Política
O socialismo ourensán festexa 130 anos de historia coa vista posta nas municipais de 2027
Distintas xeracións da organización déronse cita nunha homenaxe colectiva que serve de punto de partida a unha nova etapa política de cara aos vindeiros comicios locais
Avante Ourense reclama reforzar as políticas públicas de vivenda tras o desafiuzamento dunha muller de 87 anos en Madrid
A formación pide responsabilidades ás administracións implicadas no desaloxo e propón, tamén para Ourense, medidas como a mediación urxente ante desafiuzamentos e a ampliación do parque público de vivenda
O PSdeG-PSOE de Ribadavia denuncia tres anos de espera polo asfaltado da OU-504 ao seu paso por San Cristovo
Os socialistas acusan ao goberno local de non xestionar un compromiso xa adquirido coa Axencia Galega de Infraestruturas e anuncian que se dirixirán directamente a este organismo para reclamar a actuación pendente
Avante Ourense pide priorizar os Servizos Sociais fronte ao proxecto de Parador na antiga prisión
A formación defende que, antes de dar novos usos turísticos ao inmoble, o Concello debería avaliar as necesidades sociais da cidade e ampliar o Albergue Municipal e os espazos destinados aos Servizos Sociais
Ana Fernández Antorrena será a candidata do PP de Celanova para as municipais de maio de 2027
A xestora local propón unha veciña do municipio como cabeza de lista e anuncia a creación de grupos de traballo para comezar a elaborar o programa electoral
O PSdeG-PSOE de Ribadavia denuncia un sobrecusto de 30.000 euros en telefonía neste mandato
A formación socialista critica que o cambio de operadora impulsado polo actual goberno local disparase un 30 % o gasto anual neste servizo, obrigando agora a unha modificación de crédito de preto de 10.000 euros
O PSdeG censura que o debate sobre as facturas pendentes do Concello de Ourense non cambie a situación dos provedores
O grupo socialista defendeu a súa abstención no pleno extraordinario ao considerar que a polémica arredor deste expediente técnico non implica que os provedores afectados vaian cobrar
Avante Ourense propón endurecer os requisitos para pasar de curso en Primaria e ESO
A formación traslada a proposta aos deputados galegos no Congreso, dentro dun novo paquete de medidas educativas que se irá dando a coñecer nas próximas semanas
O PP de Ourense desvincúlase do atraso nos pagos aos provedores do Concello e reclama explicacións antes do vindeiro pleno
O grupo municipal atribúe a situación a unha falta de planificación na xestión económica municipal e asegura que non fixará a súa posición de voto ata analizar en profundidade toda a documentación recibida
Avante Ourense cualifica de "vergoñentos" os resultados de PISA e pide unha revisión profunda do sistema educativo
A organización alerta dun retroceso preocupante malia contar con máis medios ca nunca e pide reforzar a comprensión lectora, o razoamento e o pensamento crítico do alumnado
O PSOE denuncia un déficit de case 4.900 euros na Carreira Popular de Leiro
A formación socialista sostén que a liquidación final da proba deportiva se disparou respecto ao orzamento inicial, xerando un desfase económico que terá que asumirse con fondos municipais, mentres cuestiona o reparto do gasto entre empresas locais e de fóra do municipio
GaliciaXa
Oito responsables públicos de Ucraína chegarán a Ourense para formarse ante os retos da reconstrución
A delegación de Zakarpattia participará nun programa europeo que incluirá visitas a institucións, empresas e proxectos de Ourense e Galicia
Retirado en Pontedeva o valado que pechaba un camiño público en Trado tras a denuncia do PSOE ante a Fiscalía
O peche impedía o acceso a unha fonte de uso público; a Fiscalía Provincial de Ourense investiga posibles irregularidades na xestión municipal de terreos e camiños
O PSOE logra sacar adiante no Concello de Ourense dúas propostas para recuperar a Banda Municipal e esixir máis transparencia nas contas municipais
O pleno do Concello de Ourense respalda dúas iniciativas do PSOE: unha reclama un balance público dos investimentos, o remanente e os servizos sen contrato, e outra propón a volta da banda de música como servizo cultural estable
O PSOE de Barbadás reclama un plan para recuperar os lavadoiros tradicionais do municipio e actuar de inmediato en tres deles
A proposta plantexa intervir con prioridade nos lavadoiros do Regueiro, o Moredo e As Laxes, ademais de poñer en marcha un programa de limpeza e mantemento periódico para todos estes espazos patrimoniais
O PSdeG-PSOE da Merca amplía ante a Fiscalía a denuncia por un contrato millonario asinado en 2014 para unha residencia de maiores
A formación socialista rexistra a terceira ampliación da súa denuncia penal e pide a nulidade de pleno dereito da adxudicación, ao detectar presuntas irregularidades na contratación e na capacidade da empresa adxudicataria
O PSOE de Cenlle rexeita que se presente como modelo de boa xestión un concello que arrastra anos de problemas coa rede de auga
Os socialistas consideran contraditorio que se poña como referencia unha xestión que obrigou a mobilizar centos de miles de euros para corrixir deficiencias na rede municipal de abastecemento
Eventos
O PP esixe rematar as obras da Avenida de Portugal e reformar o transporte urbano ante a falta de solucións do Goberno local
O grupo municipal tamén reclamará explicacións sobre a seguridade nos barrios, a Casa de Baños de Outeiro e a modificación de crédito para pagar facturas a provedores
O PSOE de Barbadás pide un protocolo municipal que garanta a presenza de toda a corporación nos actos institucionais
O grupo socialista levará ao pleno do vindeiro luns unha moción para modificar o Regulamento Orgánico Municipal e incorporar normas que aseguren a participación plural de todos os representantes en actos e visitas oficiais
O PSOE esixe explicacións ao Goberno local pola continuidade das obras na Casa de Baños en Ourense e pide á Xunta que actúe
Natalia González denuncia que o Concello seguiu cos traballos pese ao requirimento expreso de paralización de Patrimonio, e recorda que outras formacións e colectivos xa reclamaran medidas nas últimas semanas
O PSdeG da Peroxa reclama melloras no aparcamento do Campo Municipal do Marco para garantir a seguridade dos deportistas
Os socialistas aseguran que o espazo continúa sen recibir as actuacións previstas e alertan do estado do paso de peóns utilizado por nenos e nenas
O PP de Ourense reclama ao Goberno central que desbloquee a baixada do IVE para perruquerías e salóns de estética
Os senadores populares Rosa Sánchez Gándara e Francisco José Fernández advirten de que a proposta para recuperar o tipo do 10 % leva case tres anos paralizada no Congreso e anuncian novas preguntas parlamentarias sobre o seu impacto no emprego e no peche de negocios na provincia
O BNG presenta alegacións contra a modificación da RPT do Concello de Ourense e denuncia un reparto de postos por afinidade
O grupo municipal nacionalista sostén que a reorganización da Relación de Postos de Traballo carece do preceptivo informe de Intervención e eleva de xeito homoxéneo os complementos específicos, ao tempo que critica a substitución das xefaturas de servizo por macroxefaturas
Francisco Diéguez, coordinador de Avante Ourense: “A cidadanía quere solucións e propostas aos problemas do día a día”
A plataforma, que non descarta concorrer ás municipais de 2027, preséntase como un espazo aberto á cidadania que reclama reforzar os servizos públicos, facilitar o acceso á vivenda e construír unha alternativa á actual política municipal









