Novas de Cartelle
Un programa gratuíto propón descubrir a comarca de Ourense combinando sendeirismo, gastronomía e patrimonio cultural
A iniciativa contempla seis xornadas gratuítas en distintos concellos que combinarán rutas guiadas, degustacións de produtos locais e visitas culturais para poñer en valor o territorio
A Deputación de Ourense aproba preto de 1,4 millóns de euros en 35 subvencións para concellos e entidades da provincia
As axudas, repartidas en dous grandes bloques, destínanse a mellorar infraestruturas, servizos e espazos públicos municipais, así como a reforzar a colaboración con entidades do ámbito deportivo e social da provincia
Cartelle será sede dun torneo da Copa Ibérica de fútbol sala feminino
O Pavillón Piño Vilachá reunirá, os días 29 e 30 de agosto, a equipos de primeiro nivel do fútbol sala feminino
Máis de cen persoas participarán este sábado na XXVII Carreira Popular de Cartelle
A proba reunirá 119 inscritos e contará con percorridos adaptados ás diferentes categorías, desde pitufos ata veteranos
Derradeiros días para anotarse na XXVII Carreira Popular Concello de Cartelle
A proba celebrarase o 15 de agosto e as inscricións estarán abertas até o día 11
Luis Menor entrega en Outomuro do Veliano de Honra 2026 a Emilio Carlos García Fernández
O presidente provincial participou no acto organizado pola Fundación Carlos Velo, onde destacou o labor do homenaxeado como catedrático e historiador do cinema
O Concello de Cartelle abrirá este martes as piscinas municipais
As instalacións funcionarán en horario de tarde durante a tempada de verán, entre as 15:00 e as 21:00 horas
Cartelle finaliza as obras de reparación na Ruta do Santo tras os danos do temporal
Tras un peche temporal por motivos de seguridade, a ruta xa volve estar aberta ao público e dispoñible para o seu uso
Cartelle acollerá unha proba da Liga Interclubes de hípica
Será o próximo domingo 14 de xuño no Centro Ecuestre O Mundil
A Deputación destaca a renovación do campo de fútbol de Cartelle cun investimento de 432.000 euros
Luis Menor visita as instalacións do “Pau Rañado” e reafirma o compromiso provincial coa mellora dos equipamentos deportivos no rural
O alumnado de Cartelle participa nunha actividade educativa sobre urbanismo e coidado do territorio
A proposta estivo dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, que puido coñecer dun xeito práctico e participativo o labor dos chamados “subinspectores urbanísticos”
A Xunta e o Concello de Cartelle estudan ampliar a rede de saneamento ata o núcleo de Doniz
Trátase do único núcleo do municipio que aínda non conta con conexión á rede
Cartelle actualiza o horario do Pavillón Polideportivo para facilitar o acceso ao deporte
O novo horario estará vixente de luns a venres, dividíndose en dúas franxas ao longo do día
A Feira de Artesáns de Cartelle regresa ao campo da feira este sábado
Haberá propostas de alimentación, xoiería, marroquinaría, libros, plantas, zocos e tamén cosmética natural e tintura
O PSdeG de Cartelle advirte do risco de derrubamento da Torre de Sande
Alertan de que nas últimas semanas a xa delicada situación deste Ben de Interese Cultural agravouse tras aparecer una nova fenda, e cargan contra a “inacción” das institución pública
'La Vuelta Femenina 2026' volverá percorrer a provincia de Ourense
A proba percorrerá o 4 de maio 109 quilómetros en territorio ourensán, entre Lobios e San Cibrao das Viñas, pasando por Muíños, Bande, Verea, Celanova, Cartelle, A Merca e Taboadela
O PSdeG-PSOE da comarca de Celanova reforza as súas candidaturas de cara a 2027
A executiva provincial mantivo un encontro cos representantes socialistas comarcais para traballar no proxecto e confeccionar “candidaturas máis sólidas e fortes”
Eventos
As persoas maiores de 60 anos residentes na provincia de Ourense poderán participar nun proxecto transfronteirizo sobre lonxevidade
O proxecto comezará nos concellos de Celanova, Verea, Gomesende, Ramirás, Quintela de Leirado, A Merca, Cartelle e Pontedeva, aínda que está aberto á incorporación doutros concellos ourensáns
Comeza unha nova campaña arqueolóxica no Castro de Trelle
Os traballos permitirán documentar novos elementos do xacemento, sito entre os concellos de Toén, Barbadás e Cartelle, e completar a información obtida na campaña anterior
O acceso aos Calvarios de Santa Baia foi mellorado cunha achega de 30.000 euros da Xunta
O Goberno galego destinou máis de 900.000 euros a 30 concellos da provincia de Ourense de ata 10.000 habitantes para mellorar as súas infraestruturas turísticas
A CHMS mellorará a capacidade hidráulica do río Arnoia e do regato da Abelleira en Cartelle e Celanova
A inversión prevista é próxima aos 60.000 euros e os traballos comezarán a próxima semana
Os socialistas esixen medidas ante a expansión do chancro nos castiñeiros da provincia de Ourense
Alertan de que a situación está provocando “perdas severas” na produción de castaña e nas rendas das familias da montaña do rural
A CHMS reforza os traballos de conservación dos leitos fluviais da demarcación
As actuacións lévanse a cabo nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra e inclúen a restauración de cauces, a eliminación de especies invasoras e traballos de prevención de inundacións
A Xunta declara a erradicación da flavescencia dourada da viña de utilidade pública
A maior parte das zonas afectadas por esta praga están nas provincias de Ourense e Pontevedra










