Novas de Ramirás
O programa 'Luz Pozo Garza' trae unha sesión gratuíta de ioga e pilates terapéutico a Ramirás o 7 de outubro
A actividade, dirixida a mulleres de tódalas idades, terá lugar no Centro Sociocultural O Picouto e enmárcase nunha iniciativa de promoción da igualdade
A Deputación de Ourense pon en marcha catorce roteiros guiados pola Terra de Celanova - Serra do Xurés para impulsar o turismo fóra de tempada alta
O programa 'Rutas que rexeneran' percorrerá os catorce concellos que forman este xeodestino entre setembro e outubro, comezando este domingo en Lobeira, co obxectivo de repartir a actividade turística ao longo de todo o ano
Ramirás acolle unha exposición sobre a represión sufrida polas mulleres da comarca de Celanova
A mostra reúne documentos históricos que lembran a persecución padecida por veciñas do municipio durante a represión franquista
Barbadás e Ramirás impulsan un programa de apoio psicolóxico, asesoramento xurídico e actividades para mulleres
A iniciativa, gratuíta e dirixida a mulleres de todas as idades, inclúe accións orientadas ao empoderamento, a inserción e o benestar
A exposición 'Presas e Mestras' chega a Ramirás para recuperar a memoria das mulleres represaliadas polo franquismo
A mostra poderá visitarse do 27 de xullo ao 7 de agosto no Centro Sociocultural do Picouto e reúne documentos, fotografías e testemuños sobre as mulleres encarceradas e as mestras depuradas na comarca de Celanova
A Verbena do Rella 2026 reunirá preto de 200 artistas en Ramirás como unha das grandes citas da música de raíz en Galicia
O festival celebrarase o 4 de xullo e ofrecerá máis de dez horas ininterrompidas de música, baile e actividades culturais con programación paralela desde o día 3
Medio Rural amplía as zonas afectadas pola flavescencia dourada da vide
A medida afecta a 26 parroquias de oito concellos da provincia de Ourense: Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Ramirás e Ribadavia
O PP de Ramirás crea a súa propia xestora local presidida por Manuel Alejandro Domínguez
Con esta, o PP suma 14 xestoras constituídas na provincia
Sete empresas ourensás benefícianse dos Bonos Talento Empresa da Xunta
En total, o Goberno galego destina na provincia arredor de 150.000 euros que permiten poñer en marcha 14 accións formativas non regradas
A Asociación Cultural Rebulir ten aberto o prazo para votar o cartel anunciador da Verbena do Rella 2026
Poderase votar a través das redes sociais da asociación até este 2 de abril
A Mancomunidade Terra de Celanova recibiu preto de 45.000 euros para a contratación de mulleres que sofren violencia de xénero
Na última convocatoria, ademais desta mancomunidade, beneficiáronse destas achegas os concellos de Celanova, Ribadavia, Bande, A Veiga, Carballeda de Avia, O Barco de Valdeorras, O Pereiro de Aguiar, Verea, Boborás, Barbadás e a mancomunidade Conso- Frieiras
O Concello de Ramirás ten activada ata o 7 de xaneiro a súa campaña “Agasallos no Peto”
A iniciativa ten como obxectivo incentivar o comercio local, repartindo un total de 300 euros en premios entre as persoas que realicen compras en establecementos do municipio
As persoas maiores de 60 anos residentes na provincia de Ourense poderán participar nun proxecto transfronteirizo sobre lonxevidade
O proxecto comezará nos concellos de Celanova, Verea, Gomesende, Ramirás, Quintela de Leirado, A Merca, Cartelle e Pontedeva, aínda que está aberto á incorporación doutros concellos ourensáns
A Asociciación Cultural Rebulir entregou os Premios Rebulir da Cultura Galega
Nesta edición foron recoñecidos Malvela, Cristina Castaño e Luar, así como a emigración galega no País Vasco a través do premio “Rogelio García Yáñez”
O xeodestino Terras Terras de Celanova–Serra do Xurés suma nove novos distintivos de calidade turística
O xeodestino alcanza xa 21 servizos certificados polo SICTED e reforza a súa aposta por un turismo sostible e de calidade no rural ourensán
O PP de Ramirás rompe o pacto co PSOE e pasa á oposición
Ambas formacións tiñan acordados senllos períodos de dous anos á fronte da alcaldía pero os populares acusan á alcaldesa de “evitar o relevo”
O alumnado do CEE Manuel López Navalón entrega as estatuíñas de cerámica para os Premios do Festival Rebulir 2025
A colaboración entre o CEE Manuel López Navalón e o Festival Internacional Rebulir mantense desde 2019 e converteuse xa nunha tradición
Eventos
Ramirás organiza unha festa de Magosto o 15 de novembro
Será no Polideportivo O Picouto e consistirá nun xantar no que non faltarán as castañas
A Deputación de Ourense abre un novo prazo de adhesión ao Plan de Lectura
Na primeira fase do programa xa se adheriron 85 concellos, e con esta ampliación poderán incorporarse tamén A Pobra de Trives, Castro Caldelas, Entrimo, Manzaneda, Porqueira, Ramirás e Vilardevós
Os Premios Rebulir xa teñen gañadores para a súa décimo cuarta edición
Malvela, Cristina Castaño, o programa Luar e a emigración galega en Euskadi son os galardoados deste ano
A Asociación Rebulir convoca en Ramirás o certame IdentificARTE 2025
Fotografía, artes plásticas, literatura e proxectos comunitarios centrados na comarca de Terras de Celanova serán as categorías principais
Ramirás acolle este sábado unha noite de cine ao aire libre coa proxección de ‘Vilamor’
Ademais da proxección, haberá un coloquio no que participará o seu director, Ignacio Vilar
15 concellos ourensáns súmanse ás zonas tampón pola praga de corentena da flavescencia dourada da vide
As novas zonas afectadas son os concellos de Bande, Cartelle, Castrelo de Miño, Gomesende, Melón, Ramirás, Ribadavia, Entrimo, Lobeira, Lobios, Monterrei, Oímbra, Quintela de Leirado, Verea e Verín
35 concellos ourensáns recibirán axudas á adaptación funcional de vivendas de persoas maiores de 65 anos
Con estas achegas a Deputación atenderá o 100% das solicitudes presentadas, cun importe próximo a 100.000 euros









