Concello
O PSOE acusa a Jácome de pretender "mercar catro votos" cos dez millóns de euros en Bonos Comercio anunciados polo Goberno local
As socialistas preguntan polo impacto a longo prazo da medida e reclaman que parte do investimento se oriente a vivenda, comercio, accesibilidade e actividade económica
Javier Rodríguez Rajo será o candidato do PP á alcaldía de Barbadás nas municipais de 2027
O novo presidente da xestora local e anterior vicerreitor do Campus de Ourense sitúa entre as súas prioridades mellorar as infraestruturas, atender as necesidades de maiores e mozos e reactivar o comercio
O Concello de Cortegada establece cortes nocturnos de auga ante a baixada de caudal nos seus mananciais
O subministro interromperase todas as noites no núcleo urbano mentres se manteña a situación de escaseza, co obxectivo de asegurar o abastecemento durante o día
O Pereiro de Aguiar destina 307.000 euros á rehabilitación do pavillón da Chaira
O Concello resultou beneficiario dunha axuda do Fondo de Cooperación Local da Xunta para actuar sobre as instalacións deportivas municipais
Toén estrea a Praza do Labardeiro en Mugares
O Concello incorpora un novo espazo público con esta denominación, vinculada á tradición e á identidade local, situado fronte á Fonte do Tellado
Barbadás revisa o servizo de transporte urbano trala recepción de queixas veciñais por saturación en certos horarios
O Concello solicitou datos á empresa concesionaria sobre o número de viaxeiros e os posibles picos de afluencia nas franxas horarias do mediodía
O PSdeG de Barbadás buscará alternativas para garantir a gobernabilidade no municipio
As cinco concelleiras socialistas explorarán co resto de grupos vías para garantir o funcionamento do Concello tras a saída de Democracia Ourensana do executivo
O pleno de Quintela de Leirado aproba inicialmente unha modificación do orzamento municipal
O acordo, que redistribúe fondos xa previstos, queda exposto 15 días a posibles alegacións
Pereiro de Aguiar aproba a nova RPT e unha modificación de crédito de 400.000 euros
A modificación orzamentaria permitirá financiar diversas melloras no municipio, entre elas actuacións nas canchas deportivas e o cambio do céspede do campo da Carabina
O Pereiro de Aguiar reforza os traballos de limpeza e mantemento en estradas e núcleos urbanos
Os traballos inclúen o desbroce e limpeza de 87 hectáreas, actuacións en máis de 170 quilómetros de estradas e pistas e o acondicionamento dos núcleos urbanos
Quintela de Leirado abre o prazo para revisar o recibo da auga do segundo trimestre
O Concello somete a exposición pública a lista cobratoria da taxa doméstica da auga e do canon autonómico correspondente, antes de iniciar o período de pagamento voluntario
Avante Ourense propón unha tarxeta xove única e o pagamento con tarxeta bancaria nos autobuses urbanos
A formación presentou no Concello un conxunto de propostas para simplificar o acceso ao transporte público, cunha tarxeta xuvenil unificada e sistemas de pagamento contactless a bordo dos autobuses
Xunqueira de Espadanedo abre as axudas para material escolar de Infantil con 80 euros por alumno
As familias con fillos matriculados no segundo ciclo de Educación Infantil disporán dun mes para presentar as súas solicitudes de xeito telemático
O Carballiño acollerá o sábado máis de 40 coches clásicos na cuarta edición da súa gran concentración automobilística
A cita comezará na Praza da Veracruz cun percorrido por varios puntos da comarca e rematará pola tarde na Praza Maior, onde os vehículos quedarán expostos ao público
Aberto o prazo de inscrición para as novas clases de música moderna en Allariz
A Casa da Mocidade pon en marcha unha nova edición do curso, con distintas modalidades para aprender un instrumento ou tocar en conxunto.
Maside abre o prazo de exposición pública dos recibos de auga, saneamento e canon correspondentes ao quinto bimestre de 2025
O Concello concede un mes para presentar alegacións antes de iniciar o cobro en período voluntario, que se desenvolverá entre outubro e novembro
O Concello de Pontedeva somete a exposición pública a conta xeral do exercicio 2025
O documento, xa informado pola comisión especial correspondente, poderá ser consultado polas persoas interesadas, que disporán dun prazo adicional de oito días para presentar reclamacións ou alegacións
Eventos
Barbadás presenta o Plan de Obras 2026 cun investimento de 3,3 millóns de euros
As actuacións previstas buscan mellorar infraestruturas deportivas, viais, zonas verdes e parques infantís en practicamente todo o concello
A Deputación de Ourense aproba preto de 1,4 millóns de euros en 35 subvencións para concellos e entidades da provincia
As axudas, repartidas en dous grandes bloques, destínanse a mellorar infraestruturas, servizos e espazos públicos municipais, así como a reforzar a colaboración con entidades do ámbito deportivo e social da provincia
A voz dos alcaldes: Raúl Soto, futuro rexedor de Nogueira de Ramuin
Raúl Soto, concelleiro de Turismo, Cultura e Deportes dende hai 24 anos, tomará o relevo de Julio Carlos Temes á fronte do Concello
Derradeiros días para solicitar as axudas municipais destinadas á compra de material escolar en Baños de Molgas
As solicitudes poderán presentarse até o 30 deste mes
O Concello de Melón traspasa temporalmente as funcións da Alcaldía polo período vacacional do rexedor
A resolución transfire durante un mes a totalidade das competencias municipais mentres dure a ausencia do máximo responsable do goberno local
Barbadás retoma a súa cita comercial mensual coa Feira do 2 na Valenzá
O Paseo dos Amieiros acolle este mércores a primeira edición do mercado tras o verán, cunha variada oferta de postos e a tradicional pulpeira
Ourense estrea nova empresa para a recollida de residuos e a limpeza viaria
O servizo comeza hoxe cun contrato de dez anos que irá incorporando maquinaria renovada de forma progresiva nos vindeiros meses










