OurenseXa
Avante Ourense aposta por un proxecto propio de cidade: "Hai que ser realistas, pero temos equipo"
O seu coordinador, Francisco Diéguez, asegura que nunca se lles propuxo negociar unha confluencia máis ampla, cuestiona que se descoñezan as medidas do candidato e avanza que o Consello de Coordinación só manexa dous escenarios: non presentarse ou presentarse en solitario.
Remata en Allariz unha nova edición da campaña 'Merca no teu comercio' coa entrega de premios aos participantes
A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio, percorre distintas localidades galegas sen grandes superficies comerciais para fomentar as compras nos negocios de barrio
O Pereiro de Aguiar avanza na rehabilitación da Casa de Ben-Cho-Shey
O proxecto conta cun investimento de 200.000 euros e permitirá acondicionar o inmoble para o seu futuro uso como espazo expositivo
GaliciaXa
Xosé Manuel Beiras, histórico referente do nacionalismo galego, falece aos 90 anos
Economista, profesor universitario, ensaísta e político, dedicou máis de medio século á vida pública galega e deixou unha pegada profunda en varias xeracións
Ourense volve vestirse de rosa cun partido solidario contra o cancro de mama
A cita deportiva, que cumpre a súa sexta edición, celebrarase este mes no Campo Municipal de Oira co obxectivo de recadar fondos para a investigación oncolóxica
O PP de Ourense pide transparencia sobre o parque de Coto de Canedo e recuperar o respecto institucional nos Plenos
A portavoz popular reclama a entrega da documentación solicitada sobre a actuación, valorada en 9,16 millóns de euros, e pide explicacións sobre o desenvolvemento dos últimos Plenos municipais
O Carballiño pon en marcha o seu viveiro de empresas tras a aprobación definitiva da ordenanza
O espazo, situado no Polígono Empresarial, abrirá a súa convocatoria nos próximos días para emprendedores e empresas de recente creación
Luis Menor anuncia unha candidatura forte tras coñecerse o pacto entre DO e o alcalde de Barbadás
O acordo alcanzado entre Democracia Ourensana e o rexedor de Barbadás reconfigura os apoios tanto no Concello como na Deputación, mentres o PP provincial critica a operación e adianta que presentará unha alternativa ao municipio
O Concello de Cortegada establece cortes nocturnos de auga ante a baixada de caudal nos seus mananciais
O subministro interromperase todas as noites no núcleo urbano mentres se manteña a situación de escaseza, co obxectivo de asegurar o abastecemento durante o día
O Concello de Ourense renovará o asfaltado de sete zonas rurais cun investimento de 220.000 euros
As obras buscan mellorar o estado das vías, facilitar a circulación e reforzar a seguridade viaria en distintas parroquias e núcleos de poboación do municipio
GaliciaXa
Que supoñen os dous decretos de vivenda aprobados polo Goberno central e como afectan ao alugueiro?
Os novos reais decretos-lei introducen cambios nos contratos de alugueiro, as prórrogas, os desafiuzamentos, os pisos turísticos, os alugueiros temporais e por habitacións, a fiscalidade e o acceso á primeira vivenda
GaliciaXa
Máis de 900 persoas retiraron 13 toneladas de lixo no marco da XIX Limpeza Simultánea de Ríos de Adega
O Proxecto Ríos, ao que se sumaron concellos das catro provincias, pide o compromiso das administracións para unha xestión sostible dos residuos e para o coidado dos nosos ecosistemas fluviais
Avante Ourense marca distancias coa nova coalición de esquerdas
A organización aclara que non participou nas negociacións nin na configuración do novo proxecto e anuncia que seguirá o seu propio camiño político de cara ás vindeiras eleccións
A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense comeza o curso cunha cifra récord de 295 alumnos matriculados
O centro, que imparte debuxo e pintura, talla en madeira, modelado en barro e oleiría, atribúe o aumento de alumnado á ampliación do horario docente rexistrada nos últimos cursos
O Pereiro de Aguiar destina 307.000 euros á rehabilitación do pavillón da Chaira
O Concello resultou beneficiario dunha axuda do Fondo de Cooperación Local da Xunta para actuar sobre as instalacións deportivas municipais
O obradoiro 'Santa Águeda IX' inicia a restauración do forno de Cimadevila en Amoeiro
Os traballos céntranse na recuperación desta infraestrutura tradicional e están sendo levados a cabo por alumnado en formación da especialidade de albanelaría
O PP propón aumentar as prazas de aparcamento e crear unha rede de aparcadoiros disuasorios en Ourense
A formación popular asegura que Jácome leva anos anunciando aparcadoiros disuasorios sen construílos, e defende combinar máis estacionamento cun transporte público eficaz
GaliciaXa
O BOE activa as eleccións do 29 de novembro, con Galicia mantendo os seus 23 escanos no Congreso
A convocatoria fixa para o 23 de decembro a constitución das novas Cortes e establece que a campaña electoral se desenvolverá do 13 ao 27 de novembro
Outros dous fallos favorables do TSXG relacionados con eólicos dan a razón ao Goberno autonómico
Ángeles Vázquez salienta que a última sentenza do Alto Tribunal galego non só aplica a mesma doutrina que o Supremo e a Xustiza europea senón que analiza a fondo toda a documentación e os informes das avaliacións ambientais
Avante Ourense pide ao Concello analizar a creación dunha rede de carrís bici conectada na cidade
A formación reclama un estudo sobre trazados, seguridade e custos que permita definir unha implantación progresiva e coordinala coa Zona de Baixas Emisións
O PP reclama explicacións aos concellos de Maceda e Montederramo pola perda dunha axuda para o camiño Verducedo-Santiso
Os populares sinalan que a falta de resposta a un requirimento administrativo deixou fóra da convocatoria un proxecto orzamentado en 65.287 euros que optaba a 50.000 euros da Xunta
O Carballiño da luz verde definitiva ao novo viveiro de empresas
O centro, situado na Área Empresarial, ofrecerá espazo e servizos a novas compañías industriais durante un máximo de catro anos
A ampliación do parque empresarial de Pereiro de Aguiar avanza coa redacción do proxecto para adquirir os terreos
A terceira fase permitirá sumar case 231.000 metros cadrados ao polígono cun investimento previsto de 19,8 millóns de euros




