zonas rurais
Os nenos e nenas da Merca xa poden inscribirse no Campamento de Verán 2024
O prazo para solicitar a inscrición está aberto ata o 26 de xuño de 2024
O Rally de Ourense arranca os motores da súa edición número 57
Os pilotos percorrerán un total de 473,83 quilómetros durante as xornadas desde venres e sábado, dos cales 159,48 serán tramos cronometrados
Os concellos ourensáns que forman parte do Camiño de San Rosendo reivindican a súa inclusión como rutas xacobeas
'A Gran Peregrinación' saiu este domingo de distintos concellos ourensáns para reivindicar a súa inclusión na rede de Camiño De Santiago
O BNG critica o abandono das políticas sociais no Concello de A Merca
A formación nacionalista denuncia que os orzamentos da Merca son unha mostra do abandono das políticas sociais, dos servizos públicos e que só axudan ao desmantelamento do tecido industrial e asociativo veciñal




