Deportes
O torneo 3x3 de baloncesto de Allariz volveu ser todo un éxito
Numerosos equipos e afeccionados déronse cita a pasada semana nunha das citas deportivas máis agardadas do verán
O Club Marbel recoñece o esforzo e os valores do alumnado de xudo coa entrega de medallas da tempada
O Concurso Técnico premiou a constancia, evolución e coñecementos dos deportistas, mentres que os galardóns Jita Kyoei destacaron a colaboración e o compañeirismo
O Club Piragüismo Ourense proclámase campión por equipos na segunda regata provincial da Copa Deputación de Piragüismo 2026
Preto de 100 deportistas dos clubs da provincia participaron na competición celebrada en Castrelo de Miño
O III RallySprint Val de Ramirás regresa do 18 e 19 de xullo
A proba contará cun percorrido de 149,52 quilómetros e pasará por Ramirás, Gomesende, Cartelle e Pontedeva
A Deputación colabora co Campus do Atlético de Madrid para impulsar a formación do fútbol base en Ourense
Luis Menor visitou aos participantes da actividade, que reúne a máis de medio cento de rapaces nas instalacións do colexio Salesianos ata o vindeiro sábado
O Concello do Pereiro de Aguiar abre o prazo para solicitar o uso do Pavillón Municipal A Chaira
Clubs, asociacións e particulares poderán pedir a utilización das instalacións deportivas remitindo unha solicitude por correo electrónico
Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base con doce entidades fundadoras
A nova entidade buscará fortalecer o baloncesto de formación na provincia e representar os intereses dos clubs ante institucións e organismos deportivos
Allariz acolle este sábado un torneo de baloncesto 3x3
A competición contará con categorías desde minibasket ata sénior e o prazo para formalizar a inscrición remata hoxe
San Cibrao das Viñas convoca axudas para deportistas cualificados
As solicitudes poderán presentarse ata o 9 de setembro para apoiar a deportistas individuais con resultados destacados
O Club Ximnasia Pavillón logra 98 podios no Campionato Galego de Trampolín
As ximnastas das categorías Base, Escolar e Élite sumaron un total de 79 medallas individuais e 19 podios en competición colectiva e sincronismo
A Peroxa acollerá unha maratón de fútbol sala os días 4 e 5 de xullo
Para poder participar será necesario inscribirse previamente antes do día 1
O equipo feminino Sanysec-Ourense recibe a homenaxe da Deputación tras o seu ascenso á División de Honra
Luis Menor destacou o logro acadado polas atletas, que devolven o atletismo ourensán á máxima categoría estatal dúas décadas despois
A ourensá Leire Carrera, recoñecida como mellor jiujitsuka da tempada na Gala do Judo Galego
O recoñecemento chega tras o seu quinto posto no Campionato de Europa e o seu liderado no ranking nacional
O Club Ourela pecha o curso cun festival de verán con máis de 80 patinadores no polideportivo de Paderne de Allariz
A exhibición reuniu 16 actuacións con temática cinematográfica e contou coa participación de clubs invitados de Porriño e Covelo
A SD Outeiro de Rei e o CF Pavillón triunfan no VII Torneo de Fútbol-8 CF de Monforte
Os de Outeiro de Rei proclamáronse campións nas categorías prebenxamín e benxamín, mentres que o conxunto ourensán obtivo o primeiro posto na categoría alevín
O club Xirandela proclámase campión e subcampión galego en nivel promoción en Ourense
As categorías benxamín e infantil do conxunto lucense pechan a tempada con excelentes resultados e conseguen o ascenso directo a nivel prebase
Ourense acollerá a última proba da Liga de Promoción de Escalada
Será o 27 de xuño no Pavillón dos Remedios e reunirá ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e paraescaladores
Esgos celebra este domingo a XVII Carreira San Pedro de Rocas con máis de 570 persoas inscritas
Con motivo da celebración da proba, aplicaranse cortes e restricións de tráfico en varias rúas do municipio
A XIX Copa Galicia de Xadrez reunirá este sábado en Ourense a 300 participantes
O colexio Maristas será sede dun torneo que reunirá xogadores de Galicia, outras comunidades e Portugal




