OurenseXa
O Carballiño protagoniza a presentación da oitava novela do detective Frank Soutelo
A nova entrega, ambientada na propia vila, aborda temas de actualidade como o feminicidio, os abusos e a inmigración
O PSOE de Ourense celebra a revisión das axudas de libros e comedor e reclama ampliar Xantar na Casa
Convocarase proximamente o órgano municipal encargado de actualizar os criterios destas axudas, mentres o servizo de comida a domicilio esgota xa as súas prazas dispoñibles e as axudas de emerxencia social afrontan centenares de solicitudes pendentes con fondos limitados
A IXP Pan de Cea, a máis antiga de España no seu sector, achégase ao millón de euros en valor certificado
Esta indicación de calidade ourensá, que agrupa a unha ducia de obradoiros, combina tradición artesanal e recoñecemento internacional, mentres a conservación de variedades autóctonas de trigo segue vinculada á súa elaboración
O colexio Ben-Cho-Shey amplía as súas instalacións cun investimento de máis de 2 millóns de euros
O centro incorpora novas aulas e espazos para atender ao preto de 300 alumnos e alumnas matriculados, mentres avanza o proxecto do futuro instituto do municipio
A Escola de Gaitas de Cea ten aberto o prazo de inscrición para novos alumnos de gaita e percusión
A entidade ofrece clases de iniciación en dúas localizacións, sen límite de idade, ademais dos ensaios das súas formacións infantil e interxeracional
Ribadavia acolle unha mostra de retratos de persoas e animais feitos a tinta e puntillismo
A mostra poderá visitarse na Igrexa da Madalena ata o vindeiro 27 de setembro
O Pereiro de Aguiar celebrará este venres o espectáculo de maxia de Pablo Estévez
A actividade, enmarcada na rede de auditorios provincial de Ourense, terá lugar o vindeiro venres ás 18.30 horas
Barbadás pon en marcha un novo obradoiro de emprego dual en aproveitamentos forestais e atención sociosanitaria
A iniciativa formativa ofrecerá dous certificados profesionais de nivel 2 dirixidos a persoas desempregadas que cumpran unha serie de requisitos de acceso
AFAOR instala unha mesa informativa no Carballiño polo Mes do Alzhéimer
A iniciativa busca achegar á poboación carballiñesa o labor de apoio ás persoas afectadas e ás súas familias
GaliciaXa
O Consello da Xunta aproba o novo proxecto de residencias de maiores para a creación de 25 centros con 1.800 prazas
A maiores, a iniciativa contempla outros 24 equipamentos repartidos en 12 lotes, cada un deles composto por unha residencia de máis de 100 prazas e por outra de menor tamaño que estará situada nun concello próximo
O Carballiño encara os días grandes das festas de San Cibrao
A localidade vive esta semana os actos centrais en honra ao seu patrón, con dúas tiradas de fogos de artificio, actuacións musicais e a Festa da Xuventude entre as citas máis agardadas
Ourense presenta a programación musical das Festas de San Francisco 2026
A rúa Pena Trevinca acollerá tres actuacións musicais entre o 2 e o 4 de outubro, nun programa festivo que tamén inclúe as tradicionais barracas e atraccións
Avante Ourense propón endurecer os requisitos para pasar de curso en Primaria e ESO
A formación traslada a proposta aos deputados galegos no Congreso, dentro dun novo paquete de medidas educativas que se irá dando a coñecer nas próximas semanas
Xunqueira de Espadanedo celebrará un obradoiro sobre hábitos de vida saudable o 30 de setembro
A actividade, pensada para a cidadanía, celebrarase no Salón de Actos do municipio ourensán co obxectivo de achegar pautas para mellorar os hábitos cotiáns dos veciños
A conta atrás para o Our Fest 2026 entra na súa recta final
Expourense prepárase para vivir o vindeiro 19 de setembro unha xornada musical con sete propostas ben diferentes
Aberto o prazo de inscrición para as novas clases de música moderna en Allariz
A Casa da Mocidade pon en marcha unha nova edición do curso, con distintas modalidades para aprender un instrumento ou tocar en conxunto.
A Peroxa retoma en setembro as súas sesións de pilates, ximnasia e memoria dirixidas ás mulleres do municipio
O programa inclúe sesións de actividade física e encontros de estimulación cognitiva en distintos núcleos do municipio, coa inscrición aberta a través do Concello
Allariz acollerá o 20 de setembro unha gymkana de orientación sobre corresponsabilidade familiar
A actividade, aprazada desde maio, propón un xogo de orientación en equipo para fomentar a colaboración entre familias
Cudeiro estrea unha pasarela peonil de 54 metros sobre o rego Val dos Gozos
A infraestrutura permite completar un itinerario continuo na estrada OU-150 e evita que os peóns teñan que atravesar a ponte para desprazarse pola zona
UCIN Galicia cuestiona a funcionalidade da nova marquesiña instalada na estación de tren de Ourense
A organización alerta de que a altura e o deseño da instalación impiden que cumpra a súa función básica de resgardo, e pide explicacións sobre como se autorizou
A terceira edición da BTT A Peroxa regresa este domingo
A proba de ciclismo de montaña terá lugar este domingo e contará con dúas rutas, de 30 e 40 quilómetros, con desniveis positivos de 800 e 1.200 metros, respectivamente
O Auditorio Municipal de Ourense recibirá o musical 'Barnum - The First Showman' en xaneiro de 2027
A produción, inspirada na figura do empresario circense P.T. Barnum, combina interpretación en directo, coreografías e recursos audiovisuais de gran formato
O PP de Ourense denuncia que o novo curso universitario comeza coa mesma falta de conexión en transporte público entre a cidade e o Campus
Segundo o partido político, o inicio do curso académico volve poñer de manifesto as carencias na comunicación en autobús entre o centro urbano e o recinto universitario




