Deportes
Cenlle organizará este mes a II Travesía Solidaria
A localidade ourensá volverá converterse o vindeiro mes en escenario dunha xornada deportiva sen carácter competitivo, aberta a participantes individuais e equipos, con distintas modalidades de duración
Ourense acollerá a SuperCopa de España Júnior de Xudo con 180 deportistas
O Pazo dos Deportes será sede esta fin de semana dunha das citas máis esixentes do xudo de formación, con participantes procedentes de España e Portugal
Coles ten aberto o prazo de inscrición para as actividades deportivas do pavillón municipal
O programa reúne propostas para traballar a forza, a mobilidade, o equilibrio e o benestar físico durante a vindeira tempada
A carreira de Mariñamansa provocará cortes de tráfico este domingo en Ourense
As rúas do percorrido permanecerán pechadas á circulación desde as 10.00 horas e ata que remate a proba deportiva
Un partido solidario en O Couto recadará fondos para unha entidade ourensá de esclerose múltiple e párkinson
O estadio ourensán acollerá o vindeiro 16 de setembro un encontro entre un equipo da cidade e un combinado de xogadores locais, con entrada única de 5 euros e posibilidade de colaborar a través dunha fila 0
A Deputación de Ourense reparte preto de 1,5 millóns de euros entre concellos e entidades do tecido asociativo
A institución provincial aproba 47 acordos que combinan axudas para actuacións municipais con apoios a colectivos sociais, culturais, deportivos e de promoción turística do territorio
Máis de 100 deportistas participan na quinta regata provincial de piragüismo no encoro de San Martiño
O Piragüismo Ourense impúxose na clasificación xeral por clubs desta proba da Liga Ourensá-Copa Deputación de Ourense 2026
O Carballiño acollerá este sábado unha exhibición de kick boxing, hapkido e jiu-jitsu brasileiro
A cita será a partir das 19.30 horas nun espazo emblemático da vila, e chega nun ano no que un grupo de mozos e mozas do municipio se clasificou para o Campionato Mundial de Kick Boxing que se disputará en novembro en Aranjuez
A Escola de Celanova recupera as clases de ioga por petición dos usuarios
O centro incorpora de novo esta actividade, moi solicitada polo público, con sesións os luns e mércores ás 18.30 horas
San Cibrao das Viñas estrea unha app móbil para xestionar o deporte e o lecer municipal
O Concello pon en marcha unha aplicación que permite inscribirse en actividades, xestionar os pagamentos e apuntar a toda a familia desde unha soa conta, dispoñible en Google Play e App Store
Xunqueira de Ambía acollerá unha charla sobre muller e deporte dentro do programa Rosalía
Nova sesión de balde do programa Rosalía centrada na saúde e o benestar das mulleres, encadrada nas axudas autonómicas para a igualdade e a prevención da violencia de xénero
GaliciaXa
Arranca a próxima fin de semana a Copa Galicia de Fútbol Sala sénior
Celebrarase a fase previa para eles e os oitavos de final para elas, que rematarán a fin de semana do 24 e 25 de marzo
Pereiro de Aguiar prepara o seu primeiro cuadrangular de fútbol sala feminino
A cita deportiva reunirá o 20 de setembro a catro equipos no pavillón municipal
Allariz volverá reunir aos afeccionados ao tríatlon na súa clásica cita do verán
A XXXIV edición da proba disputarase o 22 de agosto na modalidade sprint e converterá a Alameda no epicentro da competición
A Deputación de Ourense renova o seu compromiso co COB e coa canteira do baloncesto provincial
A institución provincial mantén o seu apoio económico e material ao club de cara á nova tempada, cunha achega que supera os 270.000 euros e a cesión das instalacións do Paco Paz durante toda a campaña
Un judoka de Ourense ascende ao Cinto Negro 3º Dan
O deportista ourensán aprobou a proba convocada pola Federación Galega de Judo na Coruña, acreditando a súa preparación técnica e teórica
O Concello de Amoeiro abre a inscrición para a nova tempada de karate 2026-27
As clases, dirixidas a público infantil, adolescente e adulto, comezarán en setembro e impartiranse os martes e xoves na Casa da Cultura de Amoeiro
Allariz celebrará o 23 de agosto a XXXV Regata Copa Deputación de piragüismo
A tradicional proba deportiva desenvolverase na Alameda e na contorna do río Arnoia no marco da Festa da Empanada
O Campus de Fútbol Mixto de Allariz pon o punto final ás súas xornadas no campo do Seixo
A actividade rematou coa entrega de diplomas aos nenos e nenas participantes
O Piragüismo Ourense imponse no Campionato Provincial celebrado en Cenlle
Máis de 100 deportistas participaron na proba da Liga Ourensá-Copa Deputación de Ourense 2026, organizada polo Náutico Ribeiro e a Federación Galega de Piragüismo
O Tríatlon Vila de Allariz abre inscricións para a súa XXXIV edición
A proba deportiva disputarase o 22 de agosto na modalidade sprint e reservará prazas para persoas empadroadas no municipio
A EFF Rosalía inicia este luns os adestramentos para a videira tempada
As 17 xogadoras do primeiro persoal pasaron os recoñecementos médicos obrigatorios e o equipo iniciara este luns a pretempada de cara ao seu debut en 3ª RFEF
Aarón Vidal e Víctor López proclámanse campións de España sub-21 coa selección galega de volei praia
Os xogadores do Club Ourense Volei Praia xa preparan o Campionato de España de Clubs tras conquistar o título nacional en Gran Canaria
Amoeiro celebrará unha andaina solidaria con dous percorridos a favor da loita contra o cancro
A actividade, incluída na Semana Cultural das festas de 2026, terá lugar o 9 de agosto e destinará parte das inscricións á Asociación Española Contra o Cancro




