Novas de Toén
Toén ultima un novo campo de fútbol municipal para reforzar as instalacións deportivas do concello
O futuro recinto, que levará provisionalmente o nome de As Pombeiras, dará servizo aos clubs locais grazas a un proxecto financiado coa colaboración da Xunta, a Deputación de Ourense e o Concello
Rematadas obras de humanización en Moreiras cun investimento superior aos 400.000 euros
A actuación executada ao abeiro do Plan Hurbe incorpora novas zonas de lecer, equipamentos deportivos, melloras de accesibilidade e espazos de convivencia no núcleo de Toén
A Carballeira de Puga acolleu a III Convivencia de Familias Novas do Concello de Toén
A xornada reuniu veciñanza de todas as idades nun encontro con xogos, obradoiros, música e actividades de lecer nun ambiente festivo
O Concello de Toén abrirá as piscinas municipais o 26 de xuño
As entradas poderán adquirirse tanto a través dunha plataforma de reservas en liña como directamente no bar das instalacións
Aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026 do Concello de Toén
A actividade desenvolverase en xullo e agosto con propostas lúdicas para nenos e nenas de 3 a 14 anos
Toén celebra o éxito d súa primeira festa do maior, que reuniu a máis de 300 persoas
O acto contou coa presenza do presidente provincial, Luis Menor, que puxo en valor este tipo de iniciativas para recoñecer o papel dos maiores na sociedade
A I Festa do Maior de Toén suma máis de 200 persoas anotadas
O evento terá lugar o 25 de abril no pavillón do CEIP Saco e Arce
Luz verde ambiental á transformación de 17,1 hectáreas para viñedo no concello de Toén
A iniciativa para o cultivo de viñedo abrangue unha superficie de 17 hectáreas localizadas no monte veciñal en man común da Fenteira, na parroquia de Puga
Toén pon en marcha un plan para solucionar os cortes e microcortes de subministro eléctrico no municipio
O Concello busca reducir este tipo de avarías que se veñen producindo no municipio, especialmente na liña de media tensión
Crece a tensión entre Barbadás e Taboadela pola perda do obradoiro de emprego
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, responde ás declaracións do socialista Álvaro Vila e insiste en que a perda do obradoiro foi motivada por un retraso na presentación da Conta Xeral de Taboadela
O CEIP Saco e Arce de Toén organiza xornadas de portas abertas
Serán os martes e xoves e pódense concertar previamente
O Concello de Toén abre a inscrición para participar nun curso de manexo do móbil dirixido a maiores de 65
O curso desenvolverase entre finais de febreiro e principios de marzo nos locais sociais de Toén, Alongos e Moreiras
Toén comeza esta semana o ciclo de Talleres de Memoria de 2026
Contarán cun total de 33 sesións repartidas entre febreiro e xuño, e de setembro a decembro
Doce concellos ourensáns reciben nova maquinaria para reforzar a prevención de incendios forestais
Os novos tractores con rozadoira foron destinados aos concellos de Sandiás, Cenlle, Montederramo, Vilamarín, Lobios, Beariz, Ribadavia, Os Blancos, O Barco e Laza, así como ás mancomunidades de Celanova e Verín
Decenas de persoas achegáronse ao Castro de Trelle para coñecer os resultados da campaña arqueolóxica de 2025
Trátase da segunda intervención realizada neste espazo de gran valor patrimonial situado entre cos concellos de Toén e Barbadás
Visita guiada ao Castro de Trelle para coñecer os achados da campaña arqueolóxica de 2025
A actividade celebrarase este sábado ás 12.00 horas e permitirá descubrir de primeira man os resultados das últimas escavacións
A Deputación de Ourense suma 87 concellos ao censo provincial de amianto e avanza na planificación da retirada
O programa 2025-2027 xa permitiu analizar preto de 49.000 edificacións e inclúe un visor web con mapa interactivo para avaliar riscos e priorizar actuacións
Eventos
A segunda edición da aventura máxica 'Mouridade' regresa a Toén este decembro
A Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén e o Concello convidan aos veciños a resolver un misterio a través de localizacións emblemáticas do municipio
Toén convoca o VI Concurso de Decoración de Nadal
O prazo de inscrición remata o 19 de decembro
O PSdeG-PSOE constitúe a súa coordinadora comarcal na zona de Ourense, dirixida por Brian Diz
O obxectivo deste novo órgano é fortalecer a estrutura do partido municipio a municipio e avanzar na preparación das próximas eleccións municipais de 2027
A USC desenvolverá un estudo para medir a presenza de gas Radon nos concellos ourensáns
Allariz, Xunqueira de Espadanedo, Celanova, Cartelle, Bande, Sandiás, Maceda, Xunqueira de Ambía ou Taboadela serán algúns dos primeiros en beneficiarse deste plan
Toén retoma o seu programa municipal para o fomento do deporte
O programa deste curso ofrece clases de ximnasia de mantemento, estiramentos e pilates
A Deputación de Ourense mobiliza máis de 1,3 millóns de euros en cooperación con municipios e entidades
A institución provincial destinará 868.614 euros á mellora de infraestruturas e os 458.149 restantes a diversas entidades
O BNG denuncia que a Xunta cedeu o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén para actividades privadas
Advirten dunha “cesión arbitraria” do CILL para a práctica de xogos de combate con aire comprimido e bolas de pintura e consideran que isto supón “xestión ilexítima dos bens públicos xa que se fixo ao marxe dos procedementos legalmente establecidos”










