Concello
O PSdeG de Ourense critica o orzamento municipal de 2026 e alerta de “carencias técnicas” e “falta de planificación”
Alertan da ausencia de informe de Intervención e dun plan económico-financeiro “anticipado e cuestionable”
Comezan os traballos de mellora do parque infantil da Praza Taboada Chivite, en Vistafermosa
A actuación permitirá actualizar un espazo de uso habitual para as familias do barrio, reforzando aspectos como a accesibilidade, a seguridade e a calidade ambiental
Taboadela comeza a recuperación do Pombar da Reitoral
A actuación ten como obxectivo a conservación e posta en valor desta construción tradicional
Baños de Molgas creará un listado oficial de vivendas en venda para facilitar a repoboación do municipio
Con esta medida, o Concello busca favorecer a chegada de novos veciños ao municipio, facilitando o acceso á vivenda
O proxecto Re-Habilita Rural Lab logra resolver máis de 50 consultas sobre xeolocalización e mapeo de vivendas na primeira semana
Entre as principais conclusións, destaca que o 74% das vivendas analizadas precisan reformas importantes ou se atopan en estado de ruína, o que evidencia a necesidade de actuacións neste ámbito
Ourense e a localidade andorrana de Escaldes-Engordany analizan novas vías de colaboración
Representantes institucionáis de ambos municipios mantiveron un encontro centrado no intercambio de experiencias sobre a xestión municipal dos recursos termais
O Concello da Merca continúa cos traballos de mellora da rede de abastecemento
As intervencións levadas a cabo buscan reducir perdas de auga e optimizar o servizo
Movemento Sumar Galicia esixe a dimisión inmedianata de Jácome
Sinalan que a cidade non pode seguir soportando unha situación de “degradación institucional” e afirman que “non se trata só dunha cuestión xudicial, senón dunha cuestión de dignidade democrática e de responsabilidade política”
O BNG celebra a anulación do cesamento da tesoureira municipal e carga contra política de Jácome
Sinalan que a sentenza “evidencia” que “a política de persoal de Jácome baséase nas ameazas, no acoso e na intimidación” e lamentan que “o nome de Ourense volva ser de novo portada” polos comportamentos do alcalde, referíndose á súa imputación por presunta prevaricación
O PSdeG pide a Jácome que abandone a alcaldía de Ourense tras ser imputado por presunta prevaricación
“Ourense non pode ter un alcalde que sitúe os seus intereses persoais por riba do interese xeral nin que ignore de maneira consciente as obrigas legais do seu cargo”, aseguran nun comunicado
Imputan a Jácome por presunta prevaricación ao non solicitar a compatibilidade entre os seus ingresos públicos e privados
O xuíz considera que Jácome actuou de forma “arbitraria” e “carente de respaldo legal”, ao non ter solicitado dita compatibilidade ante o Pleno
O BNG cuestiona a xestión municipal dos gobernos de Jesús Vázquez e Pérez Jácome no conflito da Praza de Abastos
Celebran a sentenza da Audiencia Nacional pola que o Concello recuperará 1,4 millóns da subvención deste espazo pero consideran que evidencia que o procedemento foi “un auténtico despropósito”
O PSdeG de Ourense pide explicación polas actuacións levadas a cabo nas fontes da Praza das Mercedes
Critican a “falta de transparencia e diálogo” por parte do Goberno de Pérez Jácome, que non informou previamente desta actuación, e o malestar que está a causar entre veciños e hostaleiros
O PSdeG de Barbadás propón un plan de pacificación do tráfico para mellorar a seguridade viaria
As socialistas defenderán no pleno un plan de mobilidade centrado especialmente na seguridade dos desprazamentos entre os colectivos máis vulnerables e en liña cos obxectivos da Axenda 2030
O BNG denuncia impagos ao persoal do guindastre municipal de Ourense e reclama unha solución urxente
A formación nacionalista apunta a unha situación máis ampla no Concello, con atrasos nos pagos a provedores, paralización de obras e débedas con traballadores municipais
O PSdeG presenta emendas á ordenanza urbanística de Ourense
Reclaman garantir o control público e garantir a mercantilización das licenzas
O Concello de Pereiro de Aguiar reforza a prevención contra a Vespa velutina
Durante as últimas semanas estase a desenvolver unha campaña intensiva de trampeo en colaboración co GES.
Allariz e Taboadela asinan un convenio de cooperación en materia de augas
O acordo reforza a colaboración entre ambas administracións para avanzar na xestión conxunta do abastecemento e depuración
O Concello de Ourense anuncia a renovación de 40 parques infantís da cidade
Este xoves inaugurouse a nova área de xogos infantís do parque José Cornide, cun investimento de 46.000 euros
As socialistas reclaman máis información sobre o proxecto de ordenanza reguladora de avaliación de edificios
Advirten de que a ordenanza terá un impacto directo na veciñanza polo que esixen ampliar o prazo de presentación de propostas así como coñecer toda a documentación para analizar en profundidade o texto
Pereiro de Aguiar aproba un orzamento cercano aos 7,5 millóns de euros centrado nos servizos públicos
Entre as principais liñas de actuación recollidas nas contas municipais figura o reforzo dos servizos sociais, a mellora de infraestruturas e a humanización das parroquias
Jácome négase a dar explicacións sobre a situación da Avenida de Portugal durante o pleno
PP, PSOE e BNG pediron explicacións ao alcalde tras a paralización dos traballos, pero o rexedor rexeitou a petición, que terá que ser levada ao pleno de abril
A oposición reclama a Jácome información urxente pola paralización das obras da Avenida de Portugal
PP, PSOE e BNG presentan unha moción conxunta ante a paralización dos traballos instan ao goberno local a ofrecer información detallada sobre o estado do expediente e a adopción de medidas urxentes
En marcha os traballos de xestión da biomasa en varios núcleos de San Cibrao das Viñas
As intervencións abarcan un total de 25 hectáreas en Outeiro Calvo, no Polígono Comercial Barreiros e en partes das parroquias de Ponte Noalla, San Ildefonso e San Andrés de Rante



