Novas de Quintela de Leirado
Quintela de Leirado abre o prazo para revisar o recibo da auga do segundo trimestre
O Concello somete a exposición pública a lista cobratoria da taxa doméstica da auga e do canon autonómico correspondente, antes de iniciar o período de pagamento voluntario
A Deputación de Ourense aproba preto de 1,4 millóns de euros en 35 subvencións para concellos e entidades da provincia
As axudas, repartidas en dous grandes bloques, destínanse a mellorar infraestruturas, servizos e espazos públicos municipais, así como a reforzar a colaboración con entidades do ámbito deportivo e social da provincia
Quintela de Leirado acollerá este sábado a estrea de 'A Penagache', un documental sobre a memoria do contrabando na fronteira con Portugal
A proxección, prevista para o 25 de xullo no Centro Multiusos, incluirá un coloquio co director da obra, representantes institucionais e dous dos protagonistas da historia que recolle a peza
A Deputación de Ourense mobiliza máis de 424.000 euros en axudas a concellos
As achegas irán destinadas aos municipios de Quíntela de Leirado, A Teixeira, Carballeda de Avia, Bande, Cualedro, San Xoán de Río, Xinzo de Limia, Ribadavia e Cenlle
Sete rutas para descubrir o patrimonio natural de Quintela de Leirado
Trátase de percorridos de distinta lonxitude e dificultade, aptos para todos os niveis, que conectan aldeas, espazos naturais e puntos de interese histórico e patrimonial
A Mancomunidade Terra de Celanova recibiu preto de 45.000 euros para a contratación de mulleres que sofren violencia de xénero
Na última convocatoria, ademais desta mancomunidade, beneficiáronse destas achegas os concellos de Celanova, Ribadavia, Bande, A Veiga, Carballeda de Avia, O Barco de Valdeorras, O Pereiro de Aguiar, Verea, Boborás, Barbadás e a mancomunidade Conso- Frieiras
A provincia de Ourense permanece en alerta polo estado da rede viaria a causa das intensas choivas
As autoridades advirten dun aumento significativo dos caudais e piden aos condutores precaución ante o estado actual das estradas na provincia e posibles novos asolagamentos
O Xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés promóvese con forza en Fitur
Conformado por un total de 15 concellos, preséntase como un destino de referencia para os amantes do sendeirismo, dos deportes de montaña, da historia e da natureza
Angelina Núñez, veciña de Quintela de Leirado, presentará o seu primeiro libro en Celanova
A presentación supón o debut literario de Núñez coa obra 'Dominicana. Post Tenebras'
A Deputación de Ourense suma 87 concellos ao censo provincial de amianto e avanza na planificación da retirada
O programa 2025-2027 xa permitiu analizar preto de 49.000 edificacións e inclúe un visor web con mapa interactivo para avaliar riscos e priorizar actuacións
A Rede Provincial de Auditorios consolídase como motor cultural en Ourense con 56 concellos adheridos
No ano 2025, a Deputación destinou 150.000 euros a esta inicativa, coa que se realizaron máis de 110 actuacións nos distintos espazos culturais, cunha asistencia global que superou os 7.500 espectadores
A voz dos alcaldes: José Antonio Pérez Cortés, rexedor de Quintela de Leirado
José Antonio Pérez Cortés leva 49 anos á fronte da alcaldía de Quintela de Leirado, un dos municipios menos poboados da provincia de Ourense, con uns 600 habitantes
Quintela de Leirado mellorou o alumeado público na capital do municipio
A iniciativa foi posible grazas a unha subvención de 18.926 euros da Deputación de Ourense
Quintela de Leirado completou a conversión das antigas escolas de Mociños e Redemuíños en vivendas sociais
As vivendas resultantes asignaranse a familias con necesidades especiais
Manuel Seoane, José Antonio Pérez e José Luis Gavilanes, recoñecidos entre os primeiros alcaldes da democracia
A FEMP rendeu homenaxe aos primeiros alcaldes e alcaldesas da democracia, entre os que se atopan os rexedores de A Peroxa, Quintela de Leirado e Xunqueira de Ambía
A Xunta destina máis de 306.000 euros á creación de seis novas casas do maior na provincia de Ourense
Os concellos beneficiados serán San Amaro, A Mezquita, Quintela de Leirado, Maside e Petín
Quintela de Leirado celebra unha noite de música e diversión co Leirado Fest
A partir das 22:00 horas, a mellor música dos anos 80, 90 e 2000 comezará a soar no Leirado Fest
Eventos
15 concellos ourensáns súmanse ás zonas tampón pola praga de corentena da flavescencia dourada da vide
As novas zonas afectadas son os concellos de Bande, Cartelle, Castrelo de Miño, Gomesende, Melón, Ramirás, Ribadavia, Entrimo, Lobeira, Lobios, Monterrei, Oímbra, Quintela de Leirado, Verea e Verín
Quintela de Leirado celebra a súa Festa da Piscina o 23 de agosto
Haberá música, xogos e unha festa da escuma
O presidente provincial fai balance dos seus dous anos de mandato
Menor destacou a xestión orzamentaria e aposta polo termalismo, o deporte ou a cooperación cos concellos entidades como algunhas das liñas fundamentais durante os últimos anos, e insistiu no obxectivo de reforzar o plan CooperOU no que queda de mandato
Os socialistas esixen medidas ante a expansión do chancro nos castiñeiros da provincia de Ourense
Alertan de que a situación está provocando “perdas severas” na produción de castaña e nas rendas das familias da montaña do rural
A Consellería do Medio Rural alerta do risco de expansión da flavescencia dourada nos viñedos de Ourense
O insecto vector será infectivo a partir da próxima semana, o que activa a obriga de aplicar tratamentos fitosanitarios nas zonas tampón
Quintela de Leirado acollerá un campamento infantil de verán
As actividades desenvolveranse do 30 de xuño ao 29 de agosto










