Concello
Movemento Sumar Galicia esixe a dimisión inmedianata de Jácome
Sinalan que a cidade non pode seguir soportando unha situación de “degradación institucional” e afirman que “non se trata só dunha cuestión xudicial, senón dunha cuestión de dignidade democrática e de responsabilidade política”
O BNG celebra a anulación do cesamento da tesoureira municipal e carga contra política de Jácome
Sinalan que a sentenza “evidencia” que “a política de persoal de Jácome baséase nas ameazas, no acoso e na intimidación” e lamentan que “o nome de Ourense volva ser de novo portada” polos comportamentos do alcalde, referíndose á súa imputación por presunta prevaricación
A xustiza anula o cesamento da tesoureira municipal do Concello de Ourense
O fallo condena ao Concello á reincorporación inmediata da recorrente ao seu posto de traballo e recoñece o dereito da traballadora a percibir todos os efectos económicos e administrativos derivados desta decisión
Imputan a Jácome por presunta prevaricación ao non solicitar a compatibilidade entre os seus ingresos públicos e privados
O xuíz considera que Jácome actuou de forma “arbitraria” e “carente de respaldo legal”, ao non ter solicitado dita compatibilidade ante o Pleno
Pereiro de Aguiar presenta unha vintena de actividades culturais para os vindeiros meses
Teatro, música, espectáculos familiares e festas encherán a vila até o nadal
O PSdeG de Barbadás propón un plan de pacificación do tráfico para mellorar a seguridade viaria
As socialistas defenderán no pleno un plan de mobilidade centrado especialmente na seguridade dos desprazamentos entre os colectivos máis vulnerables e en liña cos obxectivos da Axenda 2030
O BNG denuncia impagos ao persoal do guindastre municipal de Ourense e reclama unha solución urxente
A formación nacionalista apunta a unha situación máis ampla no Concello, con atrasos nos pagos a provedores, paralización de obras e débedas con traballadores municipais
O PSdeG presenta emendas á ordenanza urbanística de Ourense
Reclaman garantir o control público e garantir a mercantilización das licenzas
O PSdeG critica a xestión das políticas conciliación durante Semana Santa por parte do executivo de Pérez Jácome
Lamentan que o programa foi “insuficiente, con menos prazas das necesarias e sen garantir unha cobertura equilibrada”
Allariz e Taboadela asinan un convenio de cooperación en materia de augas
O acordo reforza a colaboración entre ambas administracións para avanzar na xestión conxunta do abastecemento e depuración
Toén pon en marcha un plan para solucionar os cortes e microcortes de subministro eléctrico no municipio
O Concello busca reducir este tipo de avarías que se veñen producindo no municipio, especialmente na liña de media tensión
A oposición volve tumbar a ordenanza das Burgas proposta polo Concello
PP, PSOE e BNG critican con dureza a intención de Pérez Jácome de cobrar 7 euros polo uso deste espazo, pechado dende hai seis anos.
A oposición reclama a Jácome información urxente pola paralización das obras da Avenida de Portugal
PP, PSOE e BNG presentan unha moción conxunta ante a paralización dos traballos instan ao goberno local a ofrecer información detallada sobre o estado do expediente e a adopción de medidas urxentes
En marcha os traballos de xestión da biomasa en varios núcleos de San Cibrao das Viñas
As intervencións abarcan un total de 25 hectáreas en Outeiro Calvo, no Polígono Comercial Barreiros e en partes das parroquias de Ponte Noalla, San Ildefonso e San Andrés de Rante
Amoeiro remata os traballos de humanización da Praza da Concordia, en Parada
A actuación contou cun investimento total de 104.000 euros financiados entre a Deputación e o Concello
O TSXG avala a supresión dos premios de xubilación ao persoal do Concello de Ourense
A resolución xudicial rexeita a reclamación presentada por un ex traballador municipal que solicitaba o cobro desta gratificación
O Concello de Ourense impulsa novas ordenanzas sobre avaliación de edificios e entidades certificadoras
Os documentos serán remitidos aos grupos políticos municipais previamente á súa aprobación inicial
O PSdeG de Ourense pide á oposición apoiar a retirada do proxecto orzamentario do CMD e da ordenanza da piscina das Burgas
Ambas cuestións serán aboradadas nun pleno extraordinario e urxente convocado polo equipo de Goberno de Gonzalo Pérez Jácome
O BNG esixe unha solución urxente á paralización das obras na Avenida de Portugal e pide explicacións a Jácome
Solicitan ao alcalde aclarar se coñecía a situación de insolvencia da empresa




