Novas de Allariz
A III Pasarela Solidaria de Allariz recada 5.014 euros a favor da investigación contra o cancro
A organización fixo entrega do cheque á Asociación Española Contra o Cancro en Ourense tras una exitosa edición
Galicia e Cataluña intercambian experiencias sobre o relevo xeracional no agro nunhas xornadas en Allariz e Sandiás
A iniciativa, impulsada por varios Grupos de Desenvolvemento Rural galegos baixo a coordinación de Seitura 22, busca compartir experiencias para facilitar a incorporación de mozos e mozas ao agro
Allariz acolle un obradoiro de saúde comunitaria centrado nos primeiros auxilios
Será este xoves no Fogar do Maior e será impartido polas enfermeiras especialistas en enfermaría comunitaria Raquel Fernández e Andrea Fernández
A Escola Municipal de Pintura de Allariz inaugura esta tarde a súa exposición de fin de curso
Poderá verse na Casa da Cultura ata o 19 de xuño
Allariz acollerá un obradoiro de primeiros auxilios dirixido a persoas coidadoras no Fogar dos Maiores
A actividade, organizada polo SERGAS en colaboración co Concello, celebrarase o xoves 28 de maio dentro dos Obradoiros de Saúde Comunitaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras
Allariz celebrará o Día da Abella cunha xornada de divulgación e posta en valor do sector apícola
Será este sábado na Praza do Matadoiro, coincidindo co Mercado da Reserva da Biosfera
O PSdeG-PSOE de Ourense celebrará este venres en Allariz a súa V Xuntanza Socialista provincial
O encontro reunirá a militantes e cargos do partido nunha cita centrada na reflexión política, a convivencia e o fortalecemento do proxecto socialista
O Festival Internacional de Xardíns abre as súas portas en Allariz
Baixo a premisa “Xardíns en Liberdade”, a edición deste ano presenta proxectos chegados de Sudáfrica, Países Baixos, Colombia, Chile, México, Austria, Italia, Portugal e España
Allariz ofrecerá este ano 130 prazas para nenos e nenas no programa Concilia Verán
Haberá 80 prazas para o mes de xullo e 50 prazas para o mes de agosto, e o prazo abrirá a vindeira semana
Allariz prepara o dispositivo de seguridade para a Festa do Boi
O subdelegado do Goberno en Ourense chama á cidadanía a desfrutar das celebracións "con responsabilidade"
Os “Cafés en Igualdade” teñen unha nova cita en Allariz cun encontro sobre a xestión emocional e a culpa
Será este venres 15 de maio ás 17.00 horas no espazo Roi Xordo, onde se abordará o tema “Rebelión emocional: o pracer de vivir sen culpa”
O Concello de Allariz denuncia os continuos cortes de luz en distintos núcleos do municipio
As incidencias afectan a núcleos como Folgoso, O Mato, Roiriz, Outeiro Orraca, San Breixo, Vilar de Flores, Coira, Xugueiros, Seixo, a zona do Camping, Gundiás, Silvela, Turzás, Rubiás, A Cal, A Barraca e Queiroás
Allariz adía a actividade “Orientaventura da Corresponsabilidade” polas condicións meteorolóxicas
A nova data da actividade será comunicada proximamente a través das canles oficiais do Concello
A campaña “Merca no teu comercio 2026” chega a nove concellos ourensáns
As compras no Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Xinzo de Limia, Ribadavia, Verín, O Carballiño, Allariz, O Castro de Caldelas e Maceda terán premio para dinamizar o comercio de proximidade
O Campus Sporty regresa a Allariz do 1 ao 13 de xullo
O fútbol centrará un ano máis actividades principais, aínda que tamén terán lugar outras actividades complementarias
Os membros Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Allariz participaron nunha excursión literaria por terras leonesas
As persoas participantes percorreron distintos espazos de interese literario e histórico, como Astorga ou León, achegándose a autores como Panero, Antonio Gamoneda, Victoriano Crémer e Francisco de Quevedo
Allariz prepárase para a apertura da XVI edición do Festival Internacional de Xardíns
Baixo o lema “Xardíns da liberdade”, esta edición propón unha experiencia na que a música, o movemento e a natureza se combinan para transmitir a idea de liberdade ao longo do percorrido expositivo
Allariz acollerá a terceira Pasarela Solidaria a favor da loita contra o cancro
Será o 15 de maio e a recadación irá destinada á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense
Allariz presenta o programa para celebrar o Día das Letras Galegas
Haberá música, literatura e actividades para todos os públicos
AFAOR impulsa en Allariz un obradoiro de estimulación cognitiva para maiores de 50 anos
A iniciativa está orientada a mellorar de forma práctica a axilidade mental e a memoria das persoas participantes
A Fundación Vicente Risco organiza este sábado unha xornada arredor de Cruz Risco e o cinema galego
Será pola mañá na sede da Fundación con entrada libre
A Casa da Mocidade de Allariz foi o escenario da “Convivencia Xadrez 2026”
O evento reuniu ao alumnado da Escola de Xadrez de Allariz nun encontro arredor do deporte e o compañerismo
Os “Cafés en Igualdade” volven a Allariz este venres
Nesta ocasión, a actividade contará coa participación da psicóloga Soraya Rial
Allariz impulsa unha nova edición das Xornadas "Con-vivencia(s)" sobre crianza e convivencia familiar
A iniciativa desenvolverase do 9 ao 22 de maio como un espazo de apoio e aprendizaxe arredor da crianza




