Novas de Ourense
O festival itinerante 'UFF! Urban Femme Fest' fará parada en Ourense o 7 de novembro
A cita, dedicada ao talento urbano feminino, recalará no Auriense Café Cultural con tres artistas no escenario, un día despois de iniciar o seu percorrido en Santiago de Compostela
Martín Gil, elixido novo presidente de Novas Xeracións do PP de Ourense co 98,5 % dos votos
O IX Congreso Provincial da organización xuvenil reuniu máis de 200 mozos e serviu para presentar unha nova etapa centrada en ampliar a base social e achegar a política á mocidade
Ourense acollerá este sábado a 16ª Copa Deputación de loitas olímpicas para as categorías base
Oito clubs enfrontaranse no pavillón municipal de Oira nun formato de todos contra todos, con máis dun centenar de deportistas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín
Expourense reúne 20 concesionarios e máis de 300 vehículos na nova edición do seu Salón do Automóbil
A feira combina o apartado de vehículo novo cunha oferta centrada en impulsar a mobilidade eléctrica e renovar o parque automobilístico da provincia
O PSdeG de Ourense reclama políticas estables de apoio ao comercio local máis aló dun bono puntual
A oposición municipal socialista pide un plan continuo de apoio ao pequeno comercio e á vivenda, no canto de axudas puntuais que, ao seu xuízo, non deixan pegada na cidade
A Deputación de Ourense suma 66 comercios ao Plan de Lectura con axudas de ata 20 euros para a compra de libros
A institución provincial destina 350.000 euros a esta convocatoria, orientada a facilitar o acceso aos libros entre a cativada e a mocidade dos distintos concellos da provincia
A CEO reúne en Ourense a expertos para analizar como a intelixencia artificial está a cambiar a xestión de persoas nas empresas
Especialistas de distintos ámbitos coinciden en que a tecnoloxía se encarga das tarefas repetitivas, mentres que o criterio e a responsabilidade seguen a recaer nas persoas
SOS Sanidade organiza un debate público en Ourense sobre saúde mental e traballo
O encontro analizará as listas de espera en saúde mental, os factores de risco laboral e a atención psicolóxica no sistema sanitario
O Festival Internacional de Corais e Rondallas celebra en Ourense a súa XXI edición
A igrexa de Santa Teresita, no barrio ourensán de O Vinteún, será o sábado o escenario dunha nova cita musical coa participación de varias agrupacións corais e instrumentais
A Deputación de Ourense pon a proba os protocolos de seguridade do Teatro Principal cun simulacro de emerxencia
O exercicio, dirixido ao persoal e ao público presente, enmárcase no plan de autoprotección que a institución está a estender aos edificios provinciais
Seixalbo estrea unha axenda de outono con charlas, obradoiros e magostos ata decembro
A Asociación Cultural Agromadas e a Asociación Veciñal San Breixo organizan unha decena de actividades entre outubro e decembro, combinando divulgación, lecer infantil e encontros veciñais
Avante Ourense pide frear a árbore de Nadal para protexer a Fonte de Oseira
Francisco Diéguez reclama unha localización alternativa e garantías para evitar danos neste elemento histórico, pendente da súa declaración como BIC
OUFF 31: dez días nos que Ourense se proxectou a través do cine
Dun cartel con garza a unha gala de clausura entre a emoción e o palmarés de 'KIRO' e 'Club Kid': así foi a 31ª edición do Ourense Film Festival
Suso Seixo presenta en Ourense o libro 'O nacionalismo obreiro nacionalista galego' o martes 13 de outubro
A cita, organizada pola Agrupación Cultural Auriense, repasará a relación entre o movemento obreiro e o nacionalismo en Galicia a través dunha nova publicación
A comarca de Ourense concentra máis dun terzo do tráfico que circula polas estradas provinciais
O Plan de Aforos 2025 revela que a vía do polígono de San Cibrao das Viñas é a de maior intensidade de circulación, con case 18.000 vehículos ao día
O Paco Paz reforza os seus protocolos de emerxencia a través dun simulacro de evacuación
O exercicio, organizado no marco da implantación do Plan de Autoprotección, contou coa participación de traballadores, usuarios das actividades deportivas e persoal externo
Xosé Luís Méndez Ferrín gaña o V Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario
O xurado recoñece por unanimidade unha carreira que inclúe colaboracións en varios medios galegos e trece anos á fronte dunha sección semanal en prensa
A Fundación Cum Laude leva a cor da artista ourensá Lola Veiras aos seus espazos
A entidade impulsa unha nova mostra pictórica dentro do seu programa de humanización hospitalaria, que durante anos achegou a arte a espazos sanitarios
A revista Raigame percorre os lazos culturais entre Galicia e Bretaña no seu número 56
A publicación reúne traballos de 22 autores arredor de Castelao, o Camiño de Santiago, as linguas e o patrimonio das dúas fisterras atlánticas
Seis moedas históricas de Galicia custodiadas en Ourense reciben a declaración de Ben de Interese Cultural
As pezas, actualmente depositadas no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, están vinculadas ao período suevo e visigodo e aos reinados dos Reis Católicos e Felipe II
Avante Ourense aposta por un proxecto propio de cidade: "Hai que ser realistas, pero temos equipo"
O seu coordinador, Francisco Diéguez, asegura que nunca se lles propuxo negociar unha confluencia máis ampla, cuestiona que se descoñezan as medidas do candidato e avanza que o Consello de Coordinación só manexa dous escenarios: non presentarse ou presentarse en solitario.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense inaugura a exposición 'El aprendiz de arquero'
A nova proposta artística recrea escenas e iconos da historia da arte tomando como modelo ao fillo do autor, combinando o realismo e a abstracción en óleos e traballos en tinta
A oficina municipal da Ponte pechará dous días este mes e trasladará a súa atención ao Rexistro Xeral
Durante esas xornadas, os trámites de rexistro, padrón e atención á cidadanía atenderanse noutras dependencias municipais, no horario habitual
Ourense volve vestirse de rosa cun partido solidario contra o cancro de mama
A cita deportiva, que cumpre a súa sexta edición, celebrarase este mes no Campo Municipal de Oira co obxectivo de recadar fondos para a investigación oncolóxica



