OurenseXa
Ribadavia acolle desde mañá a exposición de rúa 'Comedy Wildlife', con fotografías de natureza en clave de humor
Mañá inaugúrase no Parque dos Xardinillos esta mostra ao aire libre, que se poderá visitar de forma gratuíta ata o 13 de setembro
O OUFF organiza un autocine de verán co thriller de Balagueró 'Mientras duermes'
O festival ourensán propón unha sesión de cine ao aire libre desde o coche no aparcadoiro do Complexo Deportivo de Monterrei, con entrada de balde para un máximo de 70 vehículos
A Deputación de Ourense leva a Xunqueira de Espadanedo unha xornada infantil con xogos, inchables e festa da escuma
A actividade celebrarase o 28 de agosto no campo de fútbol, de 11.00 a 14.00 horas, con propostas de lecer para os máis pequenos
Leiro presenta a XXXV edición da Festa da Vendima, que se celebrará o 29 e 30 de agosto
O Concello de Leiro da a coñecer os detalles da vindeira edición desta festa declarada de interese turístico de Galicia, cuxo pregón correrá a cargo da actriz Mabel Lozano
GaliciaXa
16 entidades culturais reciben o impulso para celebrar certámenes de artes escénicas e musicais
O apoio que reciben van desde os 2.000 ata os 7.000€ para axudar nos custos da organización destas citas culturais repartidas polas catro provincias galegas
Allariz recibe a Festa da Empanada con tres días de música, deporte e tradición gastronómica
A vila ourensá combina triatlón, piragüismo, desfile de xigantes e cabezudos, teatro de rúa e concertos coa degustación da súa empanada tradicional nos locais de hostalaría, panadarías e pastelarías durante toda a fin de semana
Maceda ten unha cita cos coches clásicos o 13 de setembro
A xornada comezará coa recepción dos participantes no castelo e continuará cun percorrido que contará con dúas paradas para realizar visitas e fotografías
A inciativa Civitas lidera desde Ribadavia un proxecto pioneiro de viticultura rexenerativa e dixital
Civitas, o proxecto liderado por Viña Costeira en Ribadavia, une a empresas, universidades e centros tecnolóxicos para impulsar un modelo de viticultura máis sustentable, competitivo e dixital nas denominacións de orixe Ribeiro e Valdeorras
Maceda celebra este sábado o Festival Folk 'Tattoo Galego' co gallo do XXX aniversario da súa Banda de Gaitas
O Castelo de Maceda terá desde as 20.00 horas unha xornada de música tradicional con agrupacións galegas e un rancho folclórico portugués, no marco do XXX aniversario da Banda de Gaitas de Maceda
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense mobiliza máis de 1,15 millóns de euros para concellos e entidades da provincia
Allariz celebrará en setembro a IX Feira dos Produtos Apícolas
A Praza do Matadoiro acollerá o 12 de setembro unha xornada con actividades divulgativas, obradoiros, espectáculos e degustacións
Ramirás celebra este martes un obradoiro de mindfulness sobre benestar emocional e xestión do estrés
Dentro do programa 'Luz Pozo Garza' para mulleres de todas as idades, os concellos de Barbadás e Ramirás organizan unha sesión gratuíta centrada en técnicas de meditación para reducir a ansiedade e mellorar a saúde física e mental
O Concello de Amoeiro abre a inscrición para a nova tempada de karate 2026-27
As clases, dirixidas a público infantil, adolescente e adulto, comezarán en setembro e impartiranse os martes e xoves na Casa da Cultura de Amoeiro
A Escola Municipal de Música de San Cibrao das Viñas abre as inscricións para o curso 2026/2027
O Concello ofrece novas prazas para alumnado empadroado en especialidades como música e movemento, vento-metal, vento-madeira e percusión. As prazas asignaranse por orde de inscrición
Cenlle ofrece axudas de 250 euros por cada nacemento para familias empadroadas no municipio
As subvencións están destinadas a nacementos rexistrados entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026 e esixen unha antigüidade mínima dun ano no padrón municipal
A XXX Festa do Emigrante e a XX Festa do Arroz con Leite chegan esta semana Esgos
As celebracións terán lugar o 20 de agosto na Praza da Souteira e incluirán unha cea popular e a degustación gratuíta de arroz con leite
GaliciaXa
Estabilizado o incendio forestal de Riós que afecta arredor de 30 hectáreas
O lume, iniciado este sábado pola tarde, obrigou a activar de forma preventiva a Situación 2 pola proximidade das lapas ao núcleo de Fumaces, unha medida que xa foi desactivada
O Concello de Pereiro de Aguiar avisa de posibles cortes de luz no núcleo de Vilaboa durante a mañá deste luns
As interrupcións no subministramento eléctrico poderán producirse entre as 09.00 e as 15.00 horas mentres Naturgy realiza tarefas de mantemento e mellora
GaliciaXa
‘Galiza Natura’, o libro que convida a descubrir e protexer as paisaxes máis valiosas de Galicia
Marcos Reinoso e a ilustradora Eva Piay asinan unha obra divulgativa dirixida a nenos e adultos que percorre espazos naturais emblemáticos e aborda os principais retos para a súa conservación
Avante Ourense reclama ás administracións información sobre a situación económica do Concello
A plataforma cidadá presentou escritos ante o Concello, a Xunta, o Ministerio de Facenda e o Consello de Contas para coñecer a execución orzamentaria, os pagamentos pendentes e o estado do Plan Económico-Financeiro
As Xornadas de Folclore reforzan o intercambio cultural entre países con obradoiros de baile
A iniciativa, recuperada este ano tras a boa acollida da pasada edición, busca favorecer o coñecemento entre as agrupacións participantes e reforzar a convivencia
Pereiro de Aguiar completa a mellora da estrada entre San Benito e Sabadelle cun investimento superior aos 100.000 euros
A actuación, desenvolvida en dúas fases, permite renovar por completo esta vía, que utilizan directamente arredor de 1.600 persoas
O CIM móbil achegará servizos de información e atención especializada a Cortegada
A unidade itinerante estará o 24 de setembro na Praza Campo da Feira, de 10.00 a 14.00 horas, con atención gratuíta á cidadanía
O Campionato de Billarda, unha das citas máis destacadas do verán alaricano, regresa a partir deste domingo
O Campo da Barreira volverá reunir a participantes de todas as idades arredor dun dos xogos populares máis representativos da cultura galega




