OurenseXa
Cenlle prepara unha xornada de xogos en familia na pista polideportiva do CEIP Carmen García Carrasco
O Concello de Cenlle celebrará o vindeiro 31 de agosto, de 10.00 horas a 15.00 horas, unha actividade lúdica con inchables e xogos para todas as idades, encadrada no Servizo de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
O Concello de Cea presenta a exposición de pirogravados 'Xubilado, non te quedes parado' no Edificio Multiusos
Arturo Vázquez Crespo, "o Xiada", natural de Cea e veciño de Gandía, presenta do 1 ao 27 de setembro unha colección de pezas de pirogravado en madeira inspiradas en ambas as dúas localidades
O Concello da Merca organiza unha excursión para maiores a Mondoñedo, Taramundi e a Praia das Catedrais
A viaxe, dirixida a pensionistas empadroados, terá lugar os días 3 e 4 de outubro e combina natureza, etnografía e patrimonio por Asturias e o norte de Lugo
GaliciaXa
A eclipse de Lúa do día 28 chegará ao momento de máxima ocultación ás 6.13 horas
Ao contrario do que sucede coas eclipses solares, non é necesario protexer a nosa visión para a súa contemplación, explica o coordinador do Observatorio da USC, José Ángel Docobo
Ourense presenta PeDRa'26, o festival de saberes que levará música, obradoiros e tradición a catro sedes da provincia
A sexta edición do festival de saberes presentouse este martes en Ourense e celebrarase en cinco xornadas repartidas por catro sedes da provincia, cunha previsión de máis de 1.200 asistentes
Boborás afronta a reforma integral do seu pavillón municipal cun investimento de 1,2 millóns de euros
O Concello iniciará obras para renovar cuberta, fachada, pavimento e gradas dunha instalación clave para o colexio, os clubs deportivos e toda a veciñanza
O Concello de Maceda pecha a pista 1 de pádel por danos ata novo aviso
A instalación permanecerá fóra de servizo de xeito indefinido despois de rexistrarse danos que impiden o seu uso normal
A Asociación de Mulleres Rurais de Cortegada organiza unha ruta de sendeirismo por Meréns o 13 de setembro
A actividade, de nivel medio e 6,6 kilómetros de percorrido, forma parte do programa de Rutas Culturais polas parroquias do municipio e inclúe avituallamento e pincho ao rematar
Xunqueira de Ambía acollerá unha charla sobre muller e deporte dentro do programa Rosalía
Nova sesión de balde do programa Rosalía centrada na saúde e o benestar das mulleres, encadrada nas axudas autonómicas para a igualdade e a prevención da violencia de xénero
A ITV móbil para vehículos agrícolas pasará por Esgos a principios de setembro
A unidade estará no aparcamento do Velorio do Pinto e será necesario solicitar cita previa para realizar a inspección
A N-120 terá cortes de tráfico nocturnos en Ourense este martes e mércores
As obras de mellora do Ministerio de Transportes obrigarán a un paso alternativo entre a Ponte do Milenio e a rúa Pablo Iglesias, sen acceso dende esta última
Aplazado polas condicións meteorolóxicas o concerto de Antonio Barros en San Amaro
O concerto, que debía celebrarse onte pola noite na Praza da Igrexa, xa ten nova data
Felipe VI volve presidir o Comité de Honra de Termatalia, que regresa a Ourense en setembro
O Rei renova o seu apoio institucional á feira termal ourensá, que celebra o seu regreso como cita internacional completa tras a edición de 2025 en Colombia
Allariz congrega a máis dun cento de mozos piragüistas na cuarta proba da Copa Deputación
O río Arnoia acolleu a cuarta cita da liga ourensá de piragüismo, con 111 deportistas dos clubs de toda a provincia e vitoria por equipos de Piragüismo Ourense
Cenlle organiza unha xornada formativa sobre as propiedades do café e as infusións saudables
A sesión práctica celebrarase o mércores 26 de agosto pola tarde na Casa do Pobo e contará cun espazo de conversa aberta sobre saúde e agasallos para os asistentes
Extinguido o incendio forestal de Padrenda tras queimar 27 hectáreas de monte raso
O servizo de extinción logra apagar as chamas pasada a medianoite e Medio Rural confirma que a superficie afectada se compón integramente de terreo raso
O Frei Canedo de Verán volve o 5 de setembro coa súa terceira edición
O Campo da Feira acollerá unha xornada de mañá a noite con actividades para todos os públicos, despois de que moitos veciños e veciñas preguntasen polo regreso do evento
Avante Ourense pide fondos municipais para ampliar refuxio climático
O colectivo busca cubrir a totalidade da avenida Otero Pedrayo, baseándose en proxeccións do Barcelona Supercomputing Center sobre o aumento de xornadas de calor crítico
Cancelada a Subida de Taboadela tras un accidente mortal durante a proba
A Federación Galega de Automobilismo confirmou o falecemento do piloto Jesús López e a suspensión da competición tras o sinistro
Francisco Diéguez, coordinador de Avante Ourense: “A cidadanía quere solucións e propostas aos problemas do día a día”
A plataforma, que non descarta concorrer ás municipais de 2027, preséntase como un espazo aberto á cidadania que reclama reforzar os servizos públicos, facilitar o acceso á vivenda e construír unha alternativa á actual política municipal
Ribadavia abre o prazo para inscribirse no servizo de conciliación de mañá e tarde do curso 2026/2027
O Concello de Ribadavia habilita do 25 ao 31 de agosto o prazo para solicitar o servizo de conciliación de mañá e tarde de cara ao vindeiro curso escolar, con horarios de 7.30 horas a 9.00 horas e de 15.00 horas a 16.30 horas.
Allariz acolle a partir de setembro un curso gratuíto de iniciación á lingua e á cultura galegas
A actividade está orientada a persoas maiores de 16 anos que desexen iniciarse no coñecemento do galego e achegarse á cultura propia de Galicia
A Inspección de Traballo investiga as condicións dos vestiarios de Urxencias do CHUO
A actuación inspectora comeza tras a denuncia de Avante Ourense, que alertou de deficiencias e inundacións nas instalacións utilizadas polo persoal sanitario




