Empresa e industria
A CIG convoca mobilizacións en Mercadona para reclamar garantías laborais polo modelo 'Tenda 9'
O sindicato convocou concentracións en Narón, Vigo e Ourense para esixir información e garantías sobre o impacto laboral do novo formato comercial da compañía
O PPdeG esixe ao Goberno central a construción da estación de mercadorías de San Cibrao das Viñas
A secretaria xeral dos populares galegos participou nun almorzo informativo con empresarios do polígono, onde se puxo en valor o seu crecemento e se reclamaron melloras en transporte ferroviario
AEPA Ourense inicia unha nova etapa máis participativa e próxima a autónomos e profesionais
A asociación celebrou a súa Asemblea Xeral, na que reafirmou o seu compromiso de reforzar a utilidade, a formación e o acompañamento ao colectivo autónomo na provincia de Ourense.
A Deputación de Ourense e a AEPA reforzan a súa colaboración para apoiar o emprendemento na provincia
“Queremos que Ourense sexa unha referencia no ámbito do traballo autónomo” salientou o presidente provincial nun encontro coa nova presidenta da AEPA, Ana Belén Fernández Valado
A campaña “Merca no teu comercio 2026” chega a nove concellos ourensáns
As compras no Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Xinzo de Limia, Ribadavia, Verín, O Carballiño, Allariz, O Castro de Caldelas e Maceda terán premio para dinamizar o comercio de proximidade
A Confederación Empresarial de Ourense acolle unha nova xornada do proxecto estatal +Ciberseguridade
O encontro reuniu representantes institucionais, expertos en ciberseguridade e profesionais do tecido empresarial
Ribeira Sacra Next impulsa novas iniciativas para dinamizar o emprendemento no territorio
O vindeiro 15 de abril terá lugar en Nogueira de Ramuín unha xornada baixo o título “Potenciando os recursos da Ribeira Sacra”
Sete empresas ourensás benefícianse dos Bonos Talento Empresa da Xunta
En total, o Goberno galego destina na provincia arredor de 150.000 euros que permiten poñer en marcha 14 accións formativas non regradas
A Feira Inspiro regresa a Ourense co foco posto no emprendemento
O encontro interxeracional entre o tecido empresarial e os diferentes modelos formativos de Galicia celebrarase o 25 de marzo en Expourense
O programa Ourense Termal pon fin con 14 proxectos consolidados
O programa, desenvolvido a través do Inorde coa Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, incluíu 600 horas de formación e 280 horas de mentoría personalizada para iniciativas emprendedoras vinculadas ao turismo termal
Os centros comerciais abertos de Ourense recibiron preto de 230.000 euros para impulsar a súa dinamización
En concreto, destináronse arredor de 28.000 euros ao de O Carballiño, 56.000 euros ao de Verín, 43.700 euros ao de Ourense, 44.000 euros ao de O Barco e 28.000 euros aos de Celanova e Ribadavia
David Martínez Alonso asume a presidencia da CEO
Martínez substitúe así a César Blanco, que ocupaba o cargo de maneira temporal tras o falecemento de Marisol Nóvoa
65 establecementos da provincia de Ourense beneficiáronse en 2025 das axudas ao comercio da Xunta
As axudas están destinadas a fomentar a innovación, a dixitalización, a modernización e a sustentabilidade do comercio local, e repartiron 385.000 euros na provincia
A plataforma “Ourense en Círculo” cumpre unha década fomentando o diálogo e a cooperación entre institucións e empresas
A Deputación e o Círculo de Empresarios consolidan a súa colaboración nesta programa para impulsar o tecido empresarial de Ourense
55 proxectos ourensáns liderados por mulleres beneficiáronse de axudas por valor de 590.000 euros dentro do programa Emega
Grazas a estas subvencións crearase un total de 65 empregos indefinidos, dos cales 55 serán por conta propia e 10 por conta allea
A Rede de Polos de Emprego e Apoio ao Emprego consolídase en Ourense con 1.000 proxectos asesorados
Desde a súa posta en marcha en 2022, a rede impulsou a creación de 110 novas empresas na provincia
O sector da construción de Ourense acorda as subas salariais para 2025 e 2026
O sector aplicará un incremento total do 8,05 % en salario e plan de pensións nos próximos dous anos
Eventos
OurenseXa
A Deputación de Ourense e AJE promoven unha xornada de networking para mulleres emprendedoras
A cita terá lugar o 4 de novembro na Fábrica de Papel de O Carballiño e tamén poderá seguirse en liña
A Xunta avala ambientalmente a ampliación do centro avícola de Coren en Ourense
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre o entorno
O novo polígono industrial de Barbadás está cada vez máis preto de facerse realidade
Os dous informes realizados sobre a viabilidade urbanística, técnica e económica da construción do parque son favorables, segundo informa o Concello
Os socialistas levarán ao Parlamento de Galicia a situación dos traballadores da planta de Faurecia
Veñen de rexistrar unha serie de iniciativas nas que reclaman que o goberno galego actúe de forma “urxente” e garanta a viabilidade da fábrica e manteña os postos de traballo
O BNG esixe a implicación da Xunta ante os posibles despidos na fábrica de Faurecia
Denuncian que o actual Executivo do PP “carece dun proxecto diferente para un sector no que se están a investir moitos recursos públicos pero sen ningún compromiso que evite a deslocalización que se está a sufrir”
O programa AceleraPyme da Deputación de Ourense impulsa a transformación dixital dunhas 300 pequenas empresas ourensás
A inicativa proporciona asesoramento e información sobre tecnoloxías para a súa transformación dixital e sobre convocatorias de axudas, ademais de facilitar redes de contactos profesionais e ofrecer unha asesoría personalizada
A CEO entrega os seus premios anuais á excelencia empresarial en Ourense
Arredor de 250 representantes do colectivo empresarial e das administracións déronse cita na entrega de galardóns










