Sociedade
Ourense prepárase para a undécima Gala contra o Cancro con música e baile en directo
O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro 28 de novembro unha nova edición desta cita solidaria que, nas súas dez edicións anteriores, reuniu máis de 60.000 euros destinados á loita contra a enfermidade
O Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense convoca a XV edición do seu Concurso de Postais de Nadal
Os colexiados poderán votar polas propostas gañadoras ata o 23 de novembro
GaliciaXa
Abre o prazo de inscrición para o programa Xuntos polo Nadal
A iniciativa está dirixida ás persoas de 60 anos ou máis que estean soas nestas datas, e levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027
O acto ‘Dereitos á acción’ do Día Mundial da Infancia reunirá en Ourense a preto de 300 menores
O encontro celebrarase o xoves 19 de novembro na Facultade de Ciencias do campus, onde alumnado de varios centros galegos exporá propostas sobre saúde, igualdade e protección fronte á violencia
Ourense acenderá as luces de Nadal o 4 de decembro cunha actuación musical na Praza Maior
O acendido do alumeado nadalego terá lugar na véspera da ponte da Constitución, seguindo a tradición dos últimos anos, cunha actuación musical como remate do acto
Ourense acollerá unha sesión informativa sobre a prevención do ictus organizada por Afundación e Dano Cerebral Galicia
O encontro, previsto para o vindeiro luns na sede ourensá da entidade, enmárcase no programa de divulgación posto en marcha en 2022 para fomentar o envellecemento saudable e a saúde cognitiva
O baloncesto e a lectura dan a man para unir xeracións en Celanova
Unha trintena de nenos e nenas practicantes de baloncesto compartiron unha xornada de lectura cos residentes dun centro de maiores, nunha actividade que pretende manterse no tempo
Piñor organiza actividades infantís co gallo do 25N dentro do seu programa de conciliación
O Concello desenvolverá un mural colectivo e unha dinámica sobre emocións para sensibilizar aos máis pequenos sobre a igualdade e o bo trato
Barbadás abre unha nova convocatoria do concurso de postais de Nadal para escolares de Primaria
A proposta, organizada desde a área de Educación, admite traballos ata o 23 de novembro e premiará aos gañadores cunha recepción especial de Papá Noel
O II Encontro de Xornalismo Social ‘Somos Esenciais’ reivindica en Ourense a importancia de informar sobre o rural
Xornalistas premiados e finalistas do galardón homónimo compartiron onte no Liceo de Ourense as súas experiencias cubrindo os incendios forestais e a realidade do mundo rural galego
A Deputación de Ourense repite TERnadal, o seu programa de estadías termais polo Nadal contra a soidade non desexada
Tras unha primeira edición que superou as 1.900 pernoctacións, a provincia volve ofrecer axudas de ata 75 euros diarios para que as persoas maiores pasen as festas nos balnearios, con menús especiais e actividades pensadas para fomentar a compañía
A Deputación de Ourense homenaxea á fiscala Carmen Eiró Bouza nunha nova entrega de ‘8M, mes a mes’
O programa de Igualdade recoñece en novembro o percorrido profesional dunha xurista con fortes raíces na provincia e unha longa dedicación ao servizo público
Amoeiro supera os 2.500 habitantes por primeira vez en máis de 45 anos
O municipio rexistra 2.505 veciños segundo os datos municipais actuais, superando o limiar dos 2.500 habitantes que non se acadaba dende hai máis de catro décadas
Cortegada acollerá o vindeiro martes unha nova xornada de doazón de sangue
A localidade contará cunha unidade móbil durante varias horas para que os veciños interesados poidan achegarse a colaborar con esta causa
Verea somete a información pública a normativa de acceso e funcionamento da súa residencia de maiores
O documento poderá revisarse nas oficinas municipais e na sede electrónica, abríndose un prazo dun mes para formular alegacións
Xunqueira de Espadanedo acondiciona unha vivenda social coa axuda do IGVS
O Concello levou a cabo as obras grazas a unha subvención que cubriu a práctica totalidade do custo da actuación
O Concello da Bola pon en marcha un programa de alugueiro social na antiga casa escola do Furriolo
O Concello regula mediante unha nova ordenanza o acceso a dúas vivendas municipais destinadas a familias e persoas con dificultades para acceder a unha vivenda, con prioridade para quen atravesa situacións de vulnerabilidade
Eventos
A Bola terá unha nova casa niño para menores de 0 a 3 anos
O Concello ourensán sumará este recurso, pensado para facilitar a conciliación familiar no ámbito rural, dentro da última resolución de axudas da Consellería de Política Social e Igualdade
O Carballiño aumenta as prazas do curso de natación para maiores de 65 anos pola alta demanda
O prazo de inscrición ábrese o 9 de novembro e o número de prazas pasa de 20 a 25 para o vindeiro ano
O CIM Móbil chega a A Bola o vindeiro 5 de novembro cun obradoiro de prevención da violencia de xénero
O Concello recibirá unha unidade móbil de atención e información dirixida a sensibilizar sobre a igualdade e a erradicación das violencias machistas
San Cibrao das Viñas sumará 12 vivendas públicas tras recibir nove ofertas para a súa construción
O inmoble, de tres alturas e con pisos de entre dous e catro dormitorios, erguerase sobre unha parcela cedida polo Concello, nunha obra licitada por 2,4 millóns de euros
O PSdeG-PSOE de Ourense asesora a retornados de Alemaña con retencións nas súas pensións
A formación atende casos de persoas que cobran pensión desde Alemaña e ás que se lles retén parte da prestación por non teren ao día as súas obrigas fiscais con ese país
A Xunta entrega unha vivenda pública en alugueiro no Concello da Peroxa
A actuación enmárcase nas liñas de axudas autonómicas destinadas a facilitar o acceso á vivenda, nun inmoble de 90 metros cadrados con tres dormitorios, garaxe e rocho
Esgos entra na recta final para asegurar entrada no seu magosto do 8 de novembro
A venda anticipada en bares, tendas e oficinas municipais segue aberta ata o 6 de novembro, antes da festa na Praza da Souteira










