Actualidade
A N-120 terá cortes de tráfico nocturnos en Ourense este martes e mércores
As obras de mellora do Ministerio de Transportes obrigarán a un paso alternativo entre a Ponte do Milenio e a rúa Pablo Iglesias, sen acceso dende esta última
A Feira de Stock do Carballiño reúne ata o domingo 15 comercios locais
A cita, organizada por Carballiño Centro Comercial Aberto e con máis de tres lustros de historia, reparte vales de compra de 50 euros entre os visitantes e reúne establecementos de moda, calzado, fogar, decoración e xoguetería
Avante Ourense pide ao Concello datos sobre o cumprimento da nova ordenanza contra o ruído
A plataforma solicita coñecer denuncias, medicións, inspeccións e sancións desde a entrada en vigor da normativa en xuño, e pon como exemplo os conflitos veciñais na zona de Valle-Inclán
Avante Ourense reclama medidas urxentes tras destapar a situación dos vestiarios de Urxencias no CHUO
A organización traslada o asunto a tres organismos distintos para que verifiquen en que condicións se atopan as dependencias que emprega o persoal sanitario a diario
O PSdeG pedirá no Parlamento explicacións á Xunta pola demolición da Casa de Baños de Ourense
O grupo parlamentario socialista reclama unha avaliación integral do edificio, a conservación dos elementos patrimoniais que se manteñen e recursos autonómicos para impulsar a súa rehabilitación
O PSOE de Ourense esixe paralizar as obras na Casa de Baños de As Burgas e pide explicacións a Jácome
O grupo municipal socialista solicita unha Xunta de Voceiros urxente e a comparecencia do concelleiro de Urbanismo e Patrimonio, ademais dunha inspección da Xunta por tratarse dun elemento integrado nun BIC
Unha rotura na rede principal de abastecemento en Ribadavia obriga a cortar a auga mentres se repara a avaría
Os equipos técnicos traballaron durante toda a noite para solucionar a incidencia e recuperar o subministro coa maior rapidez posible
GaliciaXa
Alerta vermella por calor para este domingo no interior de Pontevedra, as Rías Baixas e a montaña de Ourense
Valdeorras, o sur de Lugo e o Miño de Ourense estarán en nivel laranxa, mentres que o suroeste da Coruña e o Miño de Pontevedra permanecerán en alerta amarela
O polideportivo de Barbadás será ampliado cun investimento de máis de 1,2 millóns de euros
As obras, que suman máis de 1,2 millóns de euros, permitirán construír unha nova planta con ximnasio, sala polivalente e vestiarios, ademais de mellorar a accesibilidade e a eficiencia enerxética do edificio
O Centro Comercial Aberto de Ourense recibe preto de 44.000 euros para dinamizar o comercio
A axuda busca impulsar o consumo, atraer clientela e reforzar a actividade dos pequenos negocios
GaliciaXa
Controlado o incendio de Baltar mentres que continúan estabilizados os lumes de Rodeiro
O lume de Carboentes afecta unhas 20 hectáreas, a mesma superficie aproximada que o incendio de Arnego, mentres que o de Garabelos do Bouzo, en Baltar, alcanza as 120 hectáreas
Rexistrado un pequeno terremoto de magnitude 2,7 no Pereiro de Aguiar
O movemento sísmico produciuse a unha profundidade de 11 quilómetros e puido ser percibido nalgunhas zonas de Ourense, Coles e San Cibrao das Viñas
A D.O. Monterrei e Expourense renovan a súa alianza para reforzar a promoción internacional dos viños da denominación
O acordo, que alcanza os once anos de colaboración, permitirá manter a presenza da denominación nas feiras, eventos e accións internacionais organizadas por Expourense ao longo de 2026, con especial atención ao mercado portugués
GaliciaXa
Máis de 7.300 persoas regularizadas xa cotizan á Seguridade Social en Galicia
A Coruña concentra case a metade das altas rexistradas na comunidade tras o proceso extraordinario de regularización de persoas estranxeiras
A final do Mundial poderá verse na Praza Maior e no Paseo Ribeira de Canedo
O Concello instalará dous puntos de retransmisión en ambos puntos para o partido que España disputará este domingo ás 21.00 horas
GaliciaXa
A DGT inicia este luns unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas ao volante en Galicia
A vixilancia prolongarase ata o 19 de xullo e centrarase especialmente nas zonas de turismo e lecer, coa colaboración das policías locais
As obras de mellora da rúa do Progreso obrigarán a cortar o tráfico por tramos durante unha semana
A circulación de vehículos quedará interrompida desde este luns ata o domingo 19 de xullo para executar os traballos de asfaltado, pavimentación e acondicionamento da calzada
As obras na rúa Emilia Pardo Bazán obrigarán a despregar un dispositivo especial de tráfico este xoves en Ourense
O operativo comezará ás 6.00 horas coincidindo co inicio dos traballos de renovación do firme e permitirá, sempre que sexa posible, manter a circulación nos dous sentidos
O Concello prevé rematar hoxe as obras en Curros Enríquez e Xoán XXIII e continuará mañá en Pena Trevinca
Os traballos de pavimentación seguirán nos próximos días en Vicente Risco e Emilia Pardo Bazán con modificacións na circulación
A execución de catro obras en distintas rúas da cidade obriga a reorganizar o tráfico no centro de Ourense
O plan desenvolverase en catro fases e inclúe cortes, desvíos e cambios provisionais de circulación
A ZBE de Ourense entra en funcionamento este 1 de xullo con sancións de 200 euros para vehículos non autorizados
O novo perímetro de baixas emisións abrangue o interior delimitado por varias rúas do centro e establece restricións de acceso segundo a etiqueta ambiental dos vehículos
Comezan as obras de reparación do pavimento no cruzamento entre Bedoya, San Lázaro e Santo Domingo
A actuación obrigará a cortar o tráfico na intersección durante aproximadamente dous meses e implicará cambios temporais na circulación
Restricións de tráfico na Avenida da Habana a partir do vindeiro luns por obras de reparación e mellora do pavimento
Os traballos estenderanse durante unha semana, até o 6 de xullo
A asociación veciñal do Polvorín retoma a actividade tras dous anos e suma arredor de 50 socios en apenas dúas semanas
A nova directiva foi recibida polo alcalde este mércores no salón de plenos




