Novas de San Cibrao das Viñas
San Cibrao das Viñas pon en marcha as actividades municipais do curso 2026/27
O Concello abre o prazo de inscrición do 1 ao 18 de setembro para a súa nova oferta deportiva e de lecer, con obradoiros gratuítos para os máis pequenos e propostas de fitness para os maiores de 16 anos
San Cibrao das Viñas estrea unha app móbil para xestionar o deporte e o lecer municipal
O Concello pon en marcha unha aplicación que permite inscribirse en actividades, xestionar os pagamentos e apuntar a toda a familia desde unha soa conta, dispoñible en Google Play e App Store
O home que preferiu os lobos antes que os humanos
Marcos Rodríguez Pantoja viviu doce anos illado nunha manda en Serra Morena e a súa historia deu a volta ao mundo, pero as súas cinzas quedarán para sempre na aldea ourensá onde por fin sentiuse a salvo
A Escola Municipal de Música de San Cibrao das Viñas abre as inscricións para o curso 2026/2027
O Concello ofrece novas prazas para alumnado empadroado en especialidades como música e movemento, vento-metal, vento-madeira e percusión. As prazas asignaranse por orde de inscrición
San Cibrao das Viñas abre as inscricións da Aula Concilia para o curso 2026/2027
O servizo gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, funcionará de luns a venres en horario de tarde para facilitar a conciliación das familias
O CIM móbil prestará servizo este venres en San Cibrao das Viñas
A unidade instalarase na Praza do Cruceiro de Reboredo e ofrecerá atención gratuíta e confidencial durante toda a mañá
Preto de 80 nenos e nenas da asociación Inventiva participaron nunha xornada científica e lúdica en Tecnópole
Os rapaces desfrutaron dunha actividade de fin de curso con familias, experimentos, xincanas e formación na Aula Newton Galicia
O PPdeG esixe ao Goberno central a construción da estación de mercadorías de San Cibrao das Viñas
A secretaria xeral dos populares galegos participou nun almorzo informativo con empresarios do polígono, onde se puxo en valor o seu crecemento e se reclamaron melloras en transporte ferroviario
O PSdeG de Ourense reclama á Xunta e á Deputación a execución da circunvalación leste
O grupo socialista defenderá no pleno provincial unha moción na que denuncia a falta de conexión directa de alta capacidade entre o polígono de San Cibrao das Viñascoa A-52
Comezan os traballos de limpeza e mellora no río Pazos ao seu paso por Reboredo, en San Cibrao das Viñas
A intervención, cun prazo estimado de execución de catro meses, busca mellorar a capacidade de desaugadoiro e reducir riscos en episodios de choivas intensas
Os deportistas Mario e Iria Monteagudo, naturais de San Cibrao das Viñas, destacan no Campionato de España de Trampolín
Mario logrou o título nacional en sincronismo júnior mixto e Iria subiu ao podio cun bronce en sincronismo infantil
O Goberno formaliza as obras de saneamento e a EDAR de San Cibrao das Viñas cun investimento de 31 millóns
A actuación permitirá mellorar a rede de colectores e a depuradora do municipio para reducir os vertidos ao río Barbaña
O Festival da Escola de Teatro de San Cibrao das Viñas regresa este sábado
O alumnado da Escola de Teatro de San Cibrao das Viñas ofrecerá unha clase aberta e unha mostra de improvisación no Local Social de Ponte Noalla.
Preto de 160 motoristas participan na primeira quenda anual dos cursos de condución segura
As actividades, celebradas en catro localidades galegas durante maio, combinan formación teórica e práctica para mellorar a seguridade na estrada
Aberto o prazo de inscrición para o campamento tecnolóxico de verán de Tecnópole
O programa está dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos e haberá dúas quendas durante o mes de xullo
O PP de Ourense critica o BNG por rexeitar unha iniciativa sobre a estación de mercadorías de San Cibrao das Viñas
Acusan aos nacionalistas de rexeitar sinalar a ADIF e protexer ao Goberno de Pedro Sánchez antes que desbloquear a estación
A Asociación Apícola Abellas Nais recibiu máis de 600.000 euros en axudas da Xunta desde 2021
As achegas están destinadas a mellorar a competitividade das explotacións e contan este ano cun orzamento superior aos 1,4 millóns de euros
Eventos
O Ouren Sound arranca a súa undécima edición con Love Of Lesbian e Iván Ferreiro á fronte do cartaz deste venres
Carlos Ares, Alcalá Norte, Fontán, La Duendeneta e Mr. Kitos completan o cartel da primera xornada do festival
San Cibrao das Viñas celebrou as Letras Galegas con actividades para todos os públicos
A veciñanza gozou de música, máxia e contacontos para os máis pequenos
Máis dun cento de persoas participaron na segunda Gran Peregrinación A Merca–Ourense
A actividade consolidouse como unha cita de referencia para a posta en valor do patrimonio e das tradicións vinculadas ao Camiño San Rosendo–Rainha Santa
O Ouren Sound Fest presenta os horarios da súa próxima edición
Duncan Dhu, Love of Lesbian, Iván Ferreiro, La M.O.D.A., Siloé, Marlon, Niña Polaca, Carlos Ares, Alcalá Norte, Fontán, A Duendeneta e Markitos DJ forman o cartel deste ano
A provincia de Ourense volveu converterse nun dos escenarios do ciclismo de elite co paso da segunda etapa de ‘La Vuelta Femenina’
A vitoria foi para a corredora belga Shari Bossuyt, do equipo AG Insurance-Soudal Team, que se impuxo ao sprint na chegada
San Cibrao das Viñas estuda crear refuxios climáticos para reducir os efectos das “illas de calor”
Xunta e Concello analizan actuacións en espazos urbanos co obxectivo de mitigar os efectos das altas temperaturas
A escola infantil de San Cibrao das Viñas estrea un novo espazo exterior con horta educativa
O novo recurso permite que os nenos e nenas participen en actividades vinculadas ao coidado do medio ambiente










