Concello
Baños de Molgas retoma os obradoiros de memoria con sesións semanais ata decembro
A actividade, aberta a todas as idades, arrincará o próximo 13 de outubro e repartirase entre varias parroquias do municipio ata comezos de decembro
BNG e PSdeG cuestionan o regreso de Democracia Ourensana ao goberno de Barbadás e acusan a Valcárcel de someterse "aos intereses de Jácome"
Mónica Valencia e Victoria Morenza critican o novo apoio de DO ao alcalde Xosé Carlos Valcárcel e consideran que o acordo responde a intereses políticos e de continuidade no poder
O Concello de Ourense retoma os Bonos Comercio para impulsar o consumo local
O goberno local tramita unha modificación orzamentaria para poñer en marcha unha segunda edición desta axuda ao consumo no comercio e na hostalaría da cidade
O Concello de Cortegada establece cortes nocturnos de auga ante a baixada de caudal nos seus mananciais
O subministro interromperase todas as noites no núcleo urbano mentres se manteña a situación de escaseza, co obxectivo de asegurar o abastecemento durante o día
O Pereiro de Aguiar destina 307.000 euros á rehabilitación do pavillón da Chaira
O Concello resultou beneficiario dunha axuda do Fondo de Cooperación Local da Xunta para actuar sobre as instalacións deportivas municipais
Maside somete a exposición pública o orzamento municipal para 2026
O documento, aprobado de xeito inicial, inclúe tamén o cadro de persoal e a relación de postos de traballo do Concello
O Concello de Ourense aproba definitivamente o orzamento de 2026 e desbloquea o pago de 11,5 millóns a provedores
O pleno extraordinario celebrado hoxe sacou adiante as contas do vindeiro exercicio cos votos en contra do PP e do BNG e a ausencia do PSOE, nunha sesión na que tamén se desbloqueou o pago de facturas pendentes a empresas da cidade
Ourense xa ten empresa para instalar as luces do Nadal de 2026
O contrato, que se executará en réxime de aluguer, ascende a 748.543,21 euros e inclúe melloras como arcos, motivos suplementarios e elementos tridimensionais en cinco rúas
O Concello de Avión busca fotografías para o seu calendario municipal de 2027
O prazo para presentar as imaxes, que deben amosar paisaxes, patrimonio ou tradicións do municipio, remata o 31 de outubro
Pereiro de Aguiar aproba a nova RPT e unha modificación de crédito de 400.000 euros
A modificación orzamentaria permitirá financiar diversas melloras no municipio, entre elas actuacións nas canchas deportivas e o cambio do céspede do campo da Carabina
Bearíz porá en marcha unha taxa para usar a pista de pádel e revisa o prezo dos trámites administrativos
Os veciños teñen agora a oportunidade de revisar ambas as propostas e presentar alegacións antes de que se convertan en normativa definitiva
Xunqueira de Espadanedo contará cun novo servizo de autobús baixo demanda ata Ourense
O novo traxecto, que funcionará baixo reserva previa, permitirá aos veciños destas localidades desprazarse ata a capital ourensá de luns a venres, con bonificacións para maiores de 65 anos e menores de 21
Avante Ourense propón unha tarxeta xove única e o pagamento con tarxeta bancaria nos autobuses urbanos
A formación presentou no Concello un conxunto de propostas para simplificar o acceso ao transporte público, cunha tarxeta xuvenil unificada e sistemas de pagamento contactless a bordo dos autobuses
Xunqueira de Espadanedo abre as axudas para material escolar de Infantil con 80 euros por alumno
As familias con fillos matriculados no segundo ciclo de Educación Infantil disporán dun mes para presentar as súas solicitudes de xeito telemático
A Deputación de Ourense destina máis de 1,3 millóns de euros a cooperación con concellos e entidades e convoca o II Plan de Lectura
A institución provincial aproba unha trintena de subvencións para infraestruturas, emerxencias e actividades sociais, culturais e deportivas, ademais das bases da segunda edición do plan para o fomento da lectura entre menores
Nogueira de Ramuín chama á veciñanza a unha xuntanza sobre a súa Axenda Urbana
O encontro, fixado para o vindeiro 17 de setembro, pretende recoller as achegas da veciñanza sobre o futuro do municipio
Maside abre o prazo de exposición pública dos recibos de auga, saneamento e canon correspondentes ao quinto bimestre de 2025
O Concello concede un mes para presentar alegacións antes de iniciar o cobro en período voluntario, que se desenvolverá entre outubro e novembro
Eventos
Ourense retrotrae a adxudicación do transporte urbano por resolución do TACGAL
O organismo de control da contratación pública galega estimou parcialmente os recursos presentados contra o acordo previsto para o período 2026-2031 e ordenou revisar determinados aspectos do expediente
A Peroxa pon en marcha o seu programa de conciliación familiar para o curso 2026-2027
O programa de conciliación familiar arrinca este mes e as persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición a través do Concello
A Mancomunidade Santa Águeda estrea un roupeiro solidario para o intercambio gratuíto de roupa
O novo servizo, aberto aos veciños dos catro concellos da mancomunidade, permite traer prendas en desuso e levar outras sen custo
Esgos pon en marcha un servizo de avisos por WhatsApp sobre as súas actividades
As persoas que o desexen poderán recibir no seu móbil, a través de WhatsApp, a información sobre as actividades que se organizan, mediante un sinxelo trámite de alta
Derradeiros días para solicitar as axudas municipais destinadas á compra de material escolar en Baños de Molgas
As solicitudes poderán presentarse até o 30 deste mes
A Peroxa prepárase para as festas de Carracedo, do 11 ao 13 de setembro
A parroquia celebrará tres xornadas de actos relixiosos e verbenas, con orquestras, comidas populares e unha sesión de disco móbil como remate
Barbadás retoma a súa cita comercial mensual coa Feira do 2 na Valenzá
O Paseo dos Amieiros acolle este mércores a primeira edición do mercado tras o verán, cunha variada oferta de postos e a tradicional pulpeira










