Novas de Taboadela
COGAMI forma a nove persoas da provincia de Ourense en transporte escolar e adaptado
A entidade prepara ademais dous novos cursos sobre manexo de carretillas elevadoras e primeiros auxilios, con prazas aínda dispoñibles
Barbadás pon en marcha un novo obradoiro de emprego dual en aproveitamentos forestais e atención sociosanitaria
A iniciativa formativa ofrecerá dous certificados profesionais de nivel 2 dirixidos a persoas desempregadas que cumpran unha serie de requisitos de acceso
Torán retoma esta noite as festas de San Ramón cunha cea popular en homenaxe a Clodomiro Novoa
A parroquia de Santa María de Torán celebra esta fin de semana as festas patronais, con cea de homenaxe, proxección de imaxes de 1988, misa, procesión e música en directo con Feitizo de Pau
O DOG oficializa o peche de catro escolas unitarias por falta de alumnado en Boiro, Mesía, Taboadela e Portas
A Xunta xa anunciara previamente estas decisións, argumentando que os centros non contaban cunha matrícula suficiente e tampouco existían previsións de incremento do número de alumnos
Cancelada a Subida de Taboadela tras un accidente mortal durante a proba
A Federación Galega de Automobilismo confirmou o falecemento do piloto Jesús López e a suspensión da competición tras o sinistro
Taboadela organiza un Xantar Popular con motivo VII Semana Cultural
A comida celebrarase o 2 de agosto e as entradas xa poden adquirirse
A Deputación de Ourense realiza a maior aposta da súa historia polo terceiro sector, con máis de 460.000 euros en axudas
Trátase dun incremento orzamentario superior ao 70% respecto de convocatorias anteriores
Taboadela celebrará a V Noite dos Morcegos cunha sardiñada
A cita terá lugar este sábado 20 de xuño no bar das piscinas con ambiente festivo e degustación popular
O 59 Rally de Ourense Recalvi contará con preto de 150 quilómetros de tramos cronometrados
O percorrido atravesará os concellos de Taboadela, A Merca, Celanova, Toén, Amoeiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia e Arnoia, ademais da cidade de Ourense
O Concello de Taboadela completa a primeira fase de mellora viaria tras os danos do inverno
As actuacións desenvolvéronse en distintos puntos como A Pedreira, Outeiro–Amendo–N-525, A Reguenga, A Pousa e Pasadán
A Casa da Cultura de Taboadela acolle este venres a entrega de premios do VI Certame Literario
A xornada servirá para recoñecer o traballo das persoas participantes nesta nova edición do certame e poñer en valor a creatividade e o talento literario
O proxecto Re-Habilita Rural Lab logra resolver máis de 50 consultas sobre xeolocalización e mapeo de vivendas na primeira semana
Entre as principais conclusións, destaca que o 74% das vivendas analizadas precisan reformas importantes ou se atopan en estado de ruína, o que evidencia a necesidade de actuacións neste ámbito
As mellores motos clásicas regresarán a Taboadela nunha nova edición da Royal Classic Tab
Haberá premios á moto máis orixinal, ao mellor conxunto piloto-moto e ao piloto máis novo coa moto máis veterana
Allariz e Taboadela asinan un convenio de cooperación en materia de augas
O acordo reforza a colaboración entre ambas administracións para avanzar na xestión conxunta do abastecemento e depuración
A Reitoral da Cultura de Taboadela acollerá actividades dirixidas entre abril e xuño
Haberá e sesións de movemento mindfull e clases de baile os luns e os mércores
Mulleres e nenos de Taboadela, Barbadás e Melón participaron ao longo do mes de marzo en talleres de defensa persoal
As sesións estiveron organizadas en colaboración co club Tai-Jitsu Ourense e o Ximnasio Estudio A Valenzá
Taboadela organiza un obradoiro de bisutería en arxila polimérica
Terá lugar os días 11 e 18 de abril na Casa da Cultura
Eventos
Álvaro Vila acusa ao alcalde de Barbadás de “neglixencia política e bloqueo administrativo”
Crece a tensión entre ambos mandatarios tras a cancelación do obradoiro de emprego que se desenvolvía de forma conxunta e que afecta tamén ao Concello de Toén
O PP de Taboadela denuncia a perda dunha subvención de 48.333 euros para a compra dun tractor
Aseguran que a situación debeuse a un erro administrativo e apuntan directamente á xestión municipal que, segundo a súa denuncia, tería asinado un acta de “non recepción” que derivou na denegación da axuda por parte da Xunta
O Concello de Taboadela organiza obradoiros de memoria entre marzo e xuño
Estarán abertos a todas as persoas interesadas en participar, que deberán inscribirse previamente
Taboadela repartiu máis de 500 euros en premios no Entroido 2026
Dende o Concello destacan o esforzo e a creatividade dos participantes deste ano
Taboadela organiza obradoiros de defensa persoal con motivo do 8M
As actividades están dirixidas tanto a mulleres como a nenas e nenos de entre 7 e 16 anos, e o prazo de inscrición remata o 5 de marzo
A Xunta actuará en 19 estradas galegas ao seu paso por 30 concellos galegos
Na provincia luguesa actuará en Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei, en na ourensá en Maceda, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Allariz, Taboadela, Ourense, Coles e Paderne de Allariz
Xa están abertas as inscricións para o Concurso de Disfraces e Comparsas do Entroido de Taboadela 2026
Poderán participar comparsas, disfraces individuais e disfraces en grupo










