OurenseXa
O Festival RiR de Allariz remata a súa novena edición con máis público e unha comunidade de seguidores cada vez máis consolidada
O certame de curtametraxes de comedia rexistra un crecemento na asistencia tanto nas sesións a concurso como no resto de propostas culturais organizadas durante a semana do festival
Ourense estrea unha marquesiña provisional na estación de tren para dar cobertura á zona de taxis
A instalación, xa en funcionamento, protexe a zona de estacionamento de taxis mentres se desenvolven as obras de remodelación integral da terminal ourensá
O PSOE da Merca sostén que a Lei de Incompatibilidades se aplica a todo o persoal público, independentemente do seu tipo de contrato
O grupo municipal socialista lembra que a normativa afecta a todo o persoal que percibe retribución da administración pública, sexa cal sexa o seu vínculo laboral, no marco da controversia sobre as adxudicacións de residencias municipais
O Hospital Universitario de Ourense dá a benvida a un novo grupo de estudantes en prácticas de Medicina e de ciclos formativos
Un total de 46 mozos e mozas, procedentes da Universidade de Santiago de Compostela e de distintos ciclos formativos de grao superior, incorpóranse aos centros da área sanitaria para desenvolver a súa formación clínica ao longo do curso
O Festival RiR pecha a súa novena edición cun palmarés que recoñece o mellor do humor en formato curto
David Amor recibe o Premio 'RiR Contigo' nunha edición na que 'En Toronto no pasan estas cousas' gaña o Premio do Público e 'Le doute' é elixida mellor curta de ficción
A voz dos alcaldes: Raúl Soto, futuro rexedor de Nogueira de Ramuin
Raúl Soto, concelleiro de Turismo, Cultura e Deportes dende hai 24 anos, tomará o relevo de Julio Carlos Temes á fronte do Concello
Coles ten aberto o prazo de inscrición para as actividades deportivas do pavillón municipal
O programa reúne propostas para traballar a forza, a mobilidade, o equilibrio e o benestar físico durante a vindeira tempada
GaliciaXa
A Coruña e Lugo quedan sen alertas por calor este domingo, mentres Ourense mantén o aviso amarelo en Valdeorras
A alerta por altas temperaturas afectará unicamente a seis concellos da comarca ourensá
GaliciaXa
Oito responsables públicos de Ucraína chegarán a Ourense para formarse ante os retos da reconstrución
A delegación de Zakarpattia participará nun programa europeo que incluirá visitas a institucións, empresas e proxectos de Ourense e Galicia
Maceda ten unha cita cos coches clásicos o vindeiro domingo
A xornada comezará coa recepción dos participantes no castelo e continuará cun percorrido que contará con dúas paradas para realizar visitas e fotografías
Retirado en Pontedeva o valado que pechaba un camiño público en Trado tras a denuncia do PSOE ante a Fiscalía
O peche impedía o acceso a unha fonte de uso público; a Fiscalía Provincial de Ourense investiga posibles irregularidades na xestión municipal de terreos e camiños
O PSOE logra sacar adiante no Concello de Ourense dúas propostas para recuperar a Banda Municipal e esixir máis transparencia nas contas municipais
O pleno do Concello de Ourense respalda dúas iniciativas do PSOE: unha reclama un balance público dos investimentos, o remanente e os servizos sen contrato, e outra propón a volta da banda de música como servizo cultural estable
Avante Ourense reivíndicase como alternativa de esquerdas ante un pleno marcado polo comezo da precampaña electoral
A formación denuncia que o pleno municipal se converteu en escenario de cálculos electorais de cara a 2027, mentres reclama unha oposición coherente durante todo o mandato e non só nas vésperas das eleccións
O Festival RiR vivirá a súa xornada máis intensa coa gala que pon fin á novena edición
A programación do sábado combina literatura, música e cine familiar antes da Gala de Clausura, onde se coñecerá o palmarés oficial e se recoñecerá unha traxectoria vinculada á comedia
A Deputación de Ourense reedita en facsímile 'Dez cartas escritas pr'os gallegos', de Lamas Carvajal
A publicación chega á venda no ano en que se cumpren 120 anos do pasamento do escritor ourensán e 150 desde a creación da primeira cabeceira xornalística redactada integramente en galego
Barbadás abre a convocatoria de axudas para libros e material escolar de Educación Infantil
O prazo para solicitar as subvencións, de ata 100 euros por alumno, permanecerá aberto durante un mes tras a súa publicación no boletín provincial
Un partido solidario en O Couto recadará fondos para unha entidade ourensá de esclerose múltiple e párkinson
O estadio ourensán acollerá o vindeiro 16 de setembro un encontro entre un equipo da cidade e un combinado de xogadores locais, con entrada única de 5 euros e posibilidade de colaborar a través dunha fila 0
Pereiro de Aguiar prepara unha xornada de deporte e convivencia co xa tradicional Día da Bici
A cita, que se celebra este sábado, conta cun percorrido de 5 quilómetros, música, sorteos e actividades para toda a familia tras a ruta ciclista
Medra o rexeitamento social a un macroparque eólico que afectaría a varios concellos de Celanova e a Baixa Limia
Diversas alegacións presentadas por veciñanza, colectivos e concellos alertan do impacto acumulado sobre o territorio, da proximidade a núcleos habitados e das afeccións ambientais dunha instalación de 45 MW repartida entre cinco concellos
O PSdeG-PSOE da Merca amplía ante a Fiscalía a denuncia por un contrato millonario asinado en 2014 para unha residencia de maiores
A formación socialista rexistra a terceira ampliación da súa denuncia penal e pide a nulidade de pleno dereito da adxudicación, ao detectar presuntas irregularidades na contratación e na capacidade da empresa adxudicataria
O OUFF transforma por completo a súa sección Inédito e elimina as fronteiras xeográficas na súa 31ª edición
A histórica liña de programación do festival deixa de ceñirse a títulos xa comercializados que non chegaran ás salas da provincia para converterse nunha xanela ao mellor cinema recente, con tódalas sesións en Galicine (CC Ponte Vella)
Un parque eólico en Maceda e Montederramo, freado pola Xustiza, tramita a súa declaración de utilidade pública
O TSXG mantén suspendida cautelarmente esta instalación dende 2024, mentres a administración autonómica tramita en paralelo a solicitude de utilidade pública presentada pola promotora
O Concello de Melón traspasa temporalmente as funcións da Alcaldía polo período vacacional do rexedor
A resolución transfire durante un mes a totalidade das competencias municipais mentres dure a ausencia do máximo responsable do goberno local




