Educación
A provincia de Ourense recibe máis de 1,8 millóns para impulsar a conciliación a través do programa Corresponsables
A iniciativa permite financiar campamentos de verán e actividades para menores de ata 16 anos en 54 concellos e tres mancomunidades da provincia
GaliciaXa
A matrícula universitaria volverá ser gratuíta o próximo curso para miles de estudantes galegos
Segundo os datos facilitados pola Xunta, a medida permitiu ata o momento un aforro superior aos 15,6 millóns de euros para as familias galegas
Carmen Mateo toma posesión como reitora da Universidade de Vigo
Autoridades e comunidade universitaria encheron o salón de actos da Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Coles celebrará este sábado o 50 aniversario do CPI Antonio Faílde
Durante o acto ofrecerase unha sesión cóctel que incluirá empanada, queixos, embutidos, tortilla e bebidas
Estudantes do Colexio Santo Ángel presentan no Concello unha proposta de refuxio climático para a contorna dos Remedios
O proxecto, recoñecido co segundo posto no certame “Mocidade polo Clima”, inclúe espazos verdes, zonas de sombra, sistemas tecnolóxicos e actuacións cun investimento estimado de 2,7 millóns de euros
A Marcha Mundial das Mulleres alza a voz contra posibles casos de violencia no IES Xulio Prieto Nespereira
Piden á Inspección Educativa que tome medidas urxentes ante os casos dos que aseguran que xa existe coñecemento no instituto
O alumnado de Primaria do CEIP Padre Feijoo achégase ás tradicións da Festa do Boi
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria participaron esta semana nunha serie de actividades para coñecer e afondar na historia desta celebración de forma didáctica
GaliciaXa
O PSdeG cuestiona a participación de altos cargos da Xunta na elaboración da ABAU
Aitor Bouza reclama explicacións ao conselleiro de Educación e defende a autonomía técnica das comisións encargadas das probas de acceso á universidade
O alumnado de Cartelle participa nunha actividade educativa sobre urbanismo e coidado do territorio
A proposta estivo dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, que puido coñecer dun xeito práctico e participativo o labor dos chamados “subinspectores urbanísticos”
Abre o prazo para solicitar as 233 prazas das residencias xuvenís da Xunta
A convocatoria, que publica o Diario Oficial de Galicia, está destinada a persoas de entre 16 e 30 anos, estudantes ou traballadoras, que cumpran os requisitos
GaliciaXa
Abre o prazo para solicitar as axudas para libros e material escola da Xunta
Os fogares con rendas iguais ou inferiores aos 10.000€ por membro teñen aberto o prazo ata o 19 de xuño
Galiciencia comeza a súa edición de 2026 centrada na ciberseguridade
Arredor de 180 rapaces e rapazas de 63 centros de toda Galicia, xunto a un equipo procedente de Barcelona, reúnense en Tecnópole até este venres para presentar os seus proxectos
Un campamento tecnolóxico para nenos de 6 a 12 anos abre inscrición na Coruña
A Cátedra ALDABA-WIB da UDC organiza unha nova edición do ALDABA TIC-Camp, con robótica, programación, intelixencia artificial, drons, impresión 3D e ciberseguridade
GaliciaXa
A Xunta propón que o próximo curso escolar se inicie o 9 de setembro e remate o 21 de xuño
A Consellería de Educación remite ás organizacións sindicais a proposta de calendario escolar para o seu debate na vindeira reunión da Mesa Sectorial Docente
O STEG chama á mobilización na Mariña en defensa do ensino público nunha xornada con protestas en toda Galicia
Entre as principais denuncias sinalan o “estado de abandono” de numerosos centros, con deficiencias en infraestruturas que, segundo indican, poden supoñer un risco para alumnado e profesorado
O CGIFP Eduardo Barreiros inaugura o novo Laboratorio Avanzado de Ciberseguridade da Formación Profesional
O novo laboratorio funcionará como espazo de formación, experimentación e simulación de contornas reais, permitindo prácticas como a análise de ciberataques, a defensa en entornos virtuais ou a análise forense industrial
O IES Blanco Amor de Ourense logra o premio ao vídeo máis viral do concurso escolar #ParqueVibras
O premio ao mellora traballo na provincia de Ourense foi, pola súa banda, para a Aula de 4º da ESO do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova
Eventos
Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo-Zorelle participaron nunha xornada divulgativa centrada no funcionamento das institucións públicas
O estudantado de Secundaria coñeceu as instalacións do Pazo Provincial da man da vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa
Máis de cen estudantes ourensáns participaron nun encontro co escritor Juan Tallón no marco das “Tertulias Literarias”
A actividade, celebrada na sala de faladoiros do Liceo de Ourense, reuniu a alumnado de ESO e Bacharelato que tivo ocasión de compartir impresións sobre a lectura
A escola infantil de San Cibrao das Viñas estrea un novo espazo exterior con horta educativa
O novo recurso permite que os nenos e nenas participen en actividades vinculadas ao coidado do medio ambiente
O delegado do Goberno destaca o programa Ineco RuralTIC como unha aposta polo futuro do rural a través da dixitalización
Pedro Blanco participou este xoves nun taller no IES San Mamede de Maceda centrado no impulso das vocacións STEAM onde puxo en valor este tipo de programas por achegar coñecemento e innovación aos concellos de menor tamaño e contribuír ao seu desenvolvemento
O alumnado de 1º da ESO do colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense recibe o I Premio “Vídeos pola Igualdade” da Cátedra ALDABA-WIB
O galardón foi para o vídeo titulado “Supertech”, unha proposta creada polo estudantado que se enmarca nas actividades impulsadas pola Cátedra para promover a igualdade de xénero no ámbito tecnolóxico
Máis de 100 escolares do CEIP Curros Enríquez de Celanova participarán na elaboración dun mural da man de Afundación
Durante a xornada, o alumnado elaborará un mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes, decorará bolsas de tea con pinturas ecolóxicas e, como novidade este curso, participará nun obradoiro de estampaxe
Escolares do CEIP Saco e Arce participan nunha xornada de prevención de incendios na base de helicópteros da Merca
O alumnado asistiu a explicacións sobre as tarefas que desenvolve o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF), así como sobre as instalacións e medios cos que conta este operativo na provincia










