Agro
A IXP Pan de Cea, a máis antiga de España no seu sector, achégase ao millón de euros en valor certificado
Esta indicación de calidade ourensá, que agrupa a unha ducia de obradoiros, combina tradición artesanal e recoñecemento internacional, mentres a conservación de variedades autóctonas de trigo segue vinculada á súa elaboración
O control na recepción da uva reforza a garantía de orixe e calidade dos viños no Ribeiro
Os consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas intensifican durante a vendima a vixilancia sobre a procedencia da uva, cun equipo que se amplía ata 67 persoas para evitar a entrada de produto que non cumpra os requisitos esixidos
A Deputación de Ourense convoca axudas destinadas á prevención de incendios forestais e ao apoio do sector agrogandeiro
Convócanse axudas de ata 10.000 euros por beneficiario para a xestión de plásticos agrícolas e a compra de maquinaria orientada a reducir o risco de incendios forestais, cun prazo de solicitude que remata o 25 de setembro
A Deputación de Ourense achega case 800.000 euros con novas axudas para o rural e contra os lumes
A Xunta de Goberno aproba dúas convocatorias inéditas por 350.000 euros para respaldar ás explotacións agrícolas e gandeiras, impulsar a recría e reforzar a xestión do territorio, ademais doutras partidas para concellos e entidades da provincia
A inciativa Civitas lidera desde Ribadavia un proxecto pioneiro de viticultura rexenerativa e dixital
Civitas, o proxecto liderado por Viña Costeira en Ribadavia, une a empresas, universidades e centros tecnolóxicos para impulsar un modelo de viticultura máis sustentable, competitivo e dixital nas denominacións de orixe Ribeiro e Valdeorras
Impulsan desde Ourense un proxecto para automatizar a agricultura de precisión
A iniciativa desenvolverá unha plataforma dixital que integrará en tempo real información agronómica para mellorar o rendemento así como reducir o impacto ambiental das explotacións
Galicia e Cataluña intercambian experiencias sobre o relevo xeracional no agro nunhas xornadas en Allariz e Sandiás
A iniciativa, impulsada por varios Grupos de Desenvolvemento Rural galegos baixo a coordinación de Seitura 22, busca compartir experiencias para facilitar a incorporación de mozos e mozas ao agro
Allariz celebrará o Día da Abella cunha xornada de divulgación e posta en valor do sector apícola
Será este sábado na Praza do Matadoiro, coincidindo co Mercado da Reserva da Biosfera
A Asociación Forestal de Galicia conmemora o seu 40 aniversario cun acto en Celanova
A xornada serviu para facer balance da actividade recente e definir liñas de actuación para o futuro do monte galego
O Goberno inviste 9 millóns de euros en actuacións de restauración forestal na provincia de Ourense tras os incendios
Son un total de 12 actuacións en 27 municipios da provincia afectados polos grandes incendios do pasado verán
O sector gandeiro e a Xunta abordan en Ourense as implicacións da dermatose nodular contaxiosa
A cidade acolleu un encontro informativo sobre as características da enfermidade, as súas posibles consecuencias e as medidas establecidas pola normativa comunitaria no caso da súa aparición
O GDR Limia-Arnoia convoca unha reunión informativa sobre as subvencións LEADER en Celanova
Será este mércores 11 de febreiro e está aberta a todas as persoas interesadas en asistir
Paderne de Allariz impulsa a recuperación de terras agrarias co apoio da Consellería de Medio Rural
O Concello presentou ante os responsables da Xunta o proxecto básico para impulsar o polígono agroforestal de Solbeira, cunha superficie de 43,36 hectáreas divididas en 317 parcelas
O GDR Limia-Arnoia convoca unha reunión informativa sobre as subvencións LEADER en Maceda
Será este xoves 5 de febreiro e está aberta a todas as persoas interesadas en asistir
A Xunta comprométese a estudar medidas propostas polo sector gandeiro en Ourense
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático estudará a proposta de plan de rozas e queimas controladas nos espazos naturais da súa competencia que vai elaborar o sector agrogandeiro da zona
Os tractores continúan cortando a N-120 na cidade de Ourense
Decenas de manifestantes continúan fronte ao centro comercial Ponte Vella tras as fortes protestas desta fin de semana
A CEO reclama medidas de protección e compensación para os gandeiros afectados polo acordo UE–Mercosur
Entre as medidas propostas pola CEO contemplanse axudas directas, fondos de compensación, cláusulas de salvagarda e un reforzo efectivo dos controis sobre os produtos importados
Eventos
GaliciaXa
Brais Álvarez, do SLG: “A autoorganización é a base para defender o noso futuro”
Brais Álvarez asume a nova Secretaría de Acción Sindical do SLG para reforzar a organización fronte á crise do agro
O Concello de Xunqueira de Espadanedo adheriuse á Rede de Entidades Locais Gandeiro-Cárnicas
O obxectivo desta rede é defender, promover e reivindicar a actividade gandeiro-cárnica como elemento clave no rural
O BNG de Ourense demanda á Xunta solucións urxentes a reaparición da EHE
Os nacionalistas solicitan “un plan de acción preventivo, subvencións para a vacina e indemnizacións reais para o sector gandeiro afectado”, e avanzan medidas concretas para protexer a gandería
O GDR Limia-Arnoia organiza este mércores unha charla informativa sobre proxecto Aterra en Xunqueira de Ambía
Aterra é unha iniciativa pioneira que nace co obxectivo de impulsar novos proxectos agrogandeiros no territorio Limia Arnoia
Expertos no sector agrario reúnense en Coles no V Foro de Innovación Produtiva
O Pazo de Fontefiz acolle a presentación de dez iniciativas relacionadas con este eido, nas que se abordan novas técnicas innovadoras e novidosas co fin de mellorar a competitividade e a calidade das producións galegas
O V Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario presentará 35 proxectos en Santiago, Ribadumia, Coles e Ribadeo
O evento estruturarase en catro sesións, cada unha delas nunha sede distinta e cunha temática diferente co obxectivo de achegar a innovación por todo o territorio galego
Ourense avanza cara un proxecto de economía circular para unha gandería sostible
O director xeral Agricultura e o secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica mantiveron un encontro cos alcaldes de Xinzo de Limia, Vilar de Santos, Trasmiras, Sandiás, Sarreaus, Xunqueira de Ambía, Os Blancos, Rairiz de Veiga e A Porqueira










