Infraestructuras
Comezan as obras para reforzar os terraplés da N-525 ao seu paso por Ourense
Os traballos, que se prolongarán durante arredor de dous meses, obrigarán a modificar a circulación na contorna do quilómetro 236,6 da vía, polo que se aconsella empregar un itinerario alternativo pola A-52
A comarca de Ourense concentra máis dun terzo do tráfico que circula polas estradas provinciais
O Plan de Aforos 2025 revela que a vía do polígono de San Cibrao das Viñas é a de maior intensidade de circulación, con case 18.000 vehículos ao día
O Pereiro de Aguiar avanza na rehabilitación da Casa de Ben-Cho-Shey
O proxecto conta cun investimento de 200.000 euros e permitirá acondicionar o inmoble para o seu futuro uso como espazo expositivo
O Concello de Ourense renovará o asfaltado de sete zonas rurais cun investimento de 220.000 euros
As obras buscan mellorar o estado das vías, facilitar a circulación e reforzar a seguridade viaria en distintas parroquias e núcleos de poboación do municipio
O obradoiro 'Santa Águeda IX' inicia a restauración do forno de Cimadevila en Amoeiro
Os traballos céntranse na recuperación desta infraestrutura tradicional e están sendo levados a cabo por alumnado en formación da especialidade de albanelaría
O Pereiro de Aguiar continúa cos traballos de mellora das pistas deportivas municipais
As actuacións xa chegaron ás instalacións de Tapada de Bouzas e Vilariño e continuarán en diferentes puntos do concello
A canella Jorge Ferreiro e a praza da Eiriña serán renovadas
As obras, financiadas nun 70% pola Xunta a través do Plan Hurbe, permitirán mellorar o saneamento, o alumeado, a pavimentación e o mobiliario urbano
A rúa Isaac Piñeiro Varela de Ourense terá un carril pechado o luns e o martes por obras de asfaltado
Habilitarase un paso alternativo nos dous sentidos, regulado por persoal sinalista, para non afectar á mobilidade na zona
GaliciaXa
Renfe aumenta máis dun 24% a oferta diaria de Media Distancia no Eixo Atlántico a partir do 15 de outubro
O ‘Plan Galicia’ incorpora trens con maior capacidade, novos servizos e cambios horarios nas conexións entre Vigo, Santiago e A Coruña, ademais dun 6% máis de prazas nos Avant
Beariz recibirá máis de 63.000 euros para transformar o seu antigo campo de fútbol nunha zona deportiva e de lecer
O Concello contará con esta axuda para recuperar un espazo en desuso, que xa conta con pistas de pádel operativas e sumará proximamente unha pista multideporte
Sae a licitación a renovación de 1,1 quilómetros de beirarrúas na estrada OU-540 ao seu paso por Ribadavia
A actuación, que se licitará este mesmo ano, permitirá renovar as redes municipais de abastecemento e saneamento no tramo que discorre por San Cristóbal de Regodeigón
O Pereiro de Aguiar mellora os espazos da Galiña Azul cun investimento de 20.000 euros
As actuacións realizáronse en zonas interiores e exteriores do centro, que conta con preto de 50 nenos e nenas matriculados
Adxudicadas por 207.000 euros as obras de renovación da canella Jorge Ferreiro e a praza da Eiriña, en Xunqueira de Ambía
As obras, financiadas a través do Plan Hurbe, mellorarán o saneamento, o alumeado e a pavimentación destes espazos situados xunto á Colexiata de Santa María a Real
O Concello do Carballiño arranxa o firme de tres rúas cunha nova técnica de microasfaltado
A actuación, cun investimento de 50.000 euros, busca solucionar o deterioro do pavimento provocado polo tráfico e as condicións meteorolóxicas
O Pereiro de Aguiar reforza os traballos de limpeza e mantemento en estradas e núcleos urbanos
Os traballos inclúen o desbroce e limpeza de 87 hectáreas, actuacións en máis de 170 quilómetros de estradas e pistas e o acondicionamento dos núcleos urbanos
Obras de asfaltado obrigarán a cortes puntuais de tráfico na estrada de Seixalbo
Os traballos, que se prolongarán durante dous días aproximadamente, regularán o paso de vehículos de forma alternativa na zona afectada
A Deputación de Ourense abre a exposición pública o proxecto de ensanche da estrada entre Mandrás e Viduedo, en San Cristovo de Cea
O expediente, que afecta a un treito de algo máis de medio quilómetro desta vía provincial, poderá consultarse durante vinte días hábiles e admitirá alegacións por escrito
Eventos
O PSdeG-PSOE de Ribadavia denuncia tres anos de espera polo asfaltado da OU-504 ao seu paso por San Cristovo
Os socialistas acusan ao goberno local de non xestionar un compromiso xa adquirido coa Axencia Galega de Infraestruturas e anuncian que se dirixirán directamente a este organismo para reclamar a actuación pendente
Dúas empresas compiten pola execución da humanización de Santa Baia de Berredo, na Bola
A actuación, licitada por un importe de preto de 190.000 euros, se enmarca no Plan Hurbe da Xunta, e permitirá intervir nos lugares de Anxá e A Eirexa
O Pereiro de Aguiar terá o seu primeiro instituto de secundaria, con máis de 5.500 metros cadrados e capacidade para 370 alumnos
O proxecto, que sae mañá a licitación cun investimento superior aos 11 millóns de euros, contempla oito aulas de ESO e catro de Bacharelato, ademais de espazos especializados e zonas exteriores adaptadas ao terreo
Ourense inicia a reforma da rúa Vasco Díaz Tanco para mellorar o acceso ao barrio da Cuña
A intervención, financiada con fondos europeos FEDER e apoio da Deputación, incorporará cinco ramplas mecánicas para superar o pronunciado desnivel que dificulta actualmente o tránsito pola vía
O PP sinala que o tramo Eirasvedras-Quintela da variante norte de Ourense acumula catro anos de atraso sen data de finalización
Cúmprense catro anos da colocación do fito conmemorativo deste tramo de 1,7 quilómetros da A-56, cuxas obras singulares aínda non comezaron e cuxo prazo de execución xa foi superado en case dous anos
GaliciaXa
O Consello da Xunta aproba o novo proxecto de residencias de maiores para a creación de 25 centros con 1.800 prazas
A maiores, a iniciativa contempla outros 24 equipamentos repartidos en 12 lotes, cada un deles composto por unha residencia de máis de 100 prazas e por outra de menor tamaño que estará situada nun concello próximo
Ourense gaña 40 prazas de aparcamento na rúa José Antonio Nieves Conde
O novo reparto do estacionamento pretende aproveitar mellor o espazo dispoñible e ampliar as opcións para deixar o vehículo na zona










