OurenseXa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Traballadores do Sergas fórmanse para comunicarse coas persoas xordas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Comeza o luns a nova campaña de vacinacion contra a gripe
OurenseXa
Investigadoras ourensáns sacan adiante un estudo que amosa o potencial da mostaza branca como fonte de compostos bioactivos
O estudo afonda en como a introdución desta especie no agro galego pode ter vantaxes para a mellora das propiedades do solo, impulsando a agricultura ecolóxica
O Memorial Manolo Carrera reúne este sábado en Velle a máis de 700 futbolistas de 28 equipos
O certame, ao que foron convidados todos os equipos da provincia, pretende ser “unha gran festa do fútbol 8 en Ourense”
A celebración do Día da Bici obrigará a pechar o tráfico nas principais rúas da cidade este domingo
Os peches comezarán na rúa do Progreso e estenderanse por todo o percorrido ao longo da xornada
OurenseXa
A Deputación e a UVigo afondan en Ourense na importancia da saúde mental na mocidade
A iniciativa enmárcase na programación de cursos de extensión universitaria, os chamados cursos de verán, organizados pola Vicerreitoría do campus con financiamento da Deputación de Ourense
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
QuerENDO, mulleres con endometriose realiza unha enquisa entre mulleres afectadas
Expertos participan en Ourense nunha nova edición da Xornada Biomasa e Desenvolvemento Sostible
A cita, de carácter anual, celébrase desde o ano 2019 co obxectivo de abordar o uso de residuos de biomasa vexetal e mariña para obter produtos de alto valor engadido
A actriz Aurora Maestre recibirá o Premio ASIGE na XXIX edición do Ourense Film Festival
A actriz, procedente de Monforte de Lemos, recibirá por segunda vez este prestixioso galardón que conmemora os seus 50 anos de traxectoria profesional
Un cento de persoas con diabetes inician hoxe en Ourense o Camiño pola Vía da Prata
A iniciativa, posta en marcha pola Fundación para la Salud de Novo Nordisk España (FSNN) e a Federación Española de Diabetes (FEDE), ten por obxectivo educar ás persoas con diabetes e sensibilizar ao resto da poboación sobre a importancia de abandonar o sedentarismo
O concurso 'Barbadás a bocados 2024' remata con récord de participación
Entre o venres e o sábado consumíronse preto de 9.000 pinchos nos 14 locais de hostalaría que se inscribiron no concurso
O novo mapa de Galicia presentado pola Xunta insiste na viabilidade económica das fusións municipais
O informe abre a porta a unha posible fusión voluntaria entre os concellos de Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar, Alfoz e O Valadouro, Santiago e Teo, Noia en Lousame, Sanxenxo e Meaño e a fusión de concellos da comarca do Deza
Os socialistas critican a decisión do alcalde de Ourense de reducir horas á Policía Local
Os grupo municipal socialista considera "grave" o anuncio realizado por Gonzalo Pérez Jácome e sinálao como máximo responsable da situación no corpo
O BNG denuncia a falta de rede de sumidoiros entre Coles e Amoeiro
"Os veciños levan máis de 20 anos pedindo que se implante este servizo de recollida de augas e un sumidoiro acorde aos tempos nos que vivimos", lembran desde o BNG
Luis Menor incide na necesidade de prestar asistencia aos maiores dentro da realidade demográfica de Ourense
“Temos un importante número de iniciativas que demostran a vontade política en fixar a atención ás persoas maiores como unha prioridade do goberno provincial que presido”, destaca o presidente da Deputación
O Centro Cultural Marcos Valcárcel abre ao público a mostra 'O anxo que nunca fun', de Manuel Outumuro
A mostra do fotógrafo ourensán, premio Ourensanía 2022, poderá visitarse ata o 6 de xaneiro
A Xunta inviste máis de 8 millóns de euros na renovación dos centros educativos ourensáns
Actualmente están en proceso de execución 6 grandes obras no CEIP Castrelo de Miño, no IES Celanova, no IES 12 Outubro, no CIFP Vilamarín, no IES Blanco Amor e no IES Chamoso Lamas, que suman máis de 5,4 millóns de euros
Os socialistas ourensáns esixen a aprobación de axudas para os gandeiros afectados pola EHE
O senador do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, defenderá no Senado unha moción para instar ao Goberno a aprobar unha batería de axudas con vistas a paliar as perdas das explotacións afectadas pola EHE
Allariz abre o prazo de inscrición para as Escolas Culturais
Os interesados poderán anotarse ata o 27 de setembro na Casa da Cultura de Allariz
Rueda pon en valor a cooperación entre Galicia e Portugal no I Congreso do programa Iacobus
O presidente da Xunta de Galicia presidiu esta mañá a inauguración do I Congreso do programa Iacobus celebrado no campus de Ourense
O Concello de Ourense retomará en outubro o Programa Nexos
O programa ten por finalidade achegar un espazo para as mulleres en situación de vulnerabilidade de forma que actúe como nexo de unión entre elas e o contorno social máis próximo
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Comeza a vacinación contra o papiloma virus en varóns de 15 a 18 anos
O PSdeG de Ourense reclama ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome que reduza a débeda do Concello
Ademais, piden tamén que se reduza o período medio de pago a provedores a través do mecanismo áxil que habilita o Ministerio de Facenda
O Festival de Cine de Ourense levará ás librarías da cidade os 'Encontros literarios de cine'
Neles presentaranse algúns dos títulos publicados neste 2024, sobre o amplo mundo cinematográfico, desde diversas perspectivas
OurenseXa
A Xunta inaugura en Ourense os encontros 'Ultreia'
As xornadas teñen como obxectivo impulsar o emprendemento e a xeración de riqueza na totalidade do territorio galego
Malestar entre a veciñanza de Rabo de Galo pola localización do novo radar da N525
“Parece que só se mirou onde recadar máis e non a seguridade vial da saída dende Rabo de Galo”, denuncian
A Subdelegación do Goberno presenta o novo mapa cartográfico da provincia de Ourense
Estas novas versións dos mapas, que foron editados en papel por última vez fai 10 anos, recollen as últimas novidades, principalmente en materia de infraestruturas, núcleos de poboación e toponimia


