Actualidade
Licitada a xestión integral do Complexo Deportivo de Monterrei para este verán
O contrato estenderase de maio a setembro e inclúe como novidade a xestión da cafetería, ademais de todas as actividades do complexo, cun orzamento próximo ao millón de euros
A Xunta apela á “responsabilidade” do Concello de Ourense para desbloquear o conflito da Alameda
“Hai solución, hai financiamento, hai vontade institucional de Xunta e Deputación, por suposto tamén dos praceiros, e só falta a responsabilidade do Concello”, sinalou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración tras coñecerse a suspensión cautelar do desaloxo
O BNG de Xunqueira de Ambía acusa ao Goberno municipal de “deixadez” tras un incidente eléctrico
Advirten que unha luz pública e parte do tendido eléctrico permanecían caídos o pasado domingo cinco días despois dun accidente cun tractor
O BNG esixe a comparecencia dos técnicos de urbanismo para aclarar a situación da rúa Pena Trevinca
Demandan ao Goberno local unha explicación sobre o motivo do colapso, as obras que se están a levar a cabo e as posibles afectacións que se puideran ter producido en baixos e garaxes
O Concello de Barbadás reclama melloras na rede eléctrica para reducir os cortes de subministración
Nos últimos días rexistráronse problemas nunha liña de media tensión que afecta a ambos municipios
Ourense celebra o Luns de Entroido con música e festa ata a madrugada
O Entroido de Ourense entra na súa recta final cunha xornada marcada pola música das charangas, a actuación da Orquestra Mondragón & Javier Gurruchaga e sesións de DJ na Alameda, Santa Eufemia e no Correxidor
San Cibrao das Viñas repón o alumeado público no Polígono Comercial Barreiros
Os traballos veñen motivados polo roubo sufrido antes do Nadal
Ourense celebra o Sábado de Entroido con música e festa durante toda a xornada
As charangas comezarán a soar xa a mediodía e, a partir das 19:00 horas, as rúas e prazas do centro histórico encheranse de actuacións musicais e sesións DJ
A Praza Maior e Progreso contarán con aforo e restricións de acceso para garantir a seguridade durante o Entroido
Ambos puntos contarán con entradas e saídas diferenciadas para evitar aglomeracións e haberá baños, un Punto Violeta nos soportais da Praza Maior, un Hospital de Campaña preto da Catedral e un amplo dispositivo de seguridade cidadá
Os Festicultores e a Orquestra Origen animarán este venres o Entroido de Ourense
Tamén haberá sesións de DJ en distintas prazas do centro, así como charangas que percorrerán o Casco Vello ata ben entrada a madrugada
Unha balsa de auga obriga a cortar a OU-0300 entre Allariz e Celanova
Desde o Concello de Allariz advirten de que son varias as incidencias na rede viaria do municipio e piden á veciñanza extremar as precaucións
O BNG logra rexistrar 1.468 sinaturas para esixir a reapertura da oficina de Naturgy en Celanova
Denuncian que o peche deixa sen atención directa a milleiros de persoas e advirten que continuarán impulsando iniciativas no Parlamento de Galiza para que a empresa rectifique
Alerta en Ourense polas crecidas do Miño
O Concello pecha marxe dereita do río e pide á cidadanía non achegarse ás marxes fluviais, agardándose as maiores crecidas durante este venres
Pechan ao tráfico a rúa Ramón Puga pola execución de traballos urxentes de reparación do pavimento
O corte afectará ao tramo comprendido entre a rúa Finca da Marquesa e a rotonda de Barrocás desde esta noite e ata que rematen as obras
O BNG esixe a execución inmediata da execución inmediata da A-56 entre Ourense e Lugo
Os nacionalistas de Ourense levarán ao pleno da Deputación unha moción na que solicitan á institución provincial que inste ao Goberno do Estado a rematar os traballos nesta vía
Doce concellos ourensáns reciben nova maquinaria para reforzar a prevención de incendios forestais
Os novos tractores con rozadoira foron destinados aos concellos de Sandiás, Cenlle, Montederramo, Vilamarín, Lobios, Beariz, Ribadavia, Os Blancos, O Barco e Laza, así como ás mancomunidades de Celanova e Verín
GaliciaXa
A Xunta e a Unesco avanzan no impulso da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos mantivo este martes un encontro en París co subdirector de Cultura da Unesco, Ernesto Ottone, e o embaixador de España ante este organismo, Miquel Iceta
O Concello de Allariz denuncia a aparición de restos de obra na Acearrica
Lembran que o municipio dispón dun punto de recollida e recuperación en Chorente e advirten que este tipo de actos “incívicos” supoñen “un ataque directo ao patrimonio natural do municipio”
Abre o prazo para presentar proxectos para a programación da Escola Municipal Continua 2026
As propostas poderán presentarse no Concello ata o 13 de febreiro
A Fundación Curros Enríquez súmase a unha iniciativa que solicita que Galicia forme parte da UNESCO
Os asinantes consideran que a exclusión de Galicia como aspirante a membro asociado da UNESCO xunto con Cataluña e Euskadi supón unha discriminación inxustificada



