OurenseXa
A parroquia de Santa Teresita organiza as súas festas grandes para o 25, 26 e 27 de setembro
O barrio ourensán celebrará tres xornadas festivas con verbena, sesións vermú, música tradicional e actos relixiosos, ademais de atraccións para os máis pequenos durante as tardes
O Carballiño investirá preto dun millón de euros na ampliación do complexo deportivo da Uceira e na reforma do pavillón
As dúas actuacións buscan adaptar as instalacións ao aumento de deportistas e público, con obras no campo de fútbol, o graderío, a iluminación e os vestiarios
O pavillón Paco Chao do Carballiño será sede dun torneo de tenis de mesa aberto a todas as idades e niveis
A cita deportiva celebrarase o vindeiro 11 de setembro con actividades pensadas para pequenos e maiores
Toén acollerá unha xornada cultural con ruta de sendeirismo, obradoiro de cestería e concerto na Carballeira de Puga
A Carballeira de Puga será escenario o vindeiro 13 de setembro dunha xornada que combinará unha andaina xunto ao Miño, un obradoiro de cestería tradicional, música en directo e unha mostra fotográfica
GaliciaXa
O PSdeG presenta unha serie de iniciativas parlamentarias para incrementar a taxa de actividade
Carmen R. Dacosta reclama á Xunta incorporar criterios territoriais ás políticas activas de emprego logo de constatar que Ourense e Lugo seguen a ser as provincias coa menor taxa de actividade de España
O OUFF proxectará en exclusiva o primeiro capítulo de 'Las hijas de la criada' coas súas protagonistas en Ourense
A sección Fóra de Serie do festival acollerá o pase especial do primeiro episodio desta produción baseada na novela de Sonsoles Ónega, Premio Planeta 2023, coa presenza de dúas das súas actrices o 30 de setembro
O Concello de Coles segue coas obras de reparación e asfaltado das súas vías municipais
O goberno local avanza no mantemento das infraestruturas viarias do municipio para mellorar a circulación e reforzar a seguridade da veciñanza nas distintas parroquias
O Fest Clásico Ribeira Sacra continúa esta fin de semana en Chantada, Nogueira, Quiroga e Os Peares
O festival, que comezou o pasado domingo, levará a música clásica a distintos espazos da Ribeira Sacra ata o domingo 30 de agosto
Celanova celebra esta fin de semana a súa Feira do Stock no Claustro Barroco
O Claustro Barroco do municipio ourensán será, durante dúas xornadas, escenario dunha cita comercial con rebaixas en moda, calzado, complementos, fogar e xoguetería, ademais de actividades para toda a familia
O Carballiño acollerá este sábado unha exhibición de kick boxing, hapkido e jiu-jitsu brasileiro
A cita será a partir das 19.30 horas nun espazo emblemático da vila, e chega nun ano no que un grupo de mozos e mozas do municipio se clasificou para o Campionato Mundial de Kick Boxing que se disputará en novembro en Aranjuez
O BNG leva ao pleno de setembro unha moción para pedir responsabilidades polo derrubo da Casa de Baños e trasladar o caso á Fiscalía
A formación nacionalista reclama o expediente completo das obras, a identificación de quen as autorizou, medidas para protexer o que queda do inmoble e a apertura de expedientes disciplinarios se se confirman irregularidades
A Escola de Celanova recupera as clases de ioga por petición dos usuarios
O centro incorpora de novo esta actividade, moi solicitada polo público, con sesións os luns e mércores ás 18.30 horas
Pontedeva convértese en escaparate das novas axudas para casas niño no rural galego
A localidade ourensá serve de referencia para presentar unha nova liña de subvencións, dotada con máis de 300.000 euros, destinada á posta en marcha de cinco casas niño que atenderán a máis de 530 menores de entre 0 e 3 anos en zonas rurais de toda Galicia
San Cibrao das Viñas estrea unha app móbil para xestionar o deporte e o lecer municipal
O Concello pon en marcha unha aplicación que permite inscribirse en actividades, xestionar os pagamentos e apuntar a toda a familia desde unha soa conta, dispoñible en Google Play e App Store
O PSdeG da Peroxa reclama melloras no aparcamento do Campo Municipal do Marco para garantir a seguridade dos deportistas
Os socialistas aseguran que o espazo continúa sen recibir as actuacións previstas e alertan do estado do paso de peóns utilizado por nenos e nenas
Avante Ourense propón crear unha empresa pública de vivenda e pide máis control sobre os grandes propietarios
A formación propón un paquete de medidas para ampliar o parque público, recuperar inmobles no Casco Vello e limitar a concentración de vivenda en mans de grandes propietarios
O PP de Ourense reclama ao Goberno central que desbloquee a baixada do IVE para perruquerías e salóns de estética
Os senadores populares Rosa Sánchez Gándara e Francisco José Fernández advirten de que a proposta para recuperar o tipo do 10 % leva case tres anos paralizada no Congreso e anuncian novas preguntas parlamentarias sobre o seu impacto no emprego e no peche de negocios na provincia
GaliciaXa
A tormenta deixa máis de 1.000 raios, fortes choivas e un acusado descenso das temperaturas en Galicia
As precipitacións provocaron tamén inundacións puntuais en varias rúas da cidade da Coruña, incluído o paseo marítimo, e afectaron o recentemente inaugurado mercado de Monte Alto
Xunqueira de Espadanedo acolle este venres unha tarde dedicada aos máis pequenos
Haberá polvos Holy, unha festa da escuma, inchables e moito xogo
Celaguantes celebrará as Festas de San Ramón con actividades para todas as idades
A programación desenvolverase os días 28 e 29 de agosto e incluirá festa da xuventude, actos relixiosos, xantar popular, concurso de lanzamento de sacho e verbena
Vilarchao acolle un concerto da Banda de Música Santádega de Coles este sábado
A formación ofrecerá unha actuación musical na Praza do Concello como antesala da súa participación no certame autonómico de outubro
Crean unha oficina itinerante para informar á mocidade do rural sobre emprendemento e melloras laborais
O programa bota a andar este mesmo venres, día 28, no municipio lugués de Palas de Rei, e continuará o vindeiro luns, 31 de agosto, no concello ourensán de Celanova
A toma de mostras do proxecto Xenoma Galicia chegará a Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras o 7 de setembro
Enviáronse 2.706 invitacións por SMS á veciñanza dos tres distritos sanitarios, co obxectivo de sumar 541 novas participacións a este programa de cribado xenético




