Novas de Ourense
Seixalbo estrea unha axenda de outono con charlas, obradoiros e magostos ata decembro
A Asociación Cultural Agromadas e a Asociación Veciñal San Breixo organizan unha decena de actividades entre outubro e decembro, combinando divulgación, lecer infantil e encontros veciñais
Comezan as obras para reforzar os terraplés da N-525 ao seu paso por Ourense
Os traballos, que se prolongarán durante arredor de dous meses, obrigarán a modificar a circulación na contorna do quilómetro 236,6 da vía, polo que se aconsella empregar un itinerario alternativo pola A-52
Avante Ourense pide frear a árbore de Nadal para protexer a Fonte de Oseira
Francisco Diéguez reclama unha localización alternativa e garantías para evitar danos neste elemento histórico, pendente da súa declaración como BIC
OUFF 31: dez días nos que Ourense se proxectou a través do cine
Dun cartel con garza a unha gala de clausura entre a emoción e o palmarés de 'KIRO' e 'Club Kid': así foi a 31ª edición do Ourense Film Festival
Suso Seixo presenta en Ourense o libro 'O nacionalismo obreiro nacionalista galego' o martes 13 de outubro
A cita, organizada pola Agrupación Cultural Auriense, repasará a relación entre o movemento obreiro e o nacionalismo en Galicia a través dunha nova publicación
O OUFF proxecta en Ourense 'A invitación', con Penélope Cruz, unha semana antes da súa estrea nos cines
A cinta dirixida por Olivia Wilde, que soa con forza de cara aos vindeiros premios Óscar, proxectouse nun pase especial no Teatro Principal antes da súa chegada aos cines o 16 de outubro
A Asociación Española Contra o Cancro e o Campus de Ourense reforzan o seu compromiso conxunto coa saúde universitaria
As dúas entidades avanzan en novas vías de cooperación centradas na prevención, a promoción de hábitos saudables e a sensibilización fronte ao cancro entre a comunidade universitaria
O PSOE acusa a Jácome de pretender "mercar catro votos" cos dez millóns de euros en Bonos Comercio anunciados polo Goberno local
As socialistas preguntan polo impacto a longo prazo da medida e reclaman que parte do investimento se oriente a vivenda, comercio, accesibilidade e actividade económica
A II Travesía EuNadoPorEles e PorElas achega 1.518 euros a ALCER Ourense
A recadación, obtida a través das inscricións e da Fila Cero, permitirá manter o programa NutriALCER de atención nutricional para persoas con enfermidade renal
Avante Ourense aposta por un proxecto propio de cidade: "Hai que ser realistas, pero temos equipo"
O seu coordinador, Francisco Diéguez, asegura que nunca se lles propuxo negociar unha confluencia máis ampla, cuestiona que se descoñezan as medidas do candidato e avanza que o Consello de Coordinación só manexa dous escenarios: non presentarse ou presentarse en solitario.
A oficina municipal da Ponte pechará dous días este mes e trasladará a súa atención ao Rexistro Xeral
Durante esas xornadas, os trámites de rexistro, padrón e atención á cidadanía atenderanse noutras dependencias municipais, no horario habitual
Ourense estrea un novo grupo de Narcóticos Anónimos no barrio da Carballeira
A cidade suma así o seu terceiro grupo desta confraternidade, que dende 2011 ofrece reunións gratuítas e confidenciais para persoas con problemas de adicción
O Concello de Ourense renovará o asfaltado de sete zonas rurais cun investimento de 220.000 euros
As obras buscan mellorar o estado das vías, facilitar a circulación e reforzar a seguridade viaria en distintas parroquias e núcleos de poboación do municipio
A banca ourensá mobilízase contra a deterioración das súas condicións laborais
Representantes sindicais reclaman un sector máis responsable e rexeitan a presión para vender produtos financeiros que a clientela non solicita
A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense comeza o curso cunha cifra récord de 295 alumnos matriculados
O centro, que imparte debuxo e pintura, talla en madeira, modelado en barro e oleiría, atribúe o aumento de alumnado á ampliación do horario docente rexistrada nos últimos cursos
O PP propón aumentar as prazas de aparcamento e crear unha rede de aparcadoiros disuasorios en Ourense
A formación popular asegura que Jácome leva anos anunciando aparcadoiros disuasorios sen construílos, e defende combinar máis estacionamento cun transporte público eficaz
A Formación Profesional acada un récord histórico de matrícula en Galicia, con Ourense como provincia que máis medra
As ensinanzas de FP suman 75.383 estudantes este curso, case un 6 % máis que o anterior, con subas nas catro provincias e un forte impulso das modalidades máis novidosas, como a FP Acelerada ou a FP Dual Intensiva
Avante Ourense pide ao Concello analizar a creación dunha rede de carrís bici conectada na cidade
A formación reclama un estudo sobre trazados, seguridade e custos que permita definir unha implantación progresiva e coordinala coa Zona de Baixas Emisións
O Club Ourela de Ourense reúne a máis de 250 patinadores na Fase de Niveis disputada nos Remedios
A cita, celebrada durante dúas xornadas no Pavillón dos Remedios, xuntou representantes de 17 clubs das provincias de Ourense e Pontevedra




