Política
O PSOE logra a aprobación unánime da súa proposta para recuperar os lavadoiros tradicionais de Barbadás
O pleno municipal respalda por unanimidade unha moción do grupo socialista para rehabilitar os lavadoiros tradicionais do municipio, mentres que unha segunda proposta para garantir a representación de toda a corporación nos actos institucionais non consegue saír adiante
O PSOE da Merca sostén que a Lei de Incompatibilidades se aplica a todo o persoal público, independentemente do seu tipo de contrato
O grupo municipal socialista lembra que a normativa afecta a todo o persoal que percibe retribución da administración pública, sexa cal sexa o seu vínculo laboral, no marco da controversia sobre as adxudicacións de residencias municipais
O PSOE logra sacar adiante no Concello de Ourense dúas propostas para recuperar a Banda Municipal e esixir máis transparencia nas contas municipais
O pleno do Concello de Ourense respalda dúas iniciativas do PSOE: unha reclama un balance público dos investimentos, o remanente e os servizos sen contrato, e outra propón a volta da banda de música como servizo cultural estable
Avante Ourense reivíndicase como alternativa de esquerdas ante un pleno marcado polo comezo da precampaña electoral
A formación denuncia que o pleno municipal se converteu en escenario de cálculos electorais de cara a 2027, mentres reclama unha oposición coherente durante todo o mandato e non só nas vésperas das eleccións
O PSOE de Barbadás reclama un plan para recuperar os lavadoiros tradicionais do municipio e actuar de inmediato en tres deles
A proposta plantexa intervir con prioridade nos lavadoiros do Regueiro, o Moredo e As Laxes, ademais de poñer en marcha un programa de limpeza e mantemento periódico para todos estes espazos patrimoniais
O PSOE de Pontedeva traslada á Fiscalía presuntas irregularidades na xestión municipal de terreos e camiños públicos
A formación socialista pon en coñecemento do Ministerio Fiscal feitos relacionados coa compra de solo industrial e o peche dun camiño público en Trado que impediría o acceso a unha fonte
O BNG de Ourense denuncia un novo traslado da Concellería de Educación en plena época de maior carga de traballo
Os nacionalistas critican a sucesión de cambios de sede e alertan de que a web municipal de Educación leva dez días caída durante o proceso de matriculación
O BNG leva ao pleno de setembro unha moción para pedir responsabilidades polo derrubo da Casa de Baños e trasladar o caso á Fiscalía
A formación nacionalista reclama o expediente completo das obras, a identificación de quen as autorizou, medidas para protexer o que queda do inmoble e a apertura de expedientes disciplinarios se se confirman irregularidades
O PP de Ourense reclama ao Goberno central que desbloquee a baixada do IVE para perruquerías e salóns de estética
Os senadores populares Rosa Sánchez Gándara e Francisco José Fernández advirten de que a proposta para recuperar o tipo do 10 % leva case tres anos paralizada no Congreso e anuncian novas preguntas parlamentarias sobre o seu impacto no emprego e no peche de negocios na provincia
O PSOE de Ourense pide unha reforma "integral" das axudas de libros e comedor tras deixar fóra a centos de familias
Natalia González cualifica de "inaceptable" que moitas familias que cumpren os requisitos queden sen axuda e reclama a convocatoria do Consello Municipal de Servizos Sociais para renovar as bases
A Inspección de Traballo investiga as condicións dos vestiarios de Urxencias do CHUO
A actuación inspectora comeza tras a denuncia de Avante Ourense, que alertou de deficiencias e inundacións nas instalacións utilizadas polo persoal sanitario
Avante Ourense pide á Xunta unha inspección inmediata do centro de acollida de animais de Ourense
A plataforma reclama comprobar as condicións das instalacións e fixa en seis meses o prazo máximo para executar as reformas que sexan necesarias
Avante Ourense cuestiona a localización da futura piscina de Barrocás
A plataforma apoia a creación do novo equipamento público, pero reclama coñecer os criterios utilizados para ocupar parte dunha zona verde do parque Angelita Paradela
O BNG da Arnoia-A Limia reclama á Xunta que non autorice o Parque Eólico Cantanarrás
A formación nacionalista alerta dos efectos do proxecto sobre a biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio e cuestiona a súa compatibilidade ambiental
O PPdeG pide eliminar a cita previa obrigatoria na Seguridade Social e reforzar a atención presencial no rural
Os populares denuncian en lugares como Celanova o Goberno central non aplicou aínda o mandato do Congreso e propoñen un prazo máximo de dez días hábiles para obter cita nos trámites esenciais
O PP de Ourense reclama a ADIF unha revisión do plan de prevención para evitar incendios nas vías ferroviarias
Celso Delgado e Manuel Baltar piden a limpeza urxente da contorna das infraestruturas e un maior control dos sistemas de freado e dos motores dos trens de mercadorías
O BNG reclama un acceso para ambulancias no centro de saúde de Celanova
Os nacionalistas levarán ao pleno tres mocións centradas na sanidade, a protección da toponimia tradicional e a humanización de Vilanova dos Infantes
O BNG reclama recuperar o acordo para impulsar o transporte metropolitano na área de Ourense
Os nacionalistas acusan á Xunta, á Deputación e ao Concello de frear un proxecto que consideran esencial para mellorar a mobilidade de preto de 150.000 persoas
O BNG acusa a Luís Menor de manter o continuísmo na Deputación e de renunciar á defensa dos intereses de Ourense
Bernardo Varela sostén que a perda da maioría absoluta do PP permitiu avances como o reforzo do financiamento aos concellos, aínda que considera insuficientes os cambios impulsados neste mandato
O PSOE de Ourense leva ao Pleno propostas para minimizar o impacto da Variante Norte e impulsar a cidade como referente literario
As mocións apostan por mellorar a mobilidade durante as obras, definir o futuro de Quintela de Canedo e crear un plan municipal de promoción da literatura
Ourense culmina a dixitalización do ciclo da auga cun investimento de 4,5 millóns de euros
O proxecto permitiu modernizar a rede municipal con telelectura, control en tempo real, enerxías renovables e novas ferramentas dixitais financiadas maioritariamente con fondos europeos
O PSdeG de Ourense súmase á mobilización en defensa do Hospital de Verín
Os socialistas animan á veciñanza a participar na manifestación do 1 de agosto e reclaman á Xunta medidas urxentes para recuperar servizos e reforzar a atención sanitaria na comarca
A manifestación do BNG volverá ser o acto político central do 25 de Xullo en Santiago
O PSdeG manterá a súa homenaxe a Castelao desde Rianxo cunha conexión en directo con Bos Aires, e o PPdeG escolleu Ourense para desenvolver o seu acto institucional
Ourense Mellor e Movemento Sumar Galicia concorrerán xuntos ás municipais de Ourense e Barbadás
As dúas organizacións anuncian un espazo político común e fan un chamamento á unidade da esquerda para “botar a Jácome da cidade e ao PP da Deputación”




