Novas de Allariz
Allariz recicla máis de 17.800 quilos de roupa no que vai de ano a través de ModaRe
O municipio acumula case 18 toneladas de téxtil recollido entre xaneiro e setembro, cun setembro que marca o mes de maior participación veciñal
As Xornadas de Carne de Boi de Allariz encaran o seu último fin de semana con degustación gratuíta e música en directo
Este sábado o Mercado da Reserva da Biosfera ofrece paté de fígado de boi con shiitake, e as tapas a 3 euros poden probarse ata o luns 12 de outubro
Allariz recicla máis de 1.800 quilos de aceite usado no que vai de ano e evita a contaminación de dous millóns de litros de auga
Os trece puntos de recollida repartidos polo concello permitiron recuperar case 1.830 quilos de aceite doméstico entre xaneiro e setembro, un material que se transforma en biocarburante e que evitou a emisión de máis de cinco toneladas de CO2
A Deputación de Ourense destina preto de 747.000 euros a vinte concellos para recuperar vivenda de alugueiro
A segunda convocatoria do Plan Provincial de Vivenda eleva a 1,25 millóns o mobilizado nas súas dúas primeiras edicións, mentres se aproban outras axudas por máis de 1,12 millóns de euros
Allariz celebrará os días 10 e 11 de outubro a undécima edición do festival de poesía Poemagosto
O encontro combinará recitais, música, natureza e actividades familiares, coa novidade dun concurso de escaparates poéticos nos comercios da vila
Allariz dedica setembro e outubro ás súas persoas maiores coa XVIII edición das 'Semanas das Persoas Maiores'
Cinema, unha camiñada con xantar campestre, unha viaxe cultural e un obradoiro de cerámica compoñen unha programación pensada para fomentar o envellecemento activo, a saúde e a convivencia
Allariz pon en marcha a matrícula das súas escolas culturais para o curso 2026-2027
O prazo para apuntarse ás distintas disciplinas de música, instrumentos e pintura dirixidas á infancia e á mocidade estará aberto ata o 24 de setembro, con prazas limitadas na Casa da Cultura
Allariz acollerá o 20 de setembro unha gymkana de orientación sobre corresponsabilidade familiar
A actividade, aprazada desde maio, propón un xogo de orientación en equipo para fomentar a colaboración entre familias
O Festival RiR vivirá a súa xornada máis intensa coa gala que pon fin á novena edición
A programación do sábado combina literatura, música e cine familiar antes da Gala de Clausura, onde se coñecerá o palmarés oficial e se recoñecerá unha traxectoria vinculada á comedia
Allariz celebrará o 4 de outubro a súa cuarta proba de BTT con dous percorridos de 45 e 25 quilómetros
A localidade acollerá unha nova edición desta cita ciclista de montaña, que ofrecerá dúas distancias distintas para adaptarse a todos os niveis físicos
Allariz préparase para encherse de risas coa 9ª edición do Festival RiR
A vila ourensá acollerá durante unha semana curtametraxes, música, literatura e encontros con profesionais do sector, nun festival que repite as proxeccións da Sección Oficial para chegar a todos os públicos
Máis de 100 deportistas participarán este domingo na XXXV Regata de Piragüismo Festa da Empanada de Allariz
A proba, que percorrerá o río Arnoia entre o edificio A Fábrica e a ponte románica, será a cuarta regata provincial puntuable para a Copa Deputación 2026
Allariz cortará o tráfico en varias rúas este sábado polo Triatlón Vila de Allariz
A 33ª edición da proba deportiva obrigará a restrinxir a circulación en distintos puntos do concello entre as 17.00 e as 20.00 horas
Allariz recibe a Festa da Empanada con tres días de música, deporte e tradición gastronómica
A vila ourensá combina triatlón, piragüismo, desfile de xigantes e cabezudos, teatro de rúa e concertos coa degustación da súa empanada tradicional nos locais de hostalaría, panadarías e pastelarías durante toda a fin de semana
Allariz celebrará o 23 de agosto a XXXV Regata Copa Deputación de piragüismo
A tradicional proba deportiva desenvolverase na Alameda e na contorna do río Arnoia no marco da Festa da Empanada
O Campionato de Billarda, unha das citas máis destacadas do verán alaricano, regresa a partir deste domingo
O Campo da Barreira volverá reunir a participantes de todas as idades arredor dun dos xogos populares máis representativos da cultura galega
O mercado “Arte de Man” reunirá unha vintena de propostas de artesanía o 6 de setembro en Allariz
A Zona de Santo Estevo acollerá durante toda a xornada demostracións de oficios tradicionais, un obradoiro de flores secas e actuacións musicais
Eventos
As Xornadas de Folclore achéganse esta tarde a Allariz e Maceda
Ecuador, Serbia e Taiwán actuarán no Campo da Barreira, na capela de San Bieito de Allariz, mentres que Armenia, México e Senegal estarán na Rúa do Toural de Maceda, ás 22.30 horas
Roimelo celebrará o 14 de agosto a XII Subida Nocturna ata San Salvador
A marcha, organizada pola veciñanza coa colaboración do Concello de Allariz, finalizará cun avituallamento para os participantes
As XLI Xornadas de Folclore regresan o luns para levar a música e a danza tradicional de seis países a 16 concellos da provincia
Preto de 170 artistas de Armenia, Ecuador, México, Serbia, Taiwán e Senegal participarán nesta edición, que arranca o 10 de agosto no Teatro Principal de Ourense
Allariz celebrará do 21 ao 23 de agosto unha nova edición da Festa da Empanada con gastronomía, cultura e deporte
A programación inclúe espectáculos, concertos, o Triátlon, a Regata de Piragüismo e a tradicional degustación de empanada, ademais de actividades para todas as idades
O Campo da Barreira acollerá unha nova edición do Campionato de Billarda de Allariz
O Campo da Barreira volverá reunir a participantes de todas as idades nunha das actividades máis emblemáticas do verán alaricano.
Allariz ofrecerá en setembro un curso gratuíto para iniciarse na lingua e na cultura galegas
A formación, dirixida a persoas maiores de 16 anos, desenvolverase durante 20 horas e permitirá obter un diploma expedido pola Secretaría Xeral da Lingua
O Tríatlon Vila de Allariz abre inscricións para a súa XXXIV edición
A proba deportiva disputarase o 22 de agosto na modalidade sprint e reservará prazas para persoas empadroadas no municipio










