Deportes
O Carballiño acollerá este sábado unha exhibición de kick boxing, hapkido e jiu-jitsu brasileiro
A cita será a partir das 19.30 horas nun espazo emblemático da vila, e chega nun ano no que un grupo de mozos e mozas do municipio se clasificou para o Campionato Mundial de Kick Boxing que se disputará en novembro en Aranjuez
A Escola de Celanova recupera as clases de ioga por petición dos usuarios
O centro incorpora de novo esta actividade, moi solicitada polo público, con sesións os luns e mércores ás 18.30 horas
O Concello de Maceda pecha a pista 1 de pádel por danos ata novo aviso
A instalación permanecerá fóra de servizo de xeito indefinido despois de rexistrarse danos que impiden o seu uso normal
Xunqueira de Ambía acollerá unha charla sobre muller e deporte dentro do programa Rosalía
Nova sesión de balde do programa Rosalía centrada na saúde e o benestar das mulleres, encadrada nas axudas autonómicas para a igualdade e a prevención da violencia de xénero
Aberto o prazo para inscribirse na XVIII Andaina Popular de San Cibrao das Viñas
A marcha popular celebrarase o 13 de setembro e contará con premios, sorteos e agasallos para os participantes, que deberán apuntarse antes do 11 de setembro
Allariz volverá reunir aos afeccionados ao tríatlon na súa clásica cita do verán
A XXXIV edición da proba disputarase o 22 de agosto na modalidade sprint e converterá a Alameda no epicentro da competición
A Deputación de Ourense renova o seu compromiso co COB e coa canteira do baloncesto provincial
A institución provincial mantén o seu apoio económico e material ao club de cara á nova tempada, cunha achega que supera os 270.000 euros e a cesión das instalacións do Paco Paz durante toda a campaña
Un judoka de Ourense ascende ao Cinto Negro 3º Dan
O deportista ourensán aprobou a proba convocada pola Federación Galega de Judo na Coruña, acreditando a súa preparación técnica e teórica
A Peroxa prepárase para acoller a terceira edición da súa BTT
A proba de ciclismo de montaña terá lugar o 13 de setembro e contará con dúas rutas, de 30 e 40 quilómetros, con desniveis positivos de 800 e 1.200 metros, respectivamente
Allariz celebrará o 23 de agosto a XXXV Regata Copa Deputación de piragüismo
A tradicional proba deportiva desenvolverase na Alameda e na contorna do río Arnoia no marco da Festa da Empanada
Cenlle acollerá II Travesía Solidaria a Nado NON-STOP a favor de ALCER Ourense
A proba celebrarase o 20 de setembro e permitirá participar en modalidades individuais, por relevos ou nunha categoría popular de 500 metros
Allariz organizará unha nova sesión gratuíta de zumba no Campo de Vilanova
A actividade celebrarase o 4 de agosto e incluirá un agasallo para todas as persoas participantes
Aarón Vidal e Víctor López proclámanse campións de España sub-21 coa selección galega de volei praia
Os xogadores do Club Ourense Volei Praia xa preparan o Campionato de España de Clubs tras conquistar o título nacional en Gran Canaria
Amoeiro celebrará unha andaina solidaria con dous percorridos a favor da loita contra o cancro
A actividade, incluída na Semana Cultural das festas de 2026, terá lugar o 9 de agosto e destinará parte das inscricións á Asociación Española Contra o Cancro
Xunqueira de Espadanedo reúne a máis de 80 pilotos no Campionato de Galicia de BTT Descenso
O circuíto de Pardeconde acollerá esta fin de semana os adestramentos e a competición oficial da cita autonómica de descenso
A Maratón de Fútbol Sala de Cartelle volveu resultar todo un éxito
A competición reuniu un ano máis a equipos e afección nunha cita marcada polo deporte, a convivencia e a emoción ata o final
O torneo 3x3 de baloncesto de Allariz volveu ser todo un éxito
Numerosos equipos e afeccionados déronse cita a pasada semana nunha das citas deportivas máis agardadas do verán
Eventos
OcioenGalicia
Fiesta del Pan de Neda
OcioenGalicia
Frei Canedo de Verano 2026
OcioenGalicia
IV Encuentro de Palilleras de Monforte
OcioenGalicia
XV Son d´Aldea en Palas de Rei
OcioenGalicia
Fiestas Patronales de Ribadeo 2026
OcioenGalicia
Fiestas de las Peras 2026
O Club Marbel recoñece o esforzo e os valores do alumnado de xudo coa entrega de medallas da tempada
O Concurso Técnico premiou a constancia, evolución e coñecementos dos deportistas, mentres que os galardóns Jita Kyoei destacaron a colaboración e o compañeirismo
O equipo mixto do Club Ximnasia Pavillón proclámase campión de España de Ximnasia Estética de Grupo
O título nacional súmase a unha tempada na que a entidade conseguiu un ouro internacional en Bulgaria, 98 podios no Campionato Galego de Trampolín e destacados resultados noutras competicións
O III RallySprint Val de Ramirás regresa do 18 e 19 de xullo
A proba contará cun percorrido de 149,52 quilómetros e pasará por Ramirás, Gomesende, Cartelle e Pontedeva
A Deputación de Ourense impulsa o comercio local e a promoción do sector floral ourensán a través da campaña “En Aflor todos somos floristas”
A iniciativa da Asociación de Floristas de Ourense conta co apoio do Inorde e inclúe a distribución de 5.000 bolsas reutilizables a través de 25 establecementos para fomentar o consumo sostible e de proximidade
O Campus Atlético de Madrid chega a Ourense e Baños de Molgas
Durante seis días, os mozos e mozas participantes adestrarán seguindo a metodoloxía oficial da canteira do equipo madrileño
O Club Piragüismo Ourense triunfa na primeira regata provincial de piragüismo da Copa Deputación 2026
A competición reuniu representantes de todos os clubs da provincia no encoro de Salas
Cartelle acollerá a Maratón de Fútbol Sala Outomuro 2026 os días 10, 11 e 12 de xullo
O evento celebrarase no pavillón de Pino Vilachá e contará con premios económicos, zona de acampada e servizos complementarios



