Cultura
O grupo de teatro Loureiro representa 'A herdanza' no Mosteiro de Celanova
A representación terá lugar no refectorio do claustro do mosteiro, cun reparto de doce actores e dous músicos en directo
A exposición de Baldomero Moreiras na Casa dos Poetas de Celanova amplía o seu prazo ata o 19 de outubro
A mostra, que pode visitarse na Casa dos Poetas, conta coa organización e colaboración de varias institucións públicas e culturais
San Cibrao das Viñas celebra este venres 'Nós tamén queremos navegar', unha sesión de contos con música en directo
A Biblioteca Municipal será o escenario dunha proposta que combina narración oral e música en directo, con entrada gratuíta ata completar aforo
A conta atrás para a tarde de cine e música polo Entroido en Toén xa está en marcha
O Centro de Interpretación do Entroido de Mugares abre as súas portas este sábado, 3 de outubro, con documentais, un videoclip e unha campaña publicitaria, con entrada de balde e degustación de viño do Ribeiro ao remate
A Deputación de Ourense abre o prazo para que os comercios se sumen ao Plan de Lectura Provincial
Os establecementos da provincia interesados en participar nesta iniciativa cultural dirixida á mocidade poden inscribirse ata o vindeiro 10 de outubro
O Concello de Avión busca fotografías para o seu calendario municipal de 2027
O prazo para presentar as imaxes, que deben amosar paisaxes, patrimonio ou tradicións do municipio, remata o 31 de outubro
Toén acollerá unha tarde de cine e música dedicada ao Entroido o 3 de outubro
O Centro de Interpretación do Entroido de Mugares proxectará documentais, un videoclip e unha campaña publicitaria, con entrada gratuíta e degustación de viño Ribeiro ao remate
Luz Casal pechará a segunda edición do festival 'Ou Yeah!' en Ourense o 4 de outubro
A artista subirá ao escenario do Pazo dos Deportes Paco Paz no que será o seu primeiro concerto na cidade desde 2019, nunha xornada que tamén contará co músico vigués Castillo
Maceda acolle o sábado unha obra de teatro sobre un xuízo disparatado no que todos os acusados son inocentes
O Centro Sociocomunitario (CSC) de Maceda organiza unha representación teatral que propón, en clave de comedia, un proceso xudicial no que ninguén parece ser culpable
Quintela de Leirado recibirá a estrea dun documental e unha exposición dedicados a Elías Valiña
O municipio acollerá a finais de setembro dúas actividades culturais centradas na figura do creador das frechas amarelas do Camiño de Santiago
A OUFF Film Symphony leva a música de 'El Señor de los Anillos' esta semana ao Auditorio de Ourense
A Xove Orquesta Ourensanía, dirixida por José Luis Tielas, interpretará o vindeiro 26 de setembro as composicións de Howard Shore para a triloxía, dentro dos actos previos ao OUFF
Ourense duplicará as xornadas de portas abertas a talleres de arte coa nova edición de 'Estudios Abertos'
A iniciativa amplía por primeira vez o seu formato a dúas fins de semana de outubro, con 24 espazos e 45 creadores repartidos entre a cidade e varios municipios da provincia
O Carballiño xunta a dez compañías de Teatro Amador nun mes de funcións no Auditorio Manuel María
A cita teatral desenvolverase todas as fins de semana desde o 4 de outubro ata o 8 de novembro, con propostas que abordan o humor, a historia, o drama e a crítica social
ESTETA Teatro colleita varios premios en FETAGAL
A compañía fíxose con distincións á mellor dirección, mellor guión adaptado, mellor vestiario e mellor espectáculo costumista na primeira edición destes galardóns
A biblioteca municipal de Maceda pecha as súas portas ata o 28 de setembro
O servizo de préstamo retomarase o día 28, aínda que as devolucións poderán tramitarse mentres tanto nas dependencias municipais
Allariz acollerá o 26 de setembro unha xornada dedicada ao legado territorial de Vicente Risco
O encontro reunirá especialistas en xeografía, historia, arquitectura e desenvolvemento rural para reflexionar sobre o pensamento territorial de Risco e as súas implicacións ante o despoboamento, os incendios e o cambio da paisaxe galega
O Ateneo de Ourense proxecta o documental 'A ilusión da abundancia' sobre a loita ambiental de tres mulleres iberoamericanas
A sesión, organizada con Oxfam Intermón, terá lugar o mércores 23 de setembro, ás 19.00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel
'Queen is Back' chega por primeira vez a Ourense o próximo mes
O Auditorio Municipal acollerá unha gala de máis de dúas horas e media cos grandes éxitos da banda británica, nun formato que percorre distintas cidades
A Deputación reivindica o traballo humano que sustenta o audiovisual na inauguración da mostra de Esteban Delaiglesia
O deputado Rosendo Fernández salientou que a proposta “rescata do anonimato os profesionais e fai patente a dignidade do seu traballo nun momento de profunda transformación tecnolóxica”
O Pereiro de Aguiar abre as portas da súa aula de teatro cunha xornada informativa
O Auditorio Os Gozos acollerá o vindeiro xoves un encontro para dar a coñecer esta actividade municipal a todas as persoas interesadas
A fotografía de Nicolás Muller sobre a Galicia dos anos sesenta chega a Ourense
A mostra reúne medio cento de imaxes tomadas polo fotógrafo húngaro durante as súas viaxes pola comunidade e poderá visitarse ata o 9 de xaneiro de 2027
A CEO e a Asociación do Camiño Mozárabe – Vía Plata suman esforzos para promover esta ruta xacobea en Ourense
Ambas as entidades acordaron impulsar de xeito conxunto eventos e accións de difusión deste trazado xacobeo, coa vista posta no vindeiro Ano Santo
Esgos pon en marcha unha nova edición da súa escola de gaita, pandeireta e percusión
O curso arrincará cunha reunión informativa o próximo sábado na Praza da Souteira, punto de partida das clases que se impartirán as fins de semana ao longo de todo o curso
A Coral de Ruada e Marita Souto, distinguidas cos Premios Ourensanía 2026
O xurado recoñece por unanimidade a traxectoria cultural de máis dun século da coral ourensá e, a título póstumo, a achega científica de Marita Souto ao estudo do termalismo da provincia




