Política
Ángeles Álvarez, proposta polo PP como candidata á alcaldía de Verea
A agrupación local do partido propuxo a unha veciña do Concello, vinculada ao sector sociosanitario, para liderar o proxecto co que aspira a recuperar representación institucional
Avante Ourense marca distancias coa nova coalición de esquerdas
A organización aclara que non participou nas negociacións nin na configuración do novo proxecto e anuncia que seguirá o seu propio camiño político de cara ás vindeiras eleccións
GaliciaXa
Pedro Sánchez adianta as eleccións xerais ao 29 de novembro
O presidente explicou que este mesmo día convocará un Consello de Ministros extraordinario para formalizar a disolución das Cortes e a convocatoria dos comicios
O BNG alerta de goteiras e desprendementos no CAPD de Ourense apenas un ano despois da súa apertura
Noa Presas reclama unha revisión independente do edificio e medidas urxentes para corrixir as deficiencias detectadas nos últimos días
A Deputación de Ourense reclama prazos para a estación ferroviaria de mercadorías de San Cibrao
O presidente provincial defende a infraestrutura como clave para reducir custos loxísticos e reforzar a competitividade do tecido industrial ourensán
Andrés Sánchez Rodríguez será o novo candidato do PP á alcaldía de Taboadela
A formación aposta por un perfil renovador para encabezar o proxecto municipal de cara aos vindeiros comicios
O PP de Ourense reclama o expediente completo das obras do parque de Coto de Canedo
O grupo municipal esixe ás áreas de Contratación e Infraestruturas toda a documentación técnica e económica para coñecer os motivos do cambio no proxecto e comprobar se a obra executada coincide co aprobado
Avante Ourense propón destinar 200.000 euros anuais a mobilizar vivenda baleira e ampliar o parque público
A formación presenta unha contraproposta á iniciativa socialista para dedicar esa partida a un programa de inmersión en inglés, e propón no seu lugar un plan municipal de alugueiro social e rehabilitación de inmobles
As socialistas de Barbadás piden un plan para conservar as instalacións deportivas
As concelleiras socialistas reclaman máis recursos para o mantemento, a renovación de material deteriorado e a execución das actuacións previstas para 2026
O PP de Ourense reclama acceder á documentación da conta 413 antes do pleno deste venres
Os populares piden consultar os expedientes de gasto que xa estean localizados e manterán a solicitude de información tras a resposta da Secretaría Xeral do Pleno
O PSdeG de Barbadás buscará alternativas para garantir a gobernabilidade no municipio
As cinco concelleiras socialistas explorarán co resto de grupos vías para garantir o funcionamento do Concello tras a saída de Democracia Ourensana do executivo
Martín Gil Blanco presenta a súa candidatura á presidencia de Novas Xeracións de Ourense
O proceso, que se resolverá nun Congreso provincial extraordinario convocado para o 17 de outubro, conta xa cunha candidatura oficial respaldada por avais da militancia
Avante Ourense reclama reforzar as políticas públicas de vivenda tras o desafiuzamento dunha muller de 87 anos en Madrid
A formación pide responsabilidades ás administracións implicadas no desaloxo e propón, tamén para Ourense, medidas como a mediación urxente ante desafiuzamentos e a ampliación do parque público de vivenda
O PSdeG-PSOE de Ourense acusa ao PP de querer limitar o transporte metropolitano aos polígonos industriais
Os socialistas reclaman manter o proxecto piloto de oito liñas para os oito concellos da contorna e esixen un calendario público de implantación
O PSdeG-PSOE de Ribadavia denuncia tres anos de espera polo asfaltado da OU-504 ao seu paso por San Cristovo
Os socialistas acusan ao goberno local de non xestionar un compromiso xa adquirido coa Axencia Galega de Infraestruturas e anuncian que se dirixirán directamente a este organismo para reclamar a actuación pendente
Ana Fernández Antorrena será a candidata do PP de Celanova para as municipais de maio de 2027
A xestora local propón unha veciña do municipio como cabeza de lista e anuncia a creación de grupos de traballo para comezar a elaborar o programa electoral
O PSdeG-PSOE plantexa na Deputación de Ourense un reparto con criterios públicos do canon da auga
A moción que se debaterá no pleno provincial propón que como mínimo a metade do recadado en cada municipio volva a el, que un 30 % se destine á solidariedade territorial e que un máximo do 20 % cubra os custos de xestión
Avante Ourense propón unha tarxeta xove única e o pagamento con tarxeta bancaria nos autobuses urbanos
A formación presentou no Concello un conxunto de propostas para simplificar o acceso ao transporte público, cunha tarxeta xuvenil unificada e sistemas de pagamento contactless a bordo dos autobuses
O PSOE de Ourense pide unha homenaxe institucional para catro deportistas polos seus logros internacionais
Os socialistas trasladaron ao Consello Municipal de Deportes a proposta de celebrar un acto conxunto que recoñeza os recentes resultados de catro mulleres vinculadas á cidade e sirva de exemplo para as novas xeracións
Avante Ourense advirte de que a campaña electoral está a contaminar o debate no Pleno municipal
A formación alerta de que a confrontación e os cálculos electorais gañan cada vez máis espazo no Concello, mentres os problemas reais da cidade seguen sen resolverse
O PSOE de Ourense celebra a revisión das axudas de libros e comedor e reclama ampliar Xantar na Casa
Convocarase proximamente o órgano municipal encargado de actualizar os criterios destas axudas, mentres o servizo de comida a domicilio esgota xa as súas prazas dispoñibles e as axudas de emerxencia social afrontan centenares de solicitudes pendentes con fondos limitados
Avante Ourense propón endurecer os requisitos para pasar de curso en Primaria e ESO
A formación traslada a proposta aos deputados galegos no Congreso, dentro dun novo paquete de medidas educativas que se irá dando a coñecer nas próximas semanas
O PP de Ourense desvincúlase do atraso nos pagos aos provedores do Concello e reclama explicacións antes do vindeiro pleno
O grupo municipal atribúe a situación a unha falta de planificación na xestión económica municipal e asegura que non fixará a súa posición de voto ata analizar en profundidade toda a documentación recibida
Avante Ourense cualifica de "vergoñentos" os resultados de PISA e pide unha revisión profunda do sistema educativo
A organización alerta dun retroceso preocupante malia contar con máis medios ca nunca e pide reforzar a comprensión lectora, o razoamento e o pensamento crítico do alumnado




