OurenseXa
O Fest Clásico Ribeira Sacra celebra a súa oitava edición con músicos procedentes de cinco países
O festival arranca este domingo e levará a concertos do máis alto nivel artístico en diferentes espazos da Ribeira Sacra
A música tradicional galega viaxa por Centroeuropa da man da Real Banda de Gaitas de Ourense
A formación ofreceu unha actuación en Budapest xunto a músicos húngaros que participarán na XLI Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei
Ribadavia estrea unha quincena de locais rehabilitados dentro do programa Vilas Vivas
O casco histórico da localidade ourensá suma tendas de produtos agroalimentarios e artesanais, un espazo inclusivo, un comercio efémero e varios negocios téxtiles, coa previsión de acadar os 15 locais operativos este ano
Antonio Carrera logra o recoñecemento do público nas exposicións de pintura de Ribeira Sacra Cultural
O cadro “Vendimia extrema, Ribeira Sacra” do pintor ourensán foi o máis votado na iniciativa “O meu cadro preferido 2026”
Quintela de Leirado celebrará unha pool party de balde este sábado
A localidade prepárase para unha tarde de música, xogos e inchables que rematará cunha festa da escuma, con acceso libre para todos os asistentes
A Área Sanitaria de Ourense-Verín-Valdeorras e a Fundación Quesada Blanco renovan o seu convenio ante o décimo aniversario
O acordo, que permite expoñer no Hospital Universitario de Ourense a obra de Xaime Quesada Porto e do seu fillo Quesada Blanco, cumprirá dez anos en 2027, data que se celebrará cunha programación de novas iniciativas conxuntas, entre elas un proxecto dirixido á infancia e á adolescencia
O Concello de Piñor traslada a proxección de 'Rondallas' ao Centro Cultural de Arenteiro polo mal tempo
A sesión do Circuito Provincial de Cine de Verán da Deputación de Ourense, prevista ao aire libre na Praza do Arenteiro, celébrase finalmente nun espazo cuberto debido ás condicións meteorolóxicas
O contacontos 'Iguais e diferentes' cambia de sede e trasládase mañá ao CEIP Luis Acuña
A sesión de Manuel Solla, prevista nun principio na biblioteca municipal da Carballeira, terá lugar finalmente no colexio onde se desenvolve o programa Concilia Verán, mantendo o mesmo horario
14 nenos e nenas saharauís visitan Ourense dentro do programa Vacacións en Paz
Os menores, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, permanecerán na cidade acollidos por familias ourensás ata comezos de setembro
A Deputación de Ourense renova o seu compromiso co COB e coa canteira do baloncesto provincial
A institución provincial mantén o seu apoio económico e material ao club de cara á nova tempada, cunha achega que supera os 270.000 euros e a cesión das instalacións do Paco Paz durante toda a campaña
Paderne de Allariz celebra este venres unha Festa de Verán con inchables, festa da escuma e pintacaras
A actividade terá lugar na Praza do Concello e incluirá propostas de lecer para o público infantil
Pereiro de Aguiar avanza cara a unha mobilidade máis segura e accesible cunha nova senda peonil na Derrasa
O proxecto contempla a creación dun tramo de 370 metros na OU-536 e contará cun investimento de 384.181,92 euros
Os Xardíns do Museo do Coiro de Allariz acollen esta noite un espectáculo teatral
Trátase da función de rúa 'As Invisibles', de carácter aberto e gratuíto
Xa pode verse en Ribadavia a exposición “Comedy Wildlife”
A mostra reúne 60 fotografías de animais captadas en situacións sorprendentes e divertidas e estará dispoñible ata o 13 de setembro no Parque dos Xardinillos
Nogueira de Ramuín inaugura unha nova pista polideportiva grazas a unha achega de 50.000 euros da Deputación de Ourense
A instalación, situada en Luíntra, está preparada para acoller diferentes modalidades deportivas, como fútbol sala, baloncesto, balonmán ou voleibol
A Gala Solidaria da Asociación Bicos de Papel terá unha segunda edición en Ourense
A iniciativa busca recadar fondos para manter os programas gratuítos de apoio ás familias afectadas polo cancro infantil
O Carballiño impón medidas urxentes de aforro de auga pola grave seca
O Concello declara de obrigado cumprimento varias restricións no uso da auga potable —rego, piscinas, lavado de vehículos, baldeo de rúas e fontes ornamentais— e pide á veciñanza duchas curtas e revisar posibles fugas para garantir o abastecemento humano nas vindeiras semanas
Avante Ourense reclama medidas urxentes tras destapar a situación dos vestiarios de Urxencias no CHUO
A organización traslada o asunto a tres organismos distintos para que verifiquen en que condicións se atopan as dependencias que emprega o persoal sanitario a diario
O BNG rexeita a actuación en Otero Pedrayo e defende o soterramento como solución real fronte ao cambio climático
O partido nacionalista considera insuficiente a actuación posta en marcha na avenida e reclama un proxecto de maior calado que libere espazo para parques, aparcadoiro e zonas verdes
Celanova revive a Idade Media co seu Mercado Medieval do 21 ao 23 de agosto
A vila ourensá acollerá durante tres xornadas postos, obradoiros artesanais, desfiles, música en directo e espectáculos de lume, con actividades pensadas tamén para o público infantil
Amoeiro prende a mecha das súas festas de Trasalba de San Roque con catro xornadas de música e diversión familiar
A parroquia vive dende este xoves as súas 'Grandes Festas na Honra a San Roque 2026' baixo o lema 'Ata que saia o sol', coas orquestras Capitol e Fania Blanco Show como principais reclamos da fin de semana
Denuncian ante a Fiscalía a demolición da Casa de Baños de Ourense, integrada no BIC das Burgas
A asociación patrimonial Apatrigal pide que se investigue se o derrubamento do inmoble, ordenado polo Goberno local de Jácome tras un incendio, puido vulnerar a normativa de protección do patrimonio
Allariz cortará o tráfico en varias rúas este sábado polo Triatlón Vila de Allariz
A 33ª edición da proba deportiva obrigará a restrinxir a circulación en distintos puntos do concello entre as 17.00 e as 20.00 horas




