Novas de Ourense
Avante Ourense acode á Xunta, á Deputación e ao Estado por considerar “inútil e neglixente” a xestión ambiental de Jácome
A formación solicita apoio técnico e financiamento ás tres administracións ao considerar que o Concello carece dun plan integral de arborado e zonas verdes para a cidade
Colectivos de memoria histórica denuncian que o Subdelegado do Goberno non trasladou a súa petición sobre o futuro do vello cárcere de Ourense
Varias asociacións aseguran que a súa reunión coa Subdelegación tiña como obxectivo pedir a declaración do edificio como lugar de memoria, un propósito que, segundo denuncian, non quedou reflectido na comunicación oficial do encontro
Avante Ourense reclama un plan municipal contra a soidade non desexada
A proposta busca impulsar a detección temperá e o acompañamento das persoas afectadas na cidade e na provincia
Expourense pecha o Salón do Automóbil con 350 coches vendidos e máis de 11.000 visitantes
A feira, repartida en dúas citas dedicadas ao vehículo novo e ao de ocasión, logra segundo a organización as súas mellores cifras desde a pandemia e confirma o interese crecente dos compradores por este tipo de encontros
Asotrame organiza en Ourense unha charla sobre doazón de medula ósea co testemuño dunha supervivente de cancro
A sesión informativa inclúe o relato en primeira persoa dunha muller que superou un cancro hematolóxico tras recibir un transplante
O Hospital de Ourense forma a 18 residentes galegos en cirurxía da man con material real de quirófano
Dezaoito médicos internos residentes de Traumatoloxía de distintos hospitais de Galicia participan nunha formación que combina teoría con prácticas sobre modelos anatómicos, empregando placas e parafusos como os utilizados nas intervencións reais
Convocadas mobilizacións en toda Galicia tras o acontecido na protesta contra VOX na Coruña
As concentracións celebraranse o domingo 25, ás 12.00 horas, na Coruña, Vigo, Ourense, Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra
Avante Ourense propón devolver a Fonte de Oseira ao mosteiro se o Concello non garante a súa protección xunto á árbore de Nadal
A formación reclama unha solución que asegure a conservación deste elemento patrimonial ante a decisión municipal de manter a instalación navideña na praza onde se atopa
Alternativas na Xustiza denuncia que o 93,55 % do persoal de Xustiza en Ourense se queda sen formación presencial para o novo programa Atenea
O sindicato asegura que só 18 dos 279 empregados xudiciais da provincia recibirán clases presenciais antes de que o novo sistema de xestión substitúa por completo ao actual en febreiro de 2027
O PSOE de Ourense acusa á Xunta de presentar uns orzamentos que repiten proxectos e recortan investimento na provincia
A formación socialista sostén que as contas autonómicas para 2027 deixan sen resolver necesidades sanitarias, de mobilidade, vivenda e industria na provincia, e anuncia a presentación de emendas
Avante Ourense traslada á Fiscalía Europea as súas dúbidas sobre o contrato da Zona de Baixas Emisións
A formación pide que se revisen a contratación e o control dos fondos europeos ligados ao proxecto municipal, ante o que considera falta de transparencia por parte do Concello
A Deputación de Ourense detecta 16 tramos da súa rede viaria que concentran case unha quinta parte dos atropelos de fauna
Unha análise técnica sobre sinistralidade con animais nas estradas provinciais identifica os puntos de maior risco a partir dos datos rexistrados entre 2021 e 2025, co xabarín e o corzo como principais protagonistas dos accidentes
Ourense pon en marcha un programa para achegar a lectura aos escolares dende as bibliotecas municipais
A iniciativa prolongarase ata maio entre tres locais da cidade e implicará a alumnado de 19 colexios de Educación Primaria
O PP destaca os proxectos autonómicos previstos para Ourense en sanidade, vivenda e atención aos maiores en 2027
Os fondos previstos para a cidade superan os 399 millóns de euros, un 8,76 % máis que no exercicio anterior, con partidas destinadas ao hospital, á vivenda protexida e a servizos sociais, entre outros ámbitos
O FITO reúne no Campus de Ourense catro propostas escénicas galegas nunha xornada con premio do público
Unha iniciativa ligada ao festival dará a coñecer varios proxectos de creación teatral e deixará que sexa o público quen decida, co seu voto, cal recibe un recoñecemento económico
O PSOE denuncia que os orzamentos da Xunta repiten para Ourense promesas incumpridas dende hai anos
O partido asegura que as novas contas volven incluír proxectos xa anunciados en exercicios anteriores, como o plan director do CHUO ou a circunvalación leste, sen que se cumprisen os compromisos previos
Adxudicadas por 11,7 millóns de euros as obras da vía que unirá Bemposta coa N-525 en Ourense
O novo vial, de 1,5 quilómetros, discorrerá polos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas e completará a circunvalación sur da cidade conectando coa N-525 e coa A-52
Eventos
O BNG reivindica en Ourense o cumprimento dos seus compromisos de cara ás eleccións do 29N
Representantes da formación nacionalista defenderon nun encontro informativo a necesidade de reforzar a súa presenza institucional para incrementar a capacidade de presión a favor dos intereses galegos
Ourense recibirá unha sesión para a expedición de certificados dixitais o 6 de novembro
A cita, con inscrición previa, está dirixida a toda a cidadanía, aínda que presta especial atención ás persoas estranxeiras inmersas no proceso extraordinario de regularización
Duarte Correa Piñeiro presenta este mércores en Ourense o libro 'O imperialismo no século XXI'
O acto terá lugar o vindeiro mércores ás 20.15 horas no Café Cultural Auriense, cun espazo dedicado a analizar as dinámicas de poder que marcan as relacións internacionais actuais
O PSOE de Ourense rexeita no pleno o alumeado de Nadal e a futura normativa da piscina das Burgas
A formación socialista argumenta que o contrato das luces de Nadal volve tramitarse de forma irregular e considera que a futura tarifa da piscina termal resulta excesiva para as familias da cidade
Adxudicado por máis de 2,1 millóns de euros o subministro de implantes de columna para os hospitais de Ourense, Verín e O Barco
O contrato, repartido en 19 lotes, contempla a compra de máis de 7.700 unidades entre conectores, barras e mallas destinadas a intervencións cirúrxicas de columna na área sanitaria ourensá
Ourense xa quenta motores para a súa primeira noite de 'Queen is Back'
O Auditorio Municipal acollerá este sábado unha gala de máis de dúas horas e media cos grandes éxitos da banda británica
Ourense prepara os detalles do partido solidario contra o cancro de mama que se xoga este xoves en Oira
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía e o combinado Mulleres de Ourense saltarán ao céspede o 22 de outubro baixo o lema 'Tomámolo a peito'










